Ferrol: actos destacados do venres 24 na Feira do Libro

OFeira do Libro Ferrol 2015 venres 24 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Programa da Feira do Libro de Ferrol 2015:

18:00 h. Contacontos Os contos de Pablísimo, pola Biblioteca Municipal de Ferrol.
19:00 h. Xesús Constela presenta Apoteose das perchas, publicado por Embora. Participarán no acto, xunto ao autor, o xornalista Nicolás Vidal e o editor Miguel Toval.
20:00 h. Xurxo Souto presenta Océano para terrícolas, espectáculo baseado no seu
libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais.

Pontevedra: actividades do venres 17 na Feira do Libro

OFeira do Libro de Pontevedra 2015 venres 17 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Feira do Libro de Pontevedra 2015:

19:00 h. Xesús Constela asinará na caseta da Libraría Paz.
20:00 h. María López Sández presenta O faro escuro, publicado en Galaxia. Participarán, xunto á autora, Xosé Monteagudo e Carlos Lema.

Xesús Constela presenta no Zigzag a súa nova novela: Apoteose das perchas

DesdeXesús Constela 2 o Zigzag da Televisión de Galicia:
“O escritor ferrolán Xesús Constela retorna á narrativa con Apoteose das perchas, unha historia rocambolesca en que se agocha unha lectura crítica sobre as aparencias e a identidade. Esta novela curta, que o autor define como “Divertimento napolitano”, conta a historia de Tommaso Bonnano, un mendigo que anda tirado polos barrios napolitanos. A entrevista completa pode verse aquí.”

Isaac Lourido e Cris Pavón, gañadores do premio Carvalho Calero

DesdeCris Pavón Magazine Cultural Galego:
“O crítico literario Isaac Lourido gañou o premio de Investigación Carvalho Calero co ensaio Historia literaria e conflito cultural. Bases para unha historia sistémica da literatura na Galiza. A escritora María Cristina Pavón -Cris Pavón- obtivo, así mesmo, o Carvalho Calero de Creación Literaria con A busca da orixe perdida das especies.
Os premios Carvalho Calero, organizados pola Sociedade Cultural Medúlio e o concello de Ferrol, aumentarán o ano próximo un 25 por cento a súa dotación, de xeito que en cada modalidade repartiranse 5.000 euros fronte aos 3.700 euros deste ano.
O xurado estivo composto, desta volta, por Mercedes Queixas, Miguel Mato Fondo, Xesús Constela Doce e Luís García Soto, que subliñaron especialmente a calidade da obra de Lourido, que definiron como “intelixente e imaxinativa, orixinal e moi ben resolta”. Sobre A busca da orixe perdida das especies salientaron a actualidade da temática e a amplitude da documentación na que se apoia.”

Pontevedra: actividades do xoves 8 na Feira do Libro

O xoves 8 de maio continúa a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), co seguinte acto literario destacado:

20:00 h. Presentación do libro O sangue dos camiños, de Ramón Caride, publicado por Xerais. Xunto co autor, participará no acto Xesús Constela.