Pontevedra: presentación do Caderno e Audiovisual Manuel María

O Foto Manuel María Moañaluns 23 de maio, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa de Don Filiberto, 9-11), en Pontevedra, o Ateneo desta cidade organiza a presentación do Caderno e Audiovisual Manuel María, realizado por Manuel Anxo Méndez Fraguas, e editado e producido pola Agrupación Cultural Nós, coa colaboración do Concello de Moaña. No acto interveñen, xunto ao autor, Xaime Toxo e Xesús Cancelas. A obra contén unha presentación sobre a relación de Manuel María coa vila de Moaña na que realizou dous recitais de poesía e na que ten un paseo co seu nome por acordo unánime da Corporación Municipal.

A Consellaría de Cultura presenta dúas pezas audiovisuais sobre poemas de Manuel María

Desde Cultura Galega:

A pita choca e Biografía dunha folla son os títulos da dúas pezas audiovisuais que están a difundir a Secretaría Xeral de Cultura e mais a TVG sobre senllos poemas de Manuel María. Os vídeos, realizados por Algarabía Producións, amosan animacións sobre os temas destas composicións, que son recitadas por diferentes persoas. En paralelo, a Consellaría de Cultura presentaba onte na biblioteca González Garcés da Coruña a exposición Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004), a mostra itinerante que lle dedica ao autor homenaxeado no Día das Letras este ano. A mostra repasa en dez paneis “a personalidade de Manuel María e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais” a abordar “aspectos relevantes como a identificación do escritor coa terra e a paisaxe, o seu compromiso coa lingua galega, a súa faceta de clásico e precursor da vizosa literatura infantil galega da que hoxe gozamos, a súa participación na vida política, a súa poesía intimista ou a variedade de xéneros literarios que abordou”.

Logo de permanecer na Coruña ata o vindeiro 16 de maio, a exposición chegará o 17 a Outeiro de Rei para continuar despois o seu itinerario por Vilalba, Santiago de Compostela, Marín, Noia, Pontevedra, Vigo, Monforte de Lemos, Lugo, Ferrol, Ourense e Celanova.”

Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o sábado 7 e domingo 8

DoFeira Libro Bos Aires Compostela cidade convidada 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. A AELG está representada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente.

Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o sábado 7 de maio:
18:00 h. Festival de Poesía, Música e Baile. Con Miguel Anxo Fernán-Vello, a Agrupación Folklórica Baixo Miño, o Grupo de Gaitas da Sociedad de Vedra, a Agrupación Folclórica Galega Miña Terra/Sociedad Arantei, Vilamarín y A Peroxa, o Grupo de Gaitas y Bailes Tradicionales do Centro Galicia de Buenos Aires, o Centro Arzuano Melidense e o Grupo de Baile y de Música del ABC del Partido de Corcubión. Teatro Valle-Inclán do Centro Galicia.
19:00 h. Presentación de A noite enriba, de Diego Ameixeiras, publicado por Xerais. Co autor e Kike Ferrari. Stand.

E no domingo 8 de maio:
19:00 h. Proxección audiovisual de Os Xogos Florais do Idioma Galego, co seu autor, Xan Leira. Stand.

O Grove: 100 anos Manuel Lueiro Rey 1916-2016

O100lueiro venres 6 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, no Grove, terá lugar o acto 100 anos Lueiro Rey 1916-2016, co seguinte programa:
– Proxección do proxecto audiovisual Lueiro Rey. 100 anos, realizado polos alumnos e alumnas do CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes.
– Conferencia a cargo de Ramón Nicolás (biógrafo de Manuel Lueiro Rey) “Memoria de Lueiro Rey no seu centenario”.
– Actuación musical de Rosa Leiro (voz) e Juan Carlos Cambas (piano): obras musicadas de Manuel Lueiro Rey e outros autores galegos.
Durante o acto comezarase a recollida de sinaturas para solicitarlle á Real Academia Galega a concesión do Día das Letras Galegas a Manuel Lueiro Rey.

A Coruña: Gala de entrega de premios do VI Certame de Curtas para Rosalía

VI Certame de Curtas para Rosalía 2016DESCRICIÓN DA GALA
Concerto de Davide Salvado e a súa banda.
Entrega de premios e proxección das curtas gañadoras.

SOBRE O CERTAME CURTAS PARA ROSALÍA:
A AS-PG leva seis edicións do Certame de Curtas para Rosalía, unha aposta do audiovisual como forma de homenaxe e divulgación da Literatura Galega.
Curtas para Rosalía é un certame xa asentado dentro do audiovisual galego con cada vez maior número de participantes, entre os que encontramos tanto persoas cunha traxectoria audiovisual consagrada como xente nova que está a iniciar este difícil camiño.

2016: VI CERTAME DE CURTAS PARA ROSALÍA
Coincidindo esta edición con dous feitos moi relacionados coa cidade da Coruña: o nomeamento do escritor Manuel María, veciño da Coruña, autor ao que se lle dedica o día das Letras Galegas 2016 e a celebración do centenario da fundación das Irmandades da Fala que tivo lugar na Coruña en 1916, a AS-PG convocou nesta VI edición premios en tres categorías:
Premio Irmandades da Fala
Premio Manuel María
Premio Mellor curta VI edición

CURTAS FINALISTAS
-Na modalidade Irmandades da Fala:
Mira a miña pel de Pablo Kaufmann e Miriam Rodríguez
-Na modalidade de Manuel María:
Choiva de Denisse Lozano Hermida
Canción da hora na que ladran os cás de Millán Castro Vilariño
Telexornal Manuel María de Luís López Aldegunde
-Na modalidade de Mellor Curta da VI edición de Curtas para Rosalía:
Adiós Soidá de Fran X. Rodríguez
O espantallo amigo de Carlos Seijo
O prezo da dote de Chus Domínguez

ENTREGAN OS PREMIOS:
Na modalidade Irmandades da Fala: José Manuel Sande, concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña.
Na modalidade Manuel María: Saleta Goi, compañeira de Manuel María durante 46 anos
Na modalidade de Mellor Curta da VI edición: Xoán Costa, presidente da AS-PG

SOBRE DAVIDE SALVADO
Davide Salvado é unha das voces musicais máis representativas de Galiza. Leva media vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. Desa experiencia aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir.