Santiago: Volver a Castelao

O sábado 15 de outubro, no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia Monte Gaiás de Santiago de Compostela, terá lugar a Xornada Volver a Castelao, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Consellaría de Cultura e Turismo. O programa, que pode ser descargado aquí (Volver a Castelao), está composto polas seguintes actividades:

10:30 h. Conferencia de Xusto Beramendi: Castelao e a construción da nación.
11:30 h. Conferencia de Manuel Rei Romeu: De Rosalía a Castelao.
12:30-13:00 h. Pausa.
13:00 h. Mesa redonda: Castelao ao pé da letra, con Xoán Costa e Inma López Silva.
16:30 h. Mesa redonda: Castelao e a arte do pensamento social, con Siro López e Xosé Lois “O Carrabouxo”.

Lugo: Letra das Festas. Historias do San Froilán

O mércores 12 de outubro, ás 19:15 horas, na Praza do Campo Castelo de Lugo, coa colaboración da Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a coordinación e presentación de Antonio Reigosa, vogal de Literatura de Tradición Oral, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza esta revista de literatura oral ao vivo, coa intervención dos narradores/as orais Elba Requeijo, de Abadín, que recitará romances tradicionais, e Ángel Rivas Veiga, veciño de Orxas (A Pastoriza), para contar algúns contos populares. Dalgunhas historias e anécdotas do San Froilán faláronos o xornalista de Radio Lugo, Paco Nieto, e dos cartaces e programas de festas, o investigador Fernando Arribas. Da literatura, coa lectura de textos referidos ás festas, encárgase Isidro Novo. E na parte musical actuarán Daniel Pando, xove tocador de trompa da Fonsagrada, e Leo i Arremecághona, proxecto musical de Leonardo Fernández Campos, artista polifacético, filólogo, poeta e cantautor punk.

Santiago: I Colóquio Guerra da Cal

A Academia Galega da Língua Portuguesa organiza o I Colóquio Guerra da Cal dentro dos atos do centenário do nascimento do professor ferrolano. O evento terá lugar os dias 11 e 12 de outubro em Santiago de Compostela, na Fundação Caixa Galicia com a participação de 20 oradores da Galiza, Portugal e Brasil. O Colóquio inclui-se no programa do centenário de homenagem ao professor ferrolano. As inscrições, gratuítas, podem realizar-se no endereço secretaria@academiagalega.org indicando nome, profissão, correio-e, endereço de contato e telefone. O programa é o seguinte:

3ª feira, 11 de outubro

1ª Sessão
10:00 h. Abertura do secretariado e entrega de materiais
10:30 h. Abertura do colóquio. José-Martinho Montero Santalha, Presidente da Academia Galega da Língua Portuguesa.
10:30-11:15 h. Orador 1: Joel Gomes: A amizade de Ernesto Guerra da Cal com Federico Garcia Lorca e os Seis Poemas Galegos. Debate posterior.
11:30-12:15 h. Orador 2: Carlos Durão: Guerra da Cal entre nós. Debate posterior.
13:00-13:45 h. Orador 3: Enric Ucelay-Da Cal: Uma lembrança em três episódios. Debate posterior.
2ª Sessão
17:00-17:45 h. Orador 4: Maria do Carmo Henríquez Salido: Ernesto Guerra da Cal ao longe. Debate posterior.
18:00-18:45 h. Orador 5: Xosé Luís Franco Grande: A poesia de Guerra da Cal. Debate posterior.
19:00-19:45 h. Orador 6: José Luís Do Pico Orjais: Ernesto Guerra da Cal e a Música. Debate posterior.
20:00 h. Encerramento da Sessão.

