Booktrailer do libro de Rexina Vega Dark Butterfly, publicado por Xerais, obra de Manuel Forcadela.
Arquivo da categoría: Audiovisual
As silenciadas, de Pablo Ces, baseado nun traballo de Aurora Marco, gaña o Mestre Mateo 2011 ao mellor documental
O
documentario As silenciadas, de Pablo Ces, baseado na investigación Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, recibiu o premio ao mellor documental nos Premios Mestre Mateo 2011.
As silenciadas, documentario de Pablo Ces baseado na obra de Aurora Marco, nominado nos Premios Mestre Mateo 2011
O
documentario As silenciadas, de Pablo Ces, baseado na investigación Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, está nominado na categoría Documental nos Premios Mestre Mateo 2011, que se entragarán o sábado 28 de abril na Coruña. As silenciadas obtivo o premio Memória i Justícia Universal no III Festival Internacional de Cine de Dereitos Humanos de Santa Coloma de Gramanet en decembro de 2011.
Santiago: recital de Susana Sánchez Arins na inauguración da exposición Tic Tac…, de Laura Piñeiro
A Coruña: Semana das Lusofonias, os 24, 25 e 26 de abril
Castro de Rei: EntoleARTE. Proxecto de creación artística multidisciplinar no antigo manicomio de Castro
Este sábado, 14 de abril de 2012, entre as 12:00 e as 19:00 horas vaise desenvolver no Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro Ribeiras do Lea, Castro de Rei (Lugo) a derradeira fase do Proxecto EntoleARTE. Con esta xornada de portas abertas ponse o ramo a este proxecto efémero de creación artística multidisciplinar que denominamos EntoleARTE, promovido pola Rede Museística da Deputación de Lugo, xunto coas áreas de Cultura e Turismo e Benestar Social. O que comezou a súa andaina o 10 de marzo, remata este sábado, 14 de abril de 2012, coas exposicións, intervencións e actuacións programadas no edificio do antigo Hospital Psiquiátrico San Rafael, nunha xornada de intercomunicación dos creadores e das súas obras co público nun espazo tan singular, radical e telúrico coma este vello edificio do manicomio de Castro. O programa é o seguinte:
– 12:00 h.- Recepción por parte do comité organizador e apertura das instalacións ao público, ao que se lle facilitará un programa co itineraio para visitar as exposicións e co horario de cada unha das actuacións e intervencións previstas.
– 12:20 h.- Representación de Visitas guiadas, a cargo da Asociación Teatral do Miolo e Cía.
– 13:30 h.- Aparentemente de manicomio, performance de Paco Pestana.
– 14:00 h.- Representación dun fragmento de Na túa cara, in your face (baseada na vida e obra de Sarah Kane), a cargo da Compañía de Teatro USC-Lugo dirixida por Paloma Lugilde. Lugar: comedor.
– 15:45 h.- Representación de Metamorfose do señor López (fragmento) de Rubén Pérez Pombo (Palimoco Teatro). Lugar: corredor.
– 16:00 h.- Representación de Vacío de Alba Fernández (Palimoco Teatro) (creación a partir de 4.48 Psicosis, de Sarah Kane). Lugar: comedor.
– 16:15 h.- Emoción mutante, performance de Lomarti.
– 17:00 h.- Lectura de Identidade na Natureza, a cargo de Adela Figueroa.
– 17:10 h.- Danza. Representación de La maga (coreografía e interpretación a cargo de Marcela Aldavez). Lugar: Capela.
– 17:30 h.- Actuación musical a cargo de Os Minhotos por distintas dependencias do edificio.
– 17:50 h.- Danza. Representación de Pena Tirana, a cargo de Marcela Aldavez, coa asistencia coreográfica de Cristina Sánchez (Compañía Casa Bochinche). Lugar: Capela.
– 18:00 h.- Representación de A escoita do corpo, a cargo da Compañía de de Danza da USC-Lugo dirixida por Juan Carlos Zahera. Lugar: Cafetería.
– 18:25 h.- Actuación musical a cargo de Folgueada por distintas dependencias do edificio.
– 18:40 h.- Danza Butoh. Representación do Grupo Danza Butoh de Lugo. Lugar: Escaleiras, estancias e galería da planta primeira, con acceso desde o hall.
– 19:00 h.- Valoración, conclusións e clausura de EntoleARTE por parte do vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, e do deputado delegado da área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro.
– Proxección: durante toda a xornada proxectarase no salón de actos o documental Entre Marbella e Torremolinos (imaxes de manicomio) de Xosé Reigosa.
– Servizo de autocar. Nesta xornada haberá servizo de autocar gratuíto desde Lugo (Praza de Santo Domingo) ata o Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro de Rei (Lugo), ida e volta, para todas as persoas e cos seguintes horarios:
Saídas desde Lugo: 11:15, 12:30 e 16:00 horas.
Regreso a Lugo: 13:00, 17:00 e 19:30 horas.
Na matricial Galiza, poema de Valentín Paz Andrade musicado por 2nafronteira
“Música de 2nafronteira para un poema de Valentín Paz Andrade (Letras Galegas 2012): Na matricial Galiza, que el dedicou ao retorno de Castelao a Galiza. Gravado ao vivo no estudio de Gino Borio, Cascinette d’ Ivrea, abril 2012.”
Valentín Paz Andrade (telