Arquivos mensuais: Decembro 2024
A Coruña: Roteiro “As Colunas de Luísa Villalta e a música ao fondo”, con César Morán e Cláudia Morán, o 22 de decembro
O Roteiro “As Colunas de Luísa Villalta e a música ao fondo”, guiado por César Morán e Cláudia Morán, iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña, achegaranos ao pensamento de Luísa nos seus artigos xornalísticos e o valor musical da súa obra.
Terá lugar o domingo 22 de decembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída é a Praza de Pontevedra, diante do IES Eusebio da Guarda. Non é necesaria inscrición previa.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Lugo: Xavier Rodríguez Barrio en 1/2 hora de poesía
Carballedo, Cerdedo-Cotobade: Simposio Nélida Piñon. A mestizaxe dos soños e corazón
Meiro, Bueu: Homenaxe a Míriam Ferradáns
A Coruña: palestra de Felipe Senén no 19º Ciclo Coros Galegos Cántigas da Terra 2024
Ribadavia: Música en voz baixa, con Francisco Castro
Compostela: acto de entrega do VII Premio Xela Arias, a Gabriel Álvarez Martínez e Takekazu Asaka
Fina Casalderrey e Xosé Cobas recrean a historia de Pontevedra na nova edición de Filla das ondas
Entrevista de Susana Pedreira a Fina Casalderrey en Onda Cero Galicia:
“Presentan en Culturgal a edición renovada de Filla das ondas, estreando unha nova proposta gráfica 25 anos despois da publicación desta obra no catálogo de Kalandraka. Trátase dun relato fantástico e onírico que recrea a historia de Pontevedra dende o medievo, e no que afloran aspectos da actualidade como a admirable recuperación do casco histórico e o seu revolucionario modelo urbán. Neste enlace directo á nosa web podes volver tomar a última no programa “Máis de Un Pontevedra”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Montse Fajardo: “Co coñecemento de máis casos galegos, fomentarase a unión así como a xustiza dende a lexislación para as supervivintes á represión”
Entrevista de Ánxela J. Vidal a Montse Fajardo en Historia de Galicia:
“(…) – Historia de Galicia (HG): Cal é o exemplo máis claro da dobre moralidade da Ditadura?
– Montse Fajardo (MF): A prostitución. Encerraban ás nenas para evitar que caesen no entramado mais a Ditadura elimina a súa abolición vixenete na República ata o 1956, cando a adapan para integrar España na ONU. No 1952, o Estado agravou a lexislación para as padroadas con máis anos de internamento ou facéndose coa súa tutela, no caso de que as familias se opuxesen ao seu ingreso.
– HG: Como era o “día a día” das padroadas?
– MF: Rezar, limpar e traballar. De aprender, aprendían as diferentes labores domésticas, como son coser ou pasar o ferro, para pasar a traballar nunha casa franquista. O que gañaban ía para o Padroado. Se unha precisaba roupa interior, a Superiora dáballe dous pesos dos 24 que gañaba, por exemplo. Non as formaban en lingua ou literatura, formábanas para producir e servir.
– HG: Ata onde chegaba o control e represión do Padroado?
– MF: Toda a poboación era vixiada, tamén os homes. A través das Visitadoras, e outras articulacións da institución, o Estado vixiaba en cines, bailes e praias se se levaba o albornoz, se a saia era moi curta ou se unha parella se arrimaba de máis. (…)”