
Arquivos da etiqueta: Xunta de Galicia
Presentación de O inspector de educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984, de Antón Costa Rico, en Compostela
Xerardo Quintiá gaña o XX Premio Narrativa Breve Repsol
“A obra baixo o título e lema A Miseria de Xerardo Quintiá, resultou gañadora da XX edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega e recibirá unha dotación de 15.000 euros alén da publicación do libro pola Editorial Galaxia. Así o comunicou esta mañá o voceiro do Xurado, Armando Requeixo.
O acto do ditame deste 20º aniversario foi na Fundación Luís Seoane e contou coa presenza de representantes das entidades impulsoras do premio: o secretario xeral de Lingua, Valentín García, a directora da Refinería de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro; o concelleiro de Cultura e Turismo coruñés Gonzalo Castro; o director xeral da Editorial Galaxia, Marcos Calveiro; Cesáreo Sánchez, Presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG); Dolores Sánchez Palomino, académica da Real Academia Galega e Armando Requeixo como voceiro do Xurado.
Este ano a convocatoria do XX aniversario superou o número de obras presentadas con máis de 60 obras orixinais e inéditas.
O Xurado da XX edición do Premio Narrativa Breve Repsol estivo composto este ano por cinco recoñecidas voces das letras galegas: o director Xeral da Editorial Galaxia, Marcos Calveiro; a escritora e gañadora da XIX edición do Premio Narrativa Breve Repsol, Carmen V. Valiña; a arquiveira e membro da Comisión Executiva da Real Academia Galega, Dolores Sánchez Palomino; o tamén crítico literario, Armando Requeixo, e a poeta e escritora nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Alicia Fernández.
Armando Requeixo, voceiro do Xurado desta edición, destacou da novela de Xerardo Quintiá ” a capacidade para artellar un relato de fonda sensibilidade social, que plasma a traxedia dun desafiuzamento e as dramáticas consecuencias que provoca na familia que o padece.
Tamén si, salientou especialmente o talento do autor para espellar a transformación na identidade do protagonista, que ve como unha vida acomodada acaba virando nunha traxedia que remata por anulalo”.
Segundo os membros do Xurado a obra “está escrita cunha prosa de moi fino burilado, chea de imaxes poéticas, esta historia conmoverá ao lectorado, convidándoo a repensar o inclemente e feroz mundo no que vive unha parte da sociedade actual. (…)”
Compostela: presentación de O inspector de educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984, de Antón Costa Rico
Presentación de Memoria RAM: Cero, de Francisco Castro, en Celanova
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2026: Medo me dá! Ler para esconxurar as sombras
A edición de 2026 do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil vai ter lugar baixo o título xeral de Medo me dá! Ler para esconxurar as sombras. A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño González, Carla Míguez, María González Cerdeira e María Vázquez Fernández (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Desenvolverase os días 8, 15, 22 e 29 de outubro de 2026, ás 18:00 horas, na sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.
A inscrición é de balde e pode facerse aquí.
Está en proceso o recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección.
O programa é o seguinte:
8 de outubro
Inauguración
Paula Carballeira
Contar os medos
15 de outubro
Xosé Miranda
O fantástico e o arrepiante
22 de outubro
Ramón D. Veiga
O sorriso detrás do medo: monstros que fan cóxegas
29 de outubro
Fina Casalderrey
A xoaniña que bebeu na folla
Ribeira: “A natureza e o home. A fotografía de José Suárez”, por Xosé Carlos López Bernárdez
Conferencia A natureza e o home. A fotografía de José Suárez, por Xosé Carlos López Bernárdez, en Ribeira
Bases do X Certame de poesía en lingua galega Manuel María
Obradoiro de creación literaria Sen marxes. Poesía expandida, con Silvia Penas, en Vigo
O Obradoiro de creación literaria Sen marxes. Poesía expandida, é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, con patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Biblioteca Municipal Neira Vilas de Vigo e a Asociación Cultural Évame Oroza.
Será impartido por Silvia Penas, cunha sesión especial a cargo de María Lado.
Ten 15 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando nome, apelidos e o nome deste obradoiro. ACTUALMENTE ESTÁN XA TODAS AS PRAZAS CUBERTAS, POLO QUE AS SOLICITUDES QUE SE ENVÍEN A PARTIR DE AGORA ENTRARÍAN NUNHA LISTAXE DE RESERVA.
Calendario, horarios e emprazamentos
– Biblioteca Municipal Neira Vilas de Vigo (Avenida Emilio Martínez Garrido, 21):
Sábados 10, 17, 24 e 31 de outubro de 2026, de 10:00 a 14:00 h.
– Asociación Cultural Évame Oroza (Subida Costa, 5):
Sábado 7 de novembro de 2026, de 10:00 a 14:00 h.
“A poesía non entra nun DIN A4. Sen marxes é un convite a desbordar o papel para levar a escrita directamente ao corpo, á sonoridade e ao espazo.
Neste obradoiro sentaremos á mesa da creación poética sobre catro patas fundamentais: voz, corpo, música e obxectos. Con estes elementos hibridaremos o poema para darlle sabor e colocalo no centro do taboleiro, alimentando a nosa fame simbólica e artística, e a necesidade de resignificar o mundo desde o código poético.
Ao romper os límites do folio, a escrita feita corpo habitará o espazo, gañará sonoridade e cambiará de cor.”
Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.









