Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Dores Tembrás presenta Auga a través, unha plaquette que dialoga co documental Os días afogados. Pode accederse á entrevista aquí.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Pontevedra: sinatura de Atrofiadas as estrelas, de Alexander Vórtice
A Coruña: presentación de Vinte fragmentos de mocidade voraz, de Tito Pérez Pérez
Calros Solla: “Cerdedo é un concello maldito”
Entrevista a Calros Solla no Diario de Pontevedra:
“(…) Polo de pronto, Cerdedo in the Voyager é unha colección única en Galicia. “E, en boa medida, iso débeselle ao editor”. Morgante, un selo de Rinoceronte, publicou 13 dos 16 libros. Os tres restantes saíron dans mans de Edicións Cardeñoso, Serpe Bichoca e o Museo Liste. “Eu non contei cun editor, contei cun mecenas. Moisés Barcia é máis que un amigo, un irmán. Fomos compañeiros de facultade e de batallas. Metido a editor de éxito, entendeu que o seu selo podía acoller esta colección. A amizade entre nós ten moito que ver, pero tamén é verdade que é un produto curioso: 16 títulos sobre un concello pequeno, sumido nunha decadencia brutal, que foi historicamente moi relevante, aínda que agora desapareza”.
Solla conta que, cando se puxo a escribir sobre Cerdedo, sospeitou dalgunha maneira o que podía pasar no concello. “No verán do ano 1977 un comité de científicos da Nasa, capitaneados por Carl Sagan, decidíu gravar, nun disco de ouro, imaxes e sons da Terra. Colocouno nunha sonda espacial, a Voyager 1, e lanzouno ao espazo. Hoxe é o obxecto deseñado por humanos que está máis afastado da Terra. A idea era lanzar unha mensaxe nunha botella, non só para dicir estamos aquí, existimos, senón para protexer unha especie de legado ante unha catástrofe nuclear. Se iso acontecese, a única testemuña da existencia da humanidade sería ese disco do Voyager”, lembra o autor sobre a orixe do título escollido para a colección. “Cando Cerdedo desapareza, o único que quedará del serán estes libros. Só que no noso caso non desapareceremos por mor dunha catástrofe nuclear senón dunha inmolación caciquil. O único que quedará do noso ADN etnográfico, cultural e antropolóxico será isto e pouco máis”. (…)”
Cabana de Bergantiños: recital de Rosalía Fernández Rial no I Simposio Dolmen de Dombate
O mércores 21 de setembro, ás 18:30 horas, no marco do I Simposio Dolmen de Dombate (Concello de Cabana de Bergantiños), Rosalía Fernández Rial fará un recital de poesía.
Entrevista a Ledicia Costas no Zig-zag
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Ledicia Costas publica Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Pode accederse á entrevista aquí.”
TV or not TV. Itinerarios da ficción televisiva, curso impartido por Xosé Antonio Cascudo
Compostela: presentación de Exhumación, de Marcos Abalde
O xoves 22 de setembro, ás 20:00 horas, en NUMAX (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, preséntase o poemario Exhumación, de Marcos Abalde, Premio Lueiro Rey 2016, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Irma Amado e Manuel Bragado.