4ª feira, 12 de outubro

3ª Sessão (III Seminário de Lexicologia)
10:00 h. Abertura do secretariado.
10:30-11:45 h. Orador 7: José-Martinho Montero Santalha: Problemática do léxico galego. Debate posterior.
11:30-12:15 h. Orador 8: Evanildo Bechara: Acordo Ortográfico: O interior e o exterior. Debate posterior.
13:00-13:45 h. Orador 9: João Malaca Casteleiro: A norma galega do português e a Lusofonia. Debate posterior.
4ª Sessão (III Seminário de Lexicologia)
16:15-17:00 h. Orador 10: José Pedro Ferreira: O Vocabulário Ortográfico do Português: critérios, ferramentas e resultados. Debate posterior.
17:15-18:00 h. Mesa redonda 1: Léxico da Galiza, Dicionário Estraviz, Perspetivas da Norma Galega do Português. Participantes: Isaac Alonso Estraviz, Carlos Durão, António Gil Hernández. Debate posterior.
18:15-19:15 h. Mesa redonda 2: Apresentação do Arquivo Digital da AGLP. Lançamento de publicações da Coleção Clássicos da Galiza: Queixumes dos Pinhos, edição de Ângelo Brea e Cantos Lusófonos, edição de José Luís do Pico Orjais; Boletim da AGLP, n.º 4. Participantes: Ângelo Brea, Ernesto V. Souza, Vítor Lourenço, Celso Álvarez Cáccamo. Debate posterior.
19:30 h. Encerramento do colóquio.

Reseña posterior de Carlos Durão aquí (agradecemos ao autor o envío da información).

Vigo: Obradoiro de creación literaria dirixido por Francisco Castro

Está aberta xa a matrícula para o Obradoiro de creación literaria dirixido por Francisco Castro, que se celebrará no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo. Dará comezo o luns 7 de novembro e serán catro sesións de dúas horas no que os asistentes se centrarán no pracer de crear textos, de pensar versos, de idear historias, de facer medrar personaxes. Todas as sesións darán comezo ás 17:00 horas. Todo, coma sempre, dende unha perspectiva lúdica da literatura. Máis información nesta ligazón ao seu blog.

Cultura levará a Fráncfort edicións en inglés de Pereiro e Cunqueiro

“O mércores comeza a Feira do Libro de Fráncfort e Galicia estará presente a través do traballo de 19 das súas editoras. Ademais, a Xunta presentará a súa colección Galician Classics, e dará a coñecer dúas novidades recentes, como son as traducións ao inglés da poesía de Lois Pereiro, homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, e de Xente de aquí e de acolá, de Álvaro Cunqueiro, baixo o título de Folks from Here and There. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentará estas dúas novidades o vindeiro venres.” Vía La Voz de Galicia.
A relación de editoriais que forman parte do expositor institucional son: Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Biblos, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Editorial Everest, Espiral Maior, Editorial Toxosoutos, Baía Edicións, Ideaspropias Editorial, OQO Editora, Ediciones Linteo, Edicións Embora, Andavira Editora, Rinoceronte Editora e Alvarellos Editora. (Vía Galaxia).

Madrid: As editoras galegas amosan o seu traballo en Liber

“O posto da Asociación Galega de Editores, con novidades de 26 firmas galegsas, é o principal punto de respresentación deste sector na Feira Internacional do Libro Liber. O evento, que arrincaba onte en Madrid a súa XXIX Edición, conta asimesmo coa presenza dun posto propio de Kalandraka, Nova Galicia e de Ideaspropias editorial, mentres as tres universidades e a Fundación Barrié contan cun espazo compartido con outras institucións académicas. O Consello da Cultura Galega comparte espazo do Institut d’estudis Cataláns. As firmas representadas pola Asociación de Editores son Editorial Netbiblo, Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira–Edebé, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Editorial Everest, Editorial Toxosoutos, Baía Edicións, Ideaspropias Editorial, OQO Editora, El Patito Editorial, Ediciones Linteo, Edicións Embora, Andavira Editora, Alvarellos Editora, Edicións Nigra Trea, Primera Persona, KNS, Espiral Maior, Biblos, Edicións do Cumio e Embora. Pola súa banda, a coruñesa Ediciones del Viento inclúe a súa produción no posto do Gremio de Editores de Madrid, mentres Tambre vai no posto do Grupo Editorial Luís Vives e Xerais está tamén representada no posto do grupo Anaya.” Vía Cultura Galega.

Chegou xa ás librerías Bretemada, poemario inédito de Gonzalo López Abente

Chegou xa ás librarías Bretemada, un poemario inédito do escritor muxián Gonzalo López Abente publicado conxuntamente pola Fundación López Abente e a Editorial Alvarellos na Colección Rescate. O manuscrito orixinal do ano 1922, integrado por cen poemas, atopábase na Real Academia Galega, que permitiu a edición a cargo de Miro Villar con limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín. Gonzalo López Abente, escritor e activista cultural a quen en 1971 se lle dedicou o Día das Letras Galegas, escribiu os poemas de Bretemada (unha metonimia de Galicia) entre os anos 1917 e 1922.