Este
sábado 25 de setembro, a partir das 22:00 h., dentro da Festa da Cultura que se celebra en Riotorto, desenvolverase un recital poético de autores da chamada Xeración dos 80, no que intervirán Xavier Rodríguez Baixeras, Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Forcadela, Xulio Varcárcel, Xavier Seoane, Luísa Castro e Cesáreo Sánchez.
Ese mesmo día celebrarase a Feira do libro e do disco galego, no marco da cal se realizarán as seguintes presentacións:
17:00 h. Xosé Chao Rego, por Bernardo García Cendán e Marcos Maceira.
18:00 h. Rosalía, o clamor da rebeldía, por Pilar García Negro.
19:00 h. Noente paradise, con Ugia Pedreira e Raquel Miragaia.
O programa completo da Festa da Cultura, desde o venres 24 até o domingo 26, pódese consultar aquí.

sábado 25 de setembro ás 18:30 h., na Ferrería Nova de Seoane, no Concello de Folgoso do Courel, terá lugar a presentación de Interseccións, o inconcluso proxecto conxunto que desenvolveran no seu día 
a
venres 24 de setembro, ás 20:30 h., no auditorio de Ribeira, a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Ribeira presentan o especial A Voz de Barbantia, que recompila os números que van do 26 ao 50 do suplemento cultural que se edita co xornal La Voz de Galicia o último venres de cada mes. No acto estarán presentes
alternos desde o 14 de outubro até o 23 de decembro retómase o
a