Lugo: V Xornadas de Literatura de Tradición Oral: Os mouros e as mouras: máxicos enigmáticos da mitoloxía popular, o 19 e 20 de outubro

As V Xornadas de Literatura de Tradición Oral, baixo o lema Os mouros e as mouras: máxicos enigmáticos da mitoloxía popular, organizadas pola Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e a colaboración da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, terán lugar o venres 19 e sábado 20 de outubro no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).
Coordinadas por Antonio Reigosa e Isidro Novo, teñen como obxectivo revisar os avances que as novas investigacións foron achegando sobre este amplo tema.

Obxectivos previstos:
•Identificar os seres míticos mouras e mouros como expresión simbólica singular da cultura popular galega e doutras culturas populares.
•Identificar o pouso destes seres míticos na toponimia, orografía, nos xacementos de interese arqueolóxico e, en xeral, na memoria cultural colectiva.
•Analizar o vencello da nosa mitoloxía popular coa nosa historia, nomeadamente os relatos de mouras e mouros coas manifestacións culturais das épocas prerromana e romana.
•Compresión do poder da narración oral como sistema básico e imprescindible de comunicación cultural.
•Capacitar o profesorado para comprender e transmitir os valores da nosa cultura e da nosa mitoloxía popular, así como a súa potencialidade para a educación en valores e a integración do alumnado procedente doutras culturas.

Metodoloxía que se vai empregar:
•Análise temática e simbólica das lendas de mouras e mouros: claves para a súa interpretación.
•Estudo dos tipos e subtipos destes relatos.
•Análise da función destes relatos de mouros e mouras na sociedade actual rural e urbana.
•Incentivar o traballo de campo: metodoloxías a empregar para a recompilación, arquivo e divulgación destas narracións transmitidas oralmente.

Hai dous modos de inscribirse, ambos gratuítos:
1. No caso de facer parte do profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario. Está solicitada a homologación ante a Consellaría de Educación por 10 horas, e a matrícula, que seguirá o criterio de orde de inscrición, é preferente para Socios/as da AELG e da AS-PG. A matrícula farase desde hoxe até o 16 de outubro de 2012 a través desta web.
Para as persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación resérvanse 25 prazas.
2. Para o resto das persoas a entrada é libre, e poderán solicitar antes do día 16 de outubro en oficina@aelg.org a emisión por parte da AELG dun certificado de asistencia.

PROGRAMA

19 de outubro, venres
– 17:00 h.- Acto de inauguración.
– 17:15 h.- Conferencia: Mouros e mouras. Na procura de nós mesmos, por Rafael Quintía.
– 18:30 h.- Conferencia: Mouros históricos e mouros míticos: dualidades e complementariedades, por Alexandre Parafita.
– De 20:00 a 21:00 h.- Mesa redonda: Imaxinarios compartidos, historias separadas. Con Rafael Quintía e Alexandre Parafita. Modera: Antonio Reigosa.

20 de outubro, sábado
– 10:00 h.- Conferencia: Mouras e mulleres: as imaxes femininas na mitoloxía popular galega, por Mar Llinares.
– 11:30 h.- Conferencia: Os mouros e os seus tesouros no imaxinario popular asturiano, por Jesús Suárez López.
– De 13:00 a 14:00 h.- Mesa redonda: Mito e realidade: sexo e poder na cultura popular, con Mar Llinares e Jesús Suárez López. Modera: Isidro Novo.
– De 16:30 a 18:30 h.- Seminario de conclusións.
Unha sesión práctica na que mediante o diálogo, a intervención e participación de relatores/as, asistentes e organizadores se poñen en común os coñecementos adquiridos sobre o tema. Atenderanse aspectos como a didáctica e a investigación, así como a narración de lendas relacionadas con mouros e mouras.

Moitas e moitos, sobre todo quen ten algún vencello coa Galicia rural, se preguntan desde ben pequenos quen eran esas mouras e eses mouros dos que tanto nos falaban os vellos.
– Definición. A moura, dicíannos, fía, asolla o ouro que posúe, lava, tende, pode ser vella e xigante, aínda que case sempre é nova e boa moza. Está encantada e encanta, pois ofrece amor e riqueza a aquel que ouse desencantala. O mouro é o construtor, ou iso se di, de case todo o que nos deixou o pasado: castros, mámoas, petróglifos, castelos, túneles…, vive so a terra que nós pisamos, ten moito ouro e pode agasallar con el ao afortunado que se cruce no seu camiño.
– A toponimia. En Galicia existen infinidade de topónimos relacionados con penedos, fontes, pozos, pontes, outeiros e, en xeral, case todos aqueles lugares con pegadas dos nosos devanceiros… que ‘deberon’ pertencer a algún mouro ou a algunha moura.
– Hipóteses. Quen veñen sendo esas mouras e eses mouros? Serán as pegadas que se agochan na memoria colectiva de antiquísimas deidades? Serán os espíritos dos nosos devanceiros mortos? Serán un paradigma de nós mesmos, un retrato do ideal que anceiamos e non damos acadado? E por que lle chamamos mouras e mouros se quen os viu os describe coa figura dun humano, aínda que máis feita, de pel branca e beleza delicada? Os mouros e as mouras non son coma nós, son seres míticos, máxicos e enigmáticos, pertencentes a unha realidade, ou dimensión, diferente á nosa, dos que sempre falamos cunha mestura de medo e respecto, a medio camiño entre a incredulidade e a esperanza na súa verdadeira existencia. Os múltiples traballos de recompilación realizados ata o de agora por diferentes investigadores en épocas distantes achégannos retratos bastante precisos sobre onde moran, que fan ou que comen, como visten, como van e veñen, gustos, afeccións, habilidades, que artes e maxias dominan -e tamén os males que os afectan, as penas que os deprimen-. Reflíctese neles todo o humano, pero non son humanos, así que nos seguimos preguntando, quen veñen sendo esas mouras e eses mouros? Sempre que un mouro ou unha moura tratan algo con un humano, aparecen dúas condicións que para eles son innegociables: hai que gardar o segredo e hai que cumprir o acordado. Mais o humano, ou sexa nós, cada un de nós, endexamais somos quen de cumprir ese mandado. Será por iso, polo que non acabamos de entender en realidade quen son eses mouros e esas mouras? Só os poñentes que interveñen nestas V Xornadas de Literatura Oral, todos eles/as especialistas recoñecidos tanto en Galicia, como en Portugal e Asturias, son quen de darnos as respostas precisas. Só eles son quen de desvelarnos o misterio que envolve a figura destes máxicos enigmáticos que chamamos mouros e mouras.

“O spam que vai de boca en boca”

Reportaxe en Cultura Galega:
“Chineses que cociñan os seus avós. Raparigas que fan auto-stop en curvas perdidas. Roubos de órganos. Ratos confundidos con cans. Todos coñecemos un bo feixe do que se coñecen como lendas urbanas. A pasada fin de semana, as Xornadas de Literatura de Tradición Oral analizaban este fenómeno, sen dúbida un dos máis vizosos da oralidade contemporánea. O salón de actos da Deputación de Lugo acollía os pasados venres 28 e sábado 29 de outubro as IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral. O encontro, que organiza a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e mais a Asociación Socio-Pedagóxica Galega centrouse nesta ocasión nun tema pouco coñecido da nosa oralidade como é o das lendas urbanas. Investigadores galegos e foráneos abordaron desde diferentes perspectivas a cuestión, con achegas desde Portugal e Euskadi.
Segundo explica Antonio Reigosa, coordinador do encontro, “é o tipo de literatura oral que semella ser máis coñecido na actualidade e que está máis actualizada. A peculiaridade que ten a respecto doutras lendas é esta actualización. Á historia refórmase na propia transmisión, incluíndo elementos urbanos e modernos recoñecibles para o ouvinte e que permite que estas historias se conten como se fosen verdades”. Malia a que estas lendas están amplamente difundidas no noso país, non se pode falar, a teor dos especialistas da existencia de historias deste tipo nidiamente galegas. “As lendas urbanas son practicamente as mesmas en todo o mundo, son universais. O que teñen son variantes locais relacionadas con personaxes ou situacións concretas. Precisamente un dos elementos que as fan cribles é que localicen nun contorno próximo, entón é habitual que haxa referencia a un contorno galego nas historias, ou que se empregue a nosa lingua, e nese sentido si se poden considerar galegas”. A achegar exemplos deste tipo, Reigosa apunta desde “as máis inocentes, como as que todos coñecemos de alguén que coincidiu o Rei nunha gasolineira ata, xa outras que xa están máis ideoloxizadas, como as de substacción de órganos por chineses, ou a do coche sen luces, o sorriso do pallaso, a moza da curva ou a rapaza morta que ten unha relación cun rapaz vivo… Hai moitísimas e probablemente todos empregamos case a diario algunha destas lendas sen sermos moi conscientes”. En moitos casos, as lendas urbanas concentran estereotipos e expresan medos sociais ante o estraño. Encontros con descoñecidos de consecuencias negativas, historias que deixan en mal lugar colectivos minoritarios ou inmigrantes… A tendencia é xeral neste tipo de historias. Segundo sinala Reigosa, “a literatura en xeral, e a oral en particular, carga cos prexuízos sociais da época na que se crea. Iso dáse aínda máis no caso das lendas urbanas, e supoño que isto tamén o fai tan actuais, xa que permiten descargar prexuízos, ideoloxía e frustracións que non seriamos capaces de transmitir doutro xeito”. Nese sentido, este investigador recoñece que “hai unha certa ideoloxía de rexeitamento claro e contundente, pero leva unha envoltura literaria que a fai máis dixerible”. (…)”

