O mércores 10 de novembro, ás 20:00 h, na Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra, en Vila Melania (Vilaboa, Culleredo), no marco do III Outono das Letras organizado polo Concello de Culleredo, preséntase o libro Do ventre da cóbrega, de Xavier Seoane, publicado en Espiral Maior. No acto, acompañando ao autor, participan Celestino Poza e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Arquivos da etiqueta: Xavier Seoane
Oleiros: presentación de Raíz e soño (Canción de Oleiros) 1976-2008, de Xavier Seoane
O mércores 27 de outubro, ás 19:00 horas, preséntase na Biblioteca Central Rialeda de Oleiros o libro Raíz e soño (Canción de Oleiros) 1976-2008, de Xavier Seoane, publicado pola Editorial Trifolium. No acto participan, co autor, o poeta e presidente da AELG Cesáreo Sánchez, e a directora da Biblioteca Central Rialeda de Oleiros, Luz Corral.
Riotorto: recital de poetas da xeración dos 80 na Festa da Cultura
Este
sábado 25 de setembro, a partir das 22:00 h., dentro da Festa da Cultura que se celebra en Riotorto, desenvolverase un recital poético de autores da chamada Xeración dos 80, no que intervirán Xavier Rodríguez Baixeras, Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Forcadela, Xulio Varcárcel, Xavier Seoane, Luísa Castro e Cesáreo Sánchez.
Ese mesmo día celebrarase a Feira do libro e do disco galego, no marco da cal se realizarán as seguintes presentacións:
17:00 h. Xosé Chao Rego, por Bernardo García Cendán e Marcos Maceira.
18:00 h. Rosalía, o clamor da rebeldía, por Pilar García Negro.
19:00 h. Noente paradise, con Ugia Pedreira e Raquel Miragaia.
O programa completo da Festa da Cultura, desde o venres 24 até o domingo 26, pódese consultar aquí.
A Coruña: programa do luns 2 de agosto na Feira do Libro
19.00 h. A escritora Rosa Aneiros
asinará exemplares dos seus libros Sol de inverno (Premio Xerais de novela 2009), Ás de bolboreta (Premio Fundación Caixa Galicia 2009), e do resto da súa obra.
19.00 h. A Fundación Luís Seoane presenta o Dicionario Seoane, de Xosé Luis Axeitos, Antón Patiño, Xosé Díaz, Mª Antonia Pérez, Xavier Seoane e Ramón Villares. Participarán no acto Xosé Díaz e Alberto Ruiz de Samaniego.
19.30 h. Alfonso Costa, Francisco Fernández Naval e Camilo Franco, coautores de Níxer (libro solidario a favor da ONG Acción Contra a Fame), asinarán exemplares do libro, publicado por Xerais.
20.00 O escritor Francisco Castro presentará o seu libro O segredo de Marco Polo, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes e Dores Tembrás.
20.30 O escritor Jesús María Reiriz Rey asinará exemplares do seu libro Galicia oculta y negra, editado por Publicaciones Arenas.
21.00 Presentación do libro El árbol ausente, de Catherine François, publicado pola editorial Demipage. Presentará o acto Santiago Auserón, traductor do libro, Tati Mancebo e a propia autora.
A Coruña: Terra Berger, homenaxe poético-musical a John Berger
O mércores 30, ás 20:30, no Antigo Cárcere Provincial da Coruña, haberá un recital poético-musical de homenaxe a John Berger, Terra Berger, coa participación de Xoán Abeleira, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Xavier Seoane, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e Cesáreo Sánchez Iglesias, acompañados da actuación en directo de Berrogüetto. O aforo limitado, e as entradas son convite (repártense desde o luns 28, no recinto do Cárcere, entre as 12:00 e 14:00, e de 18:00 a 21:00).
“Ano de Luís Seoane: a transcendencia de Seoane na cultura galega”, mesa redonda con Xavier Seoane, Xosé Luís Axeitos, Xosé Díaz, Guillermo Escrigas
O luns 7 as 20:00, na Biblioteca de Estudos Locais (Durán Loriga, 10). (A Coruña Cultura)
A Coruña: presentación do libro Miguel González Garcés, mineiro de luz

Luz Pozo, Eva Veiga, Emma Pedreira, Luis García Montero, Dores Tembrás e Xavier Seoane (foto)
Participantes e asistentes ao ciclo “Poetas di(n)versos“, comandado por Yolanda Castaño e organizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. Máis fotos en O levantador de fotos.
A Coruña: Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves 17 de decembro terá lugar a celebración da Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor. Na mesma terá lugar a intervención poética de diversos integrantes desta xeración como Lino Braxe, Manuel Rivas, Miguel Mato, José Devesa, Miguel Anxo Fernán Vello, Xulio L. Valcarcel ou Xavier Seoane. O acto será presentado por Consuelo Bautista e durante o mesmo presentarase un libro e cd homenaxe a esta xeración poética. Será no teatro Rosalía de Castro, ás 20:30 h. con entrada gratuíta.
Recordatorio: hoxe, recital poético en homenaxe a González Garcés e presentación do libro Escapado
Recordámosvos a celebración hoxe de dous actos xa anunciados a semana pasada: o recital poético en homenaxe a Miguel González Garcés na biblioteca que leva o seu nome na Coruña, coa participación de Xavier Seoane, Xulio López Valcárcel e Miguel Anxo Fernán-Vello; e a presentación do libro Escapado de Luís Lamela, ás 20 horas na biblioteca Uxío Novoeneyra de Vilaboa, Culleredo.
