“Continúa
a presentación de publicacións e novidades arredor da figura de Valentín Paz Andrade, homenaxeado nesta edición do Día das Letras. Máis de cen imaxes tiradas do álbum familiar de Valentín Paz Andrade compoñen a proposta que fai Ouvirmos arredor do autor na súa Fotobiografía. Textos de Miguel Anxo Seixas contextualizan este material e percorren a traxectoria do homenaxeado no día das letras. Xornais galegos como Faro de Vigo, La Voz de Galicia están a anunciar tamén as súas contribucións a esta homenaxe co lanzamento de diferentes publicacións sobre a vida e a obra deste persoeiro. Ao tempo, a empresa de alimentación Gadisa anunciou, que como vén facendo nos últimos anos, distribuirá dous millóns de bolsas con textos do homenaxeado na súa cadea de supermecardos. Canda a isto, agasallará aos seus establecementos 30.000 exemplares da novela de terro Formigas, de Tucho Calvo. Pola súa banda, a Consellaría de Cultura anunciou a celebración de concertos na rúa en diferentes localidades galegas. Os grupos Xardín Desordenado e Tender a Man interpretarán os versos deste autor nunha iniciativa que comeza hoxe en Vigo. Nestes días a CRTVG está a emitir os primeiros capítulos das Pílulas poéticas, unha serie de videopoemas sobre textos do homenaxeado.” Vía Cultura Galega.
Arquivo da categoría: Audiovisual
Valentín Paz Andrade na súa voz (I)
“Agosto de 1957. Entre o día 4 e o día 6, Valentín Paz Andrade visita o Centro Galego e imparte varias conferencias vinculadas á política e a economía de Galicia. Estes fragmentos, dixitalizados e seleccionados polo Arquivo Sonoro de Galicia a partir da Colección do Centro Galego de Bos Aires, permiten comprender o pensamento do empresario e intelectual. No interior do texto dispos das referencias concretas destes fragmentos de audio.” Vía Cultura Galega:
Vídeo de Celso Emilio Ferreiro: unha revisión no centenario do nacemento, por Ramón Nicolás
Vídeos históricos sobre Valentín Paz-Andrade
Booktrailer de Dark Butterfly, de Rexina Vega
Booktrailer do libro de Rexina Vega Dark Butterfly, publicado por Xerais, obra de Manuel Forcadela.
As silenciadas, de Pablo Ces, baseado nun traballo de Aurora Marco, gaña o Mestre Mateo 2011 ao mellor documental
O
documentario As silenciadas, de Pablo Ces, baseado na investigación Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, recibiu o premio ao mellor documental nos Premios Mestre Mateo 2011.
As silenciadas, documentario de Pablo Ces baseado na obra de Aurora Marco, nominado nos Premios Mestre Mateo 2011
O
documentario As silenciadas, de Pablo Ces, baseado na investigación Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, está nominado na categoría Documental nos Premios Mestre Mateo 2011, que se entragarán o sábado 28 de abril na Coruña. As silenciadas obtivo o premio Memória i Justícia Universal no III Festival Internacional de Cine de Dereitos Humanos de Santa Coloma de Gramanet en decembro de 2011.
Santiago: recital de Susana Sánchez Arins na inauguración da exposición Tic Tac…, de Laura Piñeiro
A Coruña: Semana das Lusofonias, os 24, 25 e 26 de abril
Castro de Rei: EntoleARTE. Proxecto de creación artística multidisciplinar no antigo manicomio de Castro
Este sábado, 14 de abril de 2012, entre as 12:00 e as 19:00 horas vaise desenvolver no Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro Ribeiras do Lea, Castro de Rei (Lugo) a derradeira fase do Proxecto EntoleARTE. Con esta xornada de portas abertas ponse o ramo a este proxecto efémero de creación artística multidisciplinar que denominamos EntoleARTE, promovido pola Rede Museística da Deputación de Lugo, xunto coas áreas de Cultura e Turismo e Benestar Social. O que comezou a súa andaina o 10 de marzo, remata este sábado, 14 de abril de 2012, coas exposicións, intervencións e actuacións programadas no edificio do antigo Hospital Psiquiátrico San Rafael, nunha xornada de intercomunicación dos creadores e das súas obras co público nun espazo tan singular, radical e telúrico coma este vello edificio do manicomio de Castro. O programa é o seguinte:
– 12:00 h.- Recepción por parte do comité organizador e apertura das instalacións ao público, ao que se lle facilitará un programa co itineraio para visitar as exposicións e co horario de cada unha das actuacións e intervencións previstas.
– 12:20 h.- Representación de Visitas guiadas, a cargo da Asociación Teatral do Miolo e Cía.
– 13:30 h.- Aparentemente de manicomio, performance de Paco Pestana.
– 14:00 h.- Representación dun fragmento de Na túa cara, in your face (baseada na vida e obra de Sarah Kane), a cargo da Compañía de Teatro USC-Lugo dirixida por Paloma Lugilde. Lugar: comedor.
– 15:45 h.- Representación de Metamorfose do señor López (fragmento) de Rubén Pérez Pombo (Palimoco Teatro). Lugar: corredor.
– 16:00 h.- Representación de Vacío de Alba Fernández (Palimoco Teatro) (creación a partir de 4.48 Psicosis, de Sarah Kane). Lugar: comedor.
– 16:15 h.- Emoción mutante, performance de Lomarti.
– 17:00 h.- Lectura de Identidade na Natureza, a cargo de Adela Figueroa.
– 17:10 h.- Danza. Representación de La maga (coreografía e interpretación a cargo de Marcela Aldavez). Lugar: Capela.
– 17:30 h.- Actuación musical a cargo de Os Minhotos por distintas dependencias do edificio.
– 17:50 h.- Danza. Representación de Pena Tirana, a cargo de Marcela Aldavez, coa asistencia coreográfica de Cristina Sánchez (Compañía Casa Bochinche). Lugar: Capela.
– 18:00 h.- Representación de A escoita do corpo, a cargo da Compañía de de Danza da USC-Lugo dirixida por Juan Carlos Zahera. Lugar: Cafetería.
– 18:25 h.- Actuación musical a cargo de Folgueada por distintas dependencias do edificio.
– 18:40 h.- Danza Butoh. Representación do Grupo Danza Butoh de Lugo. Lugar: Escaleiras, estancias e galería da planta primeira, con acceso desde o hall.
– 19:00 h.- Valoración, conclusións e clausura de EntoleARTE por parte do vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, e do deputado delegado da área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro.
– Proxección: durante toda a xornada proxectarase no salón de actos o documental Entre Marbella e Torremolinos (imaxes de manicomio) de Xosé Reigosa.
– Servizo de autocar. Nesta xornada haberá servizo de autocar gratuíto desde Lugo (Praza de Santo Domingo) ata o Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro de Rei (Lugo), ida e volta, para todas as persoas e cos seguintes horarios:
Saídas desde Lugo: 11:15, 12:30 e 16:00 horas.
Regreso a Lugo: 13:00, 17:00 e 19:30 horas.