Lugo: mañá comezan as IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral, baixo o título Lendas urbanas. Mitos e ritos dos tempos modernos

As IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral celébranse baixo o título Lendas urbanas. Mitos e ritos dos tempos modernos, un curso convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Estas son as características do curso:

– Modalidade formativa: Curso.
– Datas de realización: 28 e 29 de outubro de 2011.
– Horario: venres 28, de 17:00 a 21:00 horas; sábado 29, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:00 horas.
– Lugar onde se levará a cabo a actividade: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (rúa San Marcos, 8, Lugo).
– Valoración en horas de formación: 10.
– Número de prazas: 100.
– Persoas destinatarias: Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
– Custo de matrícula: Gratuíta.
– Criterios de selección: Por rigorosa orde de inscrición na páxina da AS-PG, tendo preferencia os/as socios/as da AS-PG e da AELG. De cara á homologación seguiranse as indicacións da Orde de 1 de marzo de 2007.
Aquelas persoas que non se atopen entre as destinatarias poderán asistir ás xornadas e, anotándose previamente en oficina@aelg.org, recibir un diploma de asistencia emitido pola AELG.

O programa é o seguinte (pódese descargar aquí):

VENRES, 28 DE OUTUBRO

– 17:00 h. Recepción e entrega de documentación.
– 17:10 h. Acto de inauguración. Con Antón Veiga, Mario Outeiro, Cesáreo Sánchez e Antonio Reigosa.
– 17:15 h. Conferencia: O visguento unto da calumnia: boticarios e sacamanteigas, por Luis Giadás.
– 18:30 h. Conferencia: As lendas urbanas, a distorsión da realidade e a creación do imaxinario máxico, por Xosé Miranda.
– De 20:00 a 21:00 h. Mesa redonda: Urbanas? Modernas? Contemporáneas?. Participan: Luis Giadás e Xosé Miranda. Modera: Isidro Novo.

SÁBADO, 29 DE OUTUBRO

– 10:00 h. Conferencia: O roubo de órganos nas tendas de chineses en Portugal, por José Joaquim Dias Marques.
– 11:30 h. Conferencia: Izena izana baino lehen ukan (Todo canto se di, acontece), por Fito Rodríguez.
– De 13:00 a 14:00 h.- Mesa redonda: De boca en boca: o rumor como arma contra os outros. Participan: José Joaquim Dias Marques e Fito Rodríguez. Modera: Antonio Reigosa.
– De 16:30 h. a 18:30 h.- Obradoiro de narración oral: Narración e representación de diferentes tipos de lendas urbanas, por Celso Fernández Sanmartín.

O noso país non é alleo á moda das lendas urbanas, un fenómeno popular universal cuxa difusión se multiplicou enormemente a través da televisión, radio, xornais e revistas, literatura, cine, cómic e, sobre todo a través de internet, o gran altofalante deste tipo de relatos. As lendas urbanas, a pesar de chamárense tamén modernas ou contemporáneas son, sen embargo, como todas as demais lendas, narracións breves que refiren sucedidos sorprendentes ou raros, xeralmente de carácter extraordinario ou sobrenatural e tamén foron transmitidas tradicionalmente por vía oral, aínda que agora se difundan case exclusivamente en soporte impreso, audiovisual ou virtual.

Os Obxectivos das Xornadas son:
– Identificar a lenda urbana como expresión actual da literatura de tradición oral.
– Identificación das estratexias das lendas para reubicarse xeograficamente e para actualizarse, para espirse do anacrónico nas sucesivas transmisións e reforzar así a súa credibilidade.
– Identificación das estratexias diexéticas de diversas lendas urbanas e a súa aplicación no ensino da historia da literatura así como o fomento da creatividade narrativa do alumnado.
– Comprensión do poder da narración oral ao longo dos tempos.
– Capacitar para a identificación do carácter transcultural da literatura oral e a súa potencialidade na educación en valores.

A Metodoloxía empregada é:
– Análise temática e dos núcleos narrativos das lendas urbanas e comparación cos habituais na literatura de tradición oral.
– Estudo de diversas lendas urbanas e dos seus precedentes históricos.
– Análise do papel dos novos medios de difusión da narración oral: a literatura de tradición oral e as novas tecnoloxías da información.

Lugo: IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral: Lendas urbanas. Mitos e ritos dos tempos modernos, o 28 e 29 de outubro

As IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral celébranse baixo o título Lendas urbanas. Mitos e ritos dos tempos modernos, un curso convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Estas son as características do curso:

– Modalidade formativa: Curso.
– Datas de realización: 28 e 29 de outubro de 2011.
– Horario: venres 28, de 17:00 a 21:00 horas; sábado 29, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:00 horas.
– Lugar onde se levará a cabo a actividade: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (rúa San Marcos, 8, Lugo).
– Valoración en horas de formación: 10.
– Número de prazas: 100.
– Persoas destinatarias: Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
– Custo de matrícula: Gratuíta.
– Criterios de selección: Por rigorosa orde de inscrición na páxina da AS-PG, tendo preferencia os/as socios/as da AS-PG e da AELG. De cara á homologación seguiranse as indicacións da Orde de 1 de marzo de 2007.
Aquelas persoas que non se atopen entre as destinatarias poderán asistir ás xornadas e, anotándose previamente en oficina@aelg.org, recibir un diploma de asistencia emitido pola AELG.

O programa é o seguinte (pódese descargar aquí):

VENRES, 28 DE OUTUBRO

– 17:00 h. Recepción e entrega de documentación.
– 17:10 h. Acto de inauguración. Con Antón Veiga, Mario Outeiro, Cesáreo Sánchez e Antonio Reigosa.
– 17:15 h. Conferencia: O visguento unto da calumnia: boticarios e sacamanteigas, por Luis Giadás.
– 18:30 h. Conferencia: As lendas urbanas, a distorsión da realidade e a creación do imaxinario máxico, por Xosé Miranda.
– De 20:00 a 21:00 h. Mesa redonda: Urbanas? Modernas? Contemporáneas?. Participan: Luis Giadás e Xosé Miranda. Modera: Isidro Novo.

SÁBADO, 29 DE OUTUBRO

– 10:00 h. Conferencia: O roubo de órganos nas tendas de chineses en Portugal, por José Joaquim Dias Marques.
– 11:30 h. Conferencia: Izena izana baino lehen ukan (Todo canto se di, acontece), por Fito Rodríguez.
– De 13:00 a 14:00 h.- Mesa redonda: De boca en boca: o rumor como arma contra os outros. Participan: José Joaquim Dias Marques e Fito Rodríguez. Modera: Antonio Reigosa.
– De 16:30 h. a 18:30 h.- Obradoiro de narración oral: Narración e representación de diferentes tipos de lendas urbanas, por Celso Fernández Sanmartín.