Desde Chamando á Terra, da Radio Galega:
“Falamos con Concha Blanco, autora do libro de relatos O medo é libre, que bebe da tradición oral que viviu de nena na taberna e o salón de costura familiar. Pode escoitarse aquí.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Compostela: Roteiro con Héctor Cajaraville, Once portas
Vigo: presentación de Galeguia, de Manuel Miragaia
Compostela: presentación de Anna Turbau. Galicia, 1975-1979
Compostela: presentación de O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler, de Daniel Salgado
A sexta feira 15 de decembro, ás 20:00 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, Daniel Salgado presenta a plaquette O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler, publicada por Apiario e deseñada por Numax. Estará acompañado por Antía Otero e Julio Vilariño.
Margarita Ledo, primeira muller premiada co Otero Pedrayo nos seus 40 anos de historia
Desde Sermos Galiza:
“Margarita Ledo Andión é a primeira muller que recibe o premio Otero Pedrayo nos 40 anos de historia deste prestixioso galardón. A proposta, que saíu da Deputación de Pontevedra, de que a catedrática, académica e cineasta fose galardoada con este recoñecemento foi aprobada por unanimidade. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o responsábel de Cultura, da entidade provincial Xosé Leal, foron os encargados de transmitirlle telefonicamente á propia Margarita Ledo ao remate da xuntanza do xurado reunido en Pontevedra baixo a presidencia do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Poeta, narradora, xornalista, investigadora, directora de cine, feminista, galega,… Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951) recibe así máis unha merecida homenaxe como recoñecemento da súa obra, froito dunha traxectoria que vai da literatura ao audiovisual, da docencia á implicación co noso país.
No informe da súa proposta, a Deputación de Pontevedra destacou especialmente de Margarita Ledo “a súa traxectoria vital, profesional e intelectual marcada pola súa temperá militancia política, o exilio e o lectorado de galego na Facultade de Letras da Universidade de Porto, o xornalismo comprometido e as primeiras investigacións sobre as relacións dos intelectuais republicanos portugueses e galegos”.
Tamén salientou que foi “pioneira en centrarse en investigacións e xéneros audiovisuais que non estaban desenvolvidos na Galiza e sempre tendo presente a perspectiva de xénero en todos os seus traballos, investigacións e intervencións públicas”.
Ademais, destácase que foi unha defensora, “a través de toda a súa traxectoria, do idioma galego con valor identitario e cultural de seu, e en pé de igualdade cos demais idiomas da península Ibérica e do mundo”.”
Compostela: presentación de Alma e o mar, de Francisco X. Fernández Naval
Compostela: presentación de A lentitude, de María do Cebreiro
A quinta feira 14 de decembro, ás 20:00 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, preséntase A lentitude, de María do Cebreiro, publicado por Chan da Pólvora Editora.