Premios do Certame Vilarinhas 2023 (VII edición)

“Reunidos os xurados da VII Edición do Certame Vilarinhas no 17 de maio de 2023, Días das Letras Galegas, acordan conceder os seguintes premios:

*Categoria de adultos (+ de 18 anos)
-1° Premio SUSANA GONZÁLEZ LAGO.
-2° Premio VÍCTOR ECHEVARRÍA BASTOS (Fazideias).

CATEGORIA ESCOLAR:
*No IES Díaz Castro (Guitiriz):
Categoría A (12 a15 anos)
Darío López López.
Categoría B (15 a 18anos)
Lía Santamariña Iglesias.
*No IES Basanta Silva (Vilalba):
Categoría A (12 a 15 anos)
Helena Hang Fernández Quintela.
Categoría B (15 a 18 anos)
Antía López Martínez.
A categoria do CEIP Lagostelle de Guitiriz (até 12 anos) vai fora de concurso e as Vilarinhas deste centro serán expostas na Casa Habaneira de Guitiriz no III Festival de Poesía Guitirica.

As Vilarinhas do resto de categorias serán expostas nas carolas de Guitiriz dentro das actividades do III Festival de Poesía Guitirica.
Os premios (figura da artista Viki Rivadulla) serán entregados na clausura do III Festival de Poesía Guitirica (8 e 9 de xullo) co Premio Díaz Castro de Poesía.
Máis de 200 micro-poemas Vilarinhas con imaxe na participación desta VII edición que consolidan este certame como unha referencia en Galiza na micro-poesía.”

Susana González Lago, ‘Galemán’: “Decateime de que falaba mellor unha lingua allea que a miña propia e sentín vergoña”

Desde Nós Diario:
“Emigrar non significa esquecer. Susana González Lago, nada en Ponteareas e criada en Salceda de Caselas, non esqueceu desde Suíza as súas raíces. Hai uns anos descubriu a poesía galega e iniciou a bitácora en internet Galemán, na que publica traducións ao galego de autoras como Tamara Andrés, Emma Pedreira ou Antía Otero. A experiencia nace do desexo de crear un vínculo poético galego-alemán e poder ter intercambios interesantes e construtivos. Ela mesma realiza moitas das fotografías que ilustran o seu blogue ou escolle outras de autoras significativas.
– Nós Diario (ND): Como chega a Suíza e ao alemán?
– Susana González Lago (SGL): Nacín e crieime na Galiza. Emigrei nos anos oitenta, sendo adolescente, xunto con miña nai e miña irmá. Meu pai levaba oito anos de temporeiro en Suíza e despois dese período concedéronlle o permiso para emigrar tamén nós. Non podendo mellorar a súa situación financeira na Galiza, decidiron que para estar mal, polo menos que fose estando xuntos. Aquí comecei a escola nunha clase de integración lingüística e cultural para estranxeiros. Aprendín alemán e francés. Despois incorporeime a unha clase regular que me acolleu con moito agarimo e axudoume moito. É a historia da maioría das que emigramos sendo nenas.
– ND: En que momento comeza o seu interese pola literatura galega en xeral e pola nosa poesía en particular?
– SGL: Hai uns anos un amigo que retornou a Galiza contactoume. Escribíame nun fermosísimo galego normativo que espertou en min moita curiosidade. Deime conta de que falaba mellor unha lingua allea que a miña propia e sentín vergoña. Compartíamos literatura e poesía. Esta correspondencia impulsoume a mellorar o galego e a consumir literatura galega.
– ND: Cal é a razón de abrir unha bitácora en internet con traducións de poemas galegos?
– SGL: A poesía pasou a ser parte da miña vida e decidín anotarme a un curso de escrita online, no cal podo afondar o galego, a literatura e a poesía. Comecei a traducir por curiosidade ao ver os versos escritos en alemán e saber como soan. Traducir reláxame enormemente e converteuse nun pasatempo. Publico o que fago co desexo de compartir experiencias con xente interesada polas linguas e a poesía. (…)”