Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Entrevista de Ronsel Pan a María do Cebreiro sobre O Deserto
Héctor Cajaraville Araujo gaña o 7.º Premio Meiga Moira 2016 de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por Baía Edicións
“O
Xurado, formado polas escritoras Andrea Maceiras (gañadora dos 4.º Premio (2010) e 6.º Premio (2014) coa obras Violeta tamurana e Miña querida Sherezade, respectivamente) e Conchi Regueiro, María Dores Fernández López, profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña, a tamén escritora Marica Campo, que actuou de Presidenta, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, reunido o martes día 11 de outubro de 2016 resolveu conceder por unanimidade o 7.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á obra presentada baixo o lema “Briolanxa”.
Abertas as plicas, a mesma resultou corresponder a presentada polo escritor compostelán Héctor Cajaraville Araujo, que leva como título Denébola a Roxa e proposta para lectoras e lectores a partir de 12 anos.
O Xurado manifestou, entre outros aspectos, o seguinte:
«Denébola a Roxa é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, ambientada no século XVII que relata o desafío dunha muller afouta nun mundo de homes.
A protagonista, Denébola, que comparte nome coa estrela máis brillante da constelación de Leo, loitará pola procura dun destino máis luminoso que o que seu pai elixiu para ela.
Marcada desde o nacemento pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, tentará rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas da súa propia vida».
A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira antes de finalizar o ano e a autora recibirá 2.500 euros, cantidade coa que está dotado o Premio.
Noutra orde de cousas, o Xurado valorou a alta calidade das obras presentadas, das que catorce alcanzaron a selección final, o que evidencia máis unha vez o extraordinario momento que vive a literatura en galego dirixida ao público infantil e o importante xermolo de escritoras e escritores que está dando o país para seguir facendo avanzar o galego como idioma literario e de uso vehicular entre as nosas nenas e nenos.”
Pontevedra: presentación de Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo
Lisboa: Isabel Mociño e Blanca Roig participan en Beatrix Potter150/Roald Dahl 100
Manuscritos: Avelino Pousa Antelo
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“O meu agradecemento a David Otero e Nora Pousa pola cesión deste manuscrito, escrito orixinalmente a lapis, de Avelino Pousa Antelo para o “Caderno da crítica” sobre as súas esperanzas e as da mocidade nacionalista nos tempos da República. Abaixo reprodúcese a versión mecanoscrita do texto.”
“Para falar da miña relación co Sempre en Galiza penso que debo falar da miña relación persoal co galeguismo e co propio Castelao en aqueles ilusionantes tempos da proclamación da 2ª República que para min -para a mocedade galeguista en xeral- abriu unha etapa de ilusionantes proxectos vitaes e unhas novas esperanzas non menos ilusionantes e cecais utópicas para o porvir de Galicia.”
Sarria: presentación de De como acontece a fin do mundo, de Charo Lopes
Pontevedra: relatorio arredor de Protexer o invisible, de Xaime Toxo
O
venres 14 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (Rúa do Padre Amoedo Carballo, 3), terá lugar un relatorio arredor do libro Protexer o invisible, de Xaime Toxo, publicado pola Editorial Ancoradouro. No acto participan, xunto ao autor, Xosé Leal, Ramón Rozas, Antón Sobral, Carmen Quinteiro e Jonathan Balbuena. Organizan, xunto á editora, o Ateneo, a Deputación e o Museo de Pontevedra.
Baiona: presentación de Xa non estou aquí, de Iria Misa
A
sexta feira 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa da Navegación (Rúa Ventura Misa, 17), en Baiona, terá lugar a presentación do libro Xa non estou aquí, de Iria Misa, novela gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016, publicado por Xerais. No acto, xunto á autora, participan Ledicia Costas e Manuel Bragado.
Seixalbo (Ourense): presentación de Philogelos (O amante da risa)
O
venres 14 de outubro, ás 20:30 horas, na Asociación Cultural Agromadas (Rúa Abelardo Arce nº 25, Seixalbo, Ourense), preséntase a obra Philogelos (O amante da risa), de Hierocles e Philagrios, a compilación de chistes máis antiga traducida do grego ao galego por Margarita Seara e Óscar Soto, e publicada por Rinoceronte. No acto participan tradutor e tradutora, así como o director da editora, Moisés Barcia e do coordinador da Colección Vétera, Raúl Gómez Pato. Haberá música grega e petiscos.




