“Chegan novos tempos para as librarías. A crise propia do sector, que se suma á fonda recesión económica, está a obrigar a buscar novas vías de negocio ou ben a fechar. Malia ao sombrío panorama, nos últimos anos continúan a abrir novos establecementos, que apostan ademais por xeitos diferentes de enfrontar a relación co libro e co lector. Falamos con algúns deles. É ben sabido que o sector libreiro pasa por unha fonda e prolongada crise. A diminución de vendas está a provocar a desaparición de establecementos de referencia, como é o caso da libraría Michelena en Pontevedra ou a Colón na Coruña. Canda a isto, son moitos os que teñen problemas para sobrevivir, como denuncia periodicamente a Federación de Libreiros. Recentemente, o Simposio O Libro e a Lectura da Asociación de Editores reflexionaba sobre esta problemática, apuntando posibles propostas para renovar o sector. No medio desta desacougante situación continúan a xurdir novas iniciativas que se suman aos centros de venda de libros do noso país. (…)”. Desde Cultura Galega.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Burela: presentación de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho
A
sexta-feira 23 de novembro, ás 20:30 horas, no Salón de Conferencias de Burela (Rúa do Correo), preséntase o libro Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado polos Cadernos Q de Vian, nun acto organizado polo Colectivo Cultural Buril.
Arteixo: presentación de Fugaz coincidencia, de José Estévez
Pemón Bouzas: “El mito de los Reyes Magos transmite valores a niños de cualquier religión”
Entrevista
a Pemón Bouzas en Faro de Vigo:
“(…) Faro de Vigo (FV): A estrela de Oriente es su primera incursión en la literatura infantil. ¿Por qué ahora?
– Pemón Bouzas (PB): Este libro es una idea que tenía desde hace años para ayudar a los niños a no tener un trauma en ese momento en que comienzan a ver a los Reyes Magos de una manera distinta. La primera pregunta que se hacen los niños en ese momento es quiénes son los Reyes Magos. Pues en este libro he querido contar la historia de esos tres personajes mágicos: uno europeo, otro oriental y otro africano.
– FV: Tres razas y tres culturas distintas.
– PB: Sí, son tres culturas distintas que comparten un mismo objetivo: la búsqueda de una utopía. Y lo hacen sin mirar el color de la piel. Es una forma de transmitir valores como la solidaridad, el respeto o el compromiso, más allá de la religión, porque considero que este es un libro para niños de cualquier creencia. (…)”.
Fene: tertulia de Inma López Silva, con Mercedes Queixas, no Ciclo de Tertulias con gañadores/as do Premio Blanco Amor
O xoves 22 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Fene, finalizan os faladoiros do Ciclo de Tertulias con gañadores/as do Premio Blanco Amor, organizado pola Concellaría de Cultura e Deportes do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Nesta ocasión, Inma López Silva, gañadora do Premio Blanco Amor organizado polo concello de Lugo en 2007, coa novela Memoria de cidades sen luz, falará sobre esta obra nun acto conducido por Mercedes Queixas.
Agustín Fernández Paz: “Tiven a sorte de nacer nunha familia na que o meu pai era un apaixonado da lectura”
Desde
Xerais:
“O pasado domingo 18, A Revista do Diario de Pontevedra publicou unha longa entrevista de Sara Vila con Agustín Fernández Paz. O seu último libro, O rastro que deixamos; o seu nomeamento como Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo; a literatura; o ensino e a lingua son algúns dos temas que se tratan na entrevista. (…)
– Diario de Pontevedra (DP): Acaba de ser nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Parabéns.
– Agustín Fernández Paz (AFP): Grazas. A verdade é que estou abrumado, todos os premios me fan moita ilusión, pero ser nomeado Doutor Honoris Causa pola universidade da cidade na que vivo é toda una honra. Teño que agradecerllo ao Departamento de Lingua Galega, que me propuxo. Hai tempo que sabía que estaba proposto por eles pero non pensei que me foran nomear finalmente. É unha desas cousas que dan moita satisfacción.
– DP: E ademais estrea libro, unha especie de compendio sobre a súa vida…
– AFP: A orixe deste libro remóntase a hai tres anos. Por aquel entón diagnostícanme un cancro e eu prexubílome. Entón plantéxolle ao editor a idea de publicar un conxunto de textos que teño acumulados a moreas no meu ordenador. Como non me sinto con forzas, pásolles todos os documentos do meu disco duro para que eles os vexan e me digan que lles parece. Aí entra en escena Isabel Soto, que é quen me traduce habitualmente ao castelán. Dende Xerais imprimen todo e pásanllo a ela para que o valore. Case morre do susto coa cantidade de papeis que lle chegaron! (…)
Descargar aquí a entrevista completa en pdf.”
Santiago: presentación de Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira
O
xoves 22 de novembro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Compostela, preséntase o libro Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira, publicado en Xerais. O acto está organizado pola A. C. O Galo. No acto estará acompañado por Néstor Rego.
A Estrada: Transcendencia do Himno Galego, conferencia de Xosé Neira Vilas
A Coruña: performance (Retro)visor, con Antía Otero e Isaac Garabatos
O
xoves 22 de novembro, ás 20:30 horas, na Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña, Antía Otero e Isaac Garabatos, partindo do libro (Retro)visor, publicado pola propia Antía Otero en 2010, afrontan a escenificación dos textos partindo da hibridación da escrita cunha atmosfera sonora onde conflúen o vídeo, o Live Cinema, a instalación artística e o poema obxectual. Unha proposta metaliteraria onde o xogo temporal se desdebuxa, creando unha voz monologada que se separa da propia autoría, para facerse acción e diálogo co público. Trátase dun espectáculo creado en residencia artística en Normal. A entrada é libre até completar aforamento.
Santiago: VII Xornadas de Cooperación, organizadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
O venres 30 de novembro, no Edificio Cersia (San Lázaro, Rúa Raimundo López Pol, s/n) de Santiago de Compostela, celébranse as VII Xornadas de Cooperación, organizadas por Igadi – Secretaría do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade que cumpre 15 anos de compromiso local coa solidariedade internacional. Aquí pode descargarse o programa: VII Xornadas de Cooperación 2012.




