Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Gondomar: recital man a man de Manuel López Rodríguez e Fran Fernández Davila
Candás: Xornaes Lliteraries Na rexa la mar
Encontro da Federación Galeusca 2024 en Palma de Mallorca
O Encontro da Federación Galeusca 2024, organizado pola AELC, coa participación da AELG e da EIE, conta co apoio de CEDRO e a Institució de les Lletres Catalanes, xunto coa colaboración da Obra Cultural Balear, Ca n’Alcover e Etxepare Euskal Institutua.
Fundada formalmente en 2008, e con precedentes de encontros anuais históricos celebrados desde 1984, a Federación Galeusca está formada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Euskal Idazleen Elkartea (EIE) e a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC). Representa case 2800 autoras e autores, tanto escritoras/es como tradutoras/es, retomando neste 2024 a súa actividade pública no décimo aniversario do seu último encontro.
O eixo vertebrador deste encontro é a tradución como vía de internacionalización literaria: como a conversa entre literaturas escritas en diferentes linguas pode contribuír á superación das fronteiras administrativas e culturais, á vez que fomentar a promoción e a difusión das literaturas galega, vasca e catalá nun contexto global.
Terá lugar o 29 de maio de 2024 en Ca n’Alcover (Carrer de Sat Alonso, 27, Palma de Mallorca), con entrada libre.
O programa previsto é o seguinte:
– 12:30 h. Lectura da Declaración de Palma. Rolda de prensa aberta ao público xeral. Con Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Joxemari Carrere, representante da Euskal Idazleen Elkartea (EIE), e Sebastià Portell, presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC).
– 18:00 h. Diálogo entre tradutoras/es: «A tradución como unha ferramenta de internacionalización de literaturas minorizadas». Con Garazi Arrula, María Reimóndez e Lluïsa Soaz.
– 19:30 h. «De ida e volta»: recital poético-musical en catalán, éuscaro e galego. Coa voz poética de Sebastià Alzamora, Castillo Suarez e Marga do Val, e co acompañamento musical de Clara Fiol Dols.
O Porriño: actividades do 12 de maio na Feira do Libro 2024
Compostela: “Só nos sobrevivirán os nosos acenos”. A miña peza favorita, con Abraham Pérez e Alba L. Porto, o 14 de maio
O Porriño: actividades do 11 de maio na Feira do Libro 2024
Bueu: programación das Letras Galegas 2024
Malpica: presentación de Masaxe con argán mal pronunciada, de Clara Vidal
Bruxelas: presentación do libro plurilingüe Passages, do Colectivo de poetas de Bruxelas
“O domingo 12 de maio, ás 11:00 horas, na Libraría Internacional Passa Porta (Rue Antoine Dansaert), en Bruxelas, terá lugar a presentación do libro plurilingüe Passages, do Colectivo de poetas de Bruxelas.
En 2016-2017 o Colectivo de poetas d Bruxelas explorou para o seu proxecto Passages, a forza da expresión poética en varias culturas e comunidades que sobreviven en Bruxelas.
En particular, queriamos investigar nos parámetros que permiten que homes e mulleres chegados dende a distancia acepten a súa condición de emigrantes e, en moitas ocasións, as do exilio e como asumen a nova situación sen caer na desesperación ou o derrotismo. Pode ser a palabra poética a fonte de resistencia, dunha revolta alimentada de todo tipo de datos históricos que perviven en Bruxelas e que contribúen ao sentimento de comunidade? O libro Passages resume as etapas creativas desta procura, traballando coas comunidades Berbér, Turca, Grega e Sufí.
Lerán os poetas Taha Adnan, Adolfo Baberá del Rosal, Frank De Crits, Maarten Goethals, Geert van Istendael, Maky, Manza, Serge Meurant, Ramón Neto, Anne Penders, Xavier Queipo, Elke de Rijcke, Kader Sevinç, Silvia Vainberg e Bart Vonck. extractos dos capítulos (dedicados aos bereberes, turcos, sufís e gregos). O editor Leo Peeraer porá a disposición do público os primeiros exemplares do libro.”