Arquivo da categoría: Aniversarios e efemérides
No niño novo do vento, exposición de Álvaro Cunqueiro en Santiago
O Instituto da Lingua Galega cumpre 40 anos
Santiago: Ato de homenagem a Ernesto Guerra da Cal
A
Academia Galega da Língua Portuguesa celebra o Centenário Guerra da Cal (1911-1994), cunha homenaxe o 17 de maio en Compostela e a apertura dunha páxina dedicada ao autor:
“O vindouro dia 17 de maio, Dia das Letras Galegas, às 11:30 em Compostela, diante do monumento a Ricardo Carvalho Calero, terão lugar os atos comemorativos neste dia de celebração em torno da nossa língua. O monumento está situado na rua lateral de entrada à Alameda de Compostela (entre a Alameda e a Rua Carreira do Conde). Neste sinalado dia terá lugar a merecida homenagem ao nosso professor galego de mais prestígio internacional, autor duma viçosa obra devotada à nossa comum cultura galego-portuguesa, para a qual viveu e pela que padeceu até morrer no exílio, consequente com as suas ideias e firmes ideais, sem por isso se iportar com ser sempre proscrito na sua pátria, e até maldito pelos que nela detêm ainda o poder. A continuação terá lugar uma leitura de poemas, seguida da lelitura de um manifesto à sociedade galega sobre a necessidade de apanhar o caminho certo para afrentarmos com êxito os nossos problemas linguísticos e culturais. Encerrado o ato, realizará-se um Roteiro de língua e história pelas ruas de Compostela, sob a orientação do Doutor André Pena Granha de participação livre e duração aproximada de uma hora.”
A Coruña: Encontro Cen anos con Cunqueiro da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, do 13 ao 15 de xullo
A
Universidade Internacional Menéndez y Pelayo organiza o Encontro Cen anos con Cunqueiro, que se celebra do mércores 13 ao venres 15 de xullo na Coruña. Para información, matrículas e bolsas, os interesados pódense dirixir á Secretaría de Alumnos do UIMP (Rúa San Francisco, s/n. Fundación Luís Seoane, 2º andar), 15001, da Coruña (teléfono 981-140830, fax 981-140825, correo electrónico: galiciasa@uimp.es). O importe da matrícula será de 129 euros (para o alumnado universitario haberá unha redución do 50%). Estará dirixido por Carlos González Reigosa, tendo como secretaria a Clara García Folgueira.
“Hai cen anos que naceu en Mondoñedo (Lugo) o escritor Álvaro Cunqueiro, autor dunha obra que retrata con incomparable riqueza toda a maxia e a realidade da súa terra e, á vez, do Ocidente que a contén. Ningún outro escritor soubo mostrar como el, en creacións certeiras e case sempre poéticas, a alma de Galicia, mediante un xogo de espellos culturais que, paradoxalmente, atinan a reflectir o menos visible, e, á vez, o máis profundo do noso ser. Os seus poemas, novelas, pezas dramáticas e artigos teñen en común unha visión poliédrica que, literariamente ensamblada, nos ofrece un mundo propio paradoxalmente moito máis verdadeiro e completo -e tamén máis revelador e máis desvelado- que o que comunmente temos por real.”
O programa está formado por:
* Mércores 13:
– 10:00 h. Introducción á vida e obra de Cunqueiro, por Carlos G. Reigosa.
– 12:00 h. Álvaro Cunqueiro en mi experiencia literaria, por Luis Mateo Díez.
– 17:00 h. La poesía de Cunqueiro, por César Antonio Molina.
* Xoves 14:
– 10:00 h. Álvaro Cunqueiro, un escritor nos xornais, por Víctor F. Freixanes.
– 12:00 h. El humor en la obra de Cunqueiro, por Marina Mayoral.
– 17:00 h. Álvaro Cunqueiro e o teatro; por Inmaculada López Silva.
* Venres 15:
– 10:00 h. Álvaro Cunqueiro, narrador, por Dolores Vilavedra Fernández.
– 12:00 h. Cunqueiro e familia: a cociña e outras estancias, por Domingo Villar.
– 17:00 h. Poética e poesía de Álvaro Cunqueiro, por Arcadio López Casanova.
A Coruña: maratón de lectura e charla de Xosé Neira Vilas
O venres
6 de maio, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar un Maratón de lectura en conmemoración do 50 aniversario da publicación do libro Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, entre as 17:00 e as 20:00 h. Posteriormente, o autor dará unha charla sobre a súa actividade literaria.
A Revista das Letras cumpre 20 anos
Lembranza de Álvaro Cunqueiro en Buenos Aires
(Galaxia)
Mondoñedo: exposición No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro
O venres 15 de abril, ás 13:00 h., no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, inaugúrase a exposición No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro, organizada pola Editorial Galaxia, a Fundación Penzol e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Mondoñedo.
Santiago: recital poético en conmemoración do 950º aniversario da institucionalización da primeira unión homosexual en Galiza
O mércores, cuarta feira, 13 de abril, ás 19:00 horas, na Cafetaría Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) de Santiago, terá lugar un recital, organizado pola Agrupación Cultural O Galo, en colaboración co Colectivo Gai de Compostela e a asociación BOGA – Lésbicas de Galiza, que conmemora o 950 aniversario da institucionalización máis antiga dunha unión homosexual conservada en Galiza. No acto participarán Alicia Fernández, Andrea Nunes Brións, Antía Otero, Antón Fortes, Asunción Arias, Carlos Callón, Carlos Lixó, Fran Cortegoso, Gonzalo Hermo, Gonzalo Vázquez, Lois Diéguez, Luís González Tosar, María Rosendo, Marica Campo e Rosa Enríquez. O lema da convocatoria é unha expresión latina que se encontra no documento de unión entre Pedro Díaz e Muño Vandilaz: “in totos dies et noctes, in omne tempus vel tempora”; isto é: “en todos os días e todas as noites, para sempre”.
