O
martes 21 de outubro, no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase a Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974), publicada pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos. No acto participan os responsábeis da edición, Xosé Manuel Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro, acompañados por Xosé Ramón Freixeiro Mato. Posteriormente abrirase un coloquio co público presente.
Arquivos da etiqueta: Xosé Manuel Sánchez Rei
Outeiro de Rei: Diálogos coa obra de Manuel María na Casa de Hortas
Manuel María
faría 85 anos o vindeiro 7 de outubro e a Fundación que leva o seu nome, presidida pola súa viúva, Saleta Goi, conmemorará a efeméride o sábado 4 de outubro cunha xornada de irmandade na que foi casa natal do escritor, en Outeiro de Rei, hoxe convertida desde hai algo máis dun ano en Casa-Museo. Diálogos coa obra de Manuel María na Casa de Hortas é o nome da xornada de irmandade das amigas e amigos da Fundación Manuel María que se celebrará a partir das 11 da mañá do sábado 4 no auditorio -antiga palleira -da Casa de Hortas, no corazón da vila de Outeiro.
A Fundación Manuel María ten o obxectivo de instituír, de aquí en adiante, con carácter anual este encontro arredor da data do nacemento do poeta, con vocación de o converter en espazo de encontro e diálogo das amigas e amigos da Fundación, para dar conta da actividade fundacional desenvolvida cada ano e abrir ao debate a elaboración de novas propostas e iniciativas a desenvolver no futuro.
Eis o programa da xornada:
– 11:00 h. Encontro de amigas e amigos da Fundación Manuel María de Estudos Galegos. Información sobre a actividade da Fundación e iniciativas para o 2015, a cargo de Alberte Ansede (Secretario da Fundación)-
– 11:30 h. Coloquio e propostas.
– 12:00 h. Segredos da Casa Museo Manuel María (unha visita para descubrir algúns dos fondos máis valiosos da Casa-Museo).
– 13:00 h. Presentación das últimas publicacións da Fundación (Sonetos á Casa de Hortas e Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo), a cargo de Xosé Ramón Freixeiro Mato, Estefanía Mosquera Castro e Xosé Manuel Sánchez Rei, responsábeis das edicións (as persoas que asistan ao acto recibirán un destes libros editados pola Fundación e un exemplar do Terra Chá editado pola Irmandade dos Vinhos ou polo xornal chairego Terra Chá Xa!).
– 14:00 h. Peche do acto.
– 14:30 h. Xantar de irmandade.
– 17:00 h. Visita guiada á Lagoa de Cospeito e lectura de poemas de Manuel María.
A Coruña: lectura pública de poemas de Xosé María Álvarez Blázquez
A Coruña: conferencia de Pilar García Negro sobre Xosé María Díaz Castro
O
martes 10 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar unha conferencia de Pilar García Negro arredor de Xosé María Díaz Castro, que será presentada por Xosé Manuel Sánchez Rei, presidente da asociación.
A Coruña: charla de Pilar García Negro na A. C. Alexandre Bóveda
O
martes 20 de maio, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar unha charla de Pilar García Negro co título de A nosa lingua e a nosa cultura tamén se defenden en Europa, que será presentada por Xosé Manuel Sánchez Rei, presidente da asociación.
Arteixo: presentación de Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato
O
xoves 30 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Centro Cívico de Arteixo (Paseo Fluvial, s/n), preséntase Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Asociación Cultural Monte da Estrela, estarán presentes, xunto ao autor, Xurxo Souto, Xosé Manuel Sánchez Rei e Aniceto Nunes.
Compostela: presentación de Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato
O
xoves 19 de setembro 2013, ás 20:15 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Goretti Sanmartín Rei, Xosé Manuel Sánchez Rei e Manuel Bragado.
Vídeos da Gala das Letras 2013 (VIII): entrega dos premios ás Institucións e encerramento do acto
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebrou o 4 de maio, no Centro Ágora da Coruña, a Gala das Letras 2013.
Seguimos dando a coñecer nesta Axenda os vídeos onde se recollen as intervencións que tiveron lugar ese día. Pódense consultar todos aquí.
– Entrega do premio ás Institucións, coa intervención de Xosé Manuel Sánchez Rei en representación de todas as entidades premiadas. Pódese ver nesta ligazón.
– Encerramento da Gala das Letras 2013, por Antía Otero. Pode verse aquí.
A Coruña: presentación de Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato
O
venres 10 de maio, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Manuel Sánchez Rei, Mercedes Queixas e Manuel Bragado.
Sigüeiro (Oroso): presentación de Perspectivas sobre Bóveda
O
venres 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Sigüeiro-Oroso (Rúa da Cultura, s/n.), preséntase o libro Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, publicado pola A. C. Alexandre Bóveda, no que participaron os seguintes autores: Pilar García Negro, Xosé Antón Pena Beiroa, Victorino Pérez Prieto, Xusto Beramendi, Engracia Vidal Estévez, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e David Otero. No acto intervirán Manuel Mirás Franqueira, Xosé Manuel Sanchez Rei, Presidente da Asociación e editor do libro; Uxío Breogán Diéguez-Cequiel e Valentín García Bóveda.
