Arquivos da etiqueta: Xurxo Nóvoa Martins
Compostela: presentación de Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure
A cuarta feira 20 de maio, ás 20:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo), en Santiago de Compostela, preséntase Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure, publicada por Chiado Editora. No acto participan, xunto á autora, Eva Xanín, Rosa Enríquez, Ígor Lugris e Xurxo Nóvoa Martins.
Compostela: encontro artístico diverso Vozes contra a violência
O sábado 22 de novembro, ás 22:00 horas, no Pub Ultramarinos (Casas Reais, 34), en Santiago de Compostela, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza e o Pub Ultramarinos organizan un novo encontro de voces poéticas, musicais e artísticas en xeral, arredor do Día Internacional contra a violencia machista. Participan, entre outras persoas, 2naFronteira, Alejandro Nuricumbo, Miguel Alonso, Luz Fandiño, Alexandre Brea, Teresa Moure, Cruz Martínez, Xurxo Nóvoa Martins, José Goris, Dores Asorei e Concha Rousia.
Compostela: presentación de Janela Aberta, de José Alberte Corral Iglesias
A cuarta feira 9 de outubro, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, preséntase o libro de relatos Janela Aberta, de José Alberte Corral Iglesias, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participa Xurxo Nóvoa Martins.
Santiago: lanzamento de Mordida, de Eugénio Outeiro
A sexta feira 22 de marzo, ás 20:00 horas, na Ciranda-Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase Mordida, o último poemario de Eugénio Outeiro, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto ao autor, Xurxo Nóvoa Martins.
Madrid: actos do Día das Letras Galegas no Centro Asociado Escuelas Pías da UNED
O martes 17 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar a celebración do Día das Letras Galegas 2011 no Centro Asociado Escuelas Pías da UNED (C/ Tribulete, 14) de Madrid, organizado polo Clube de Lectura da UNED e a área de Filoloxía Galego-Portuguesa da mesma universidade. O acto abrirase cunha conferencia sobre a figura de Lois Pereiro da parte de Luis Luna e a seguir farase unha lectura do libro colectivo do Grupo Bilbao de escritores de expresión galega, intitulado Madrid era unha praia de baleas entre néboas, presentado polo profesor da área de Filoloxía Galego-Portuguesa da UNED, Xavier Frías Conde. O libro en cuestión conta con textos de Vicente Araguas, Manuel Pereira, Begoña Regueiro, Marga Vázquez, Jurjo Nóvoa, Pili Mera, Ana Cibeira, José Galán e Xavier Frías, cun prólogo de Luis Luna.