Yolanda Castaño lanza o seu primeiro audiolibro, Materia

“O pasado xuño e tras oito anos sen publicar un novo libro de poesía para público xeral adulto, vía a luz en Edicións Xerais Materia, o sétimo título de Yolanda Castaño. En poucas semanas esgotábase a edición de mil exemplares e o poemario da autora compostelano-coruñesa alcanzaba unha segunda edición, un feito pouco usual para as cifras da poesía culta en Europa.
Como vén sendo habitual na traxectoria da tamén xestora cultural, o poemario está a piques de saír do prestixioso selo de Visor Libros para o resto de España e Latinoamérica. Farao nunha edición bilingüe galego-castelán que inclúe a tradución da propia autora e unha fermosa portada dos artistas galegos de puxante proxección internacional Los Bravú.
Pero, ademais, o libro –que trata en verso o tema da familia na súa proxección pretérita, presente e futura– alcanza agora unha edición en Audiolibro: un formato baseado na escoita dos poemas que o compoñen, recitados pola propia Castaño sobre suxestivas atmosferas sonoras expresamente creadas para cada peza polo seu irmán, Alberto Castaño, a carón doutros colaboradores.
Este formato audible é de acceso libre e gratuíto a través da propia páxina da poeta. O proxecto recibiu a finais do pasado ano unha Axuda á Creación Artística do Concello da Coruña cuxo resultado agora poden gozar todas aquelas persoas interesadas en escoitar os poemas.”

Compostela: conversa de Yolanda Castaño con Carlos Callón arredor de A segunda lingua

O Yolanda Castaño foto YC A segunda lingua (por Pedro Castro)martes 23 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, terá lugar unha conversa de Yolanda Castaño con Carlos Callón arredor de A segunda lingua, co gallo da publicación da edición bilingüe da obra en Visor Libros. A foto da autora é de Pedro Castro.

Madrid: conversa con Yolanda Castaño arredor de A segunda lingua

O Yolanda Castaño foto YC A segunda lingua (por Pedro Castro)luns 15 de decembro, ás 19:30 horas, na Librería Alberti (Rúa Tutor, 57) de Madrid, terá lugar unha conversa de Yolanda Castaño con Elena Medel arredor de A segunda lingua, co gallo da publicación da edición bilingüe da obra en Visor Libros. A foto da autora é de Pedro Castro.

A Coruña: conversa con Yolanda Castaño arredor de A segunda lingua

O Yolanda Castaño foto YC A segunda lingua (por Pedro Castro)martes 9 de decembro, ás 20:00 horas, na Linda Rama (Porta de Aires, 4, baixo) da Coruña, terá lugar unha conversa de Yolanda Castaño con Ana Abelenda arredor de A segunda lingua, co gallo da publicación da edición bilingüe da obra en Visor Libros. A foto da autora é de Pedro Castro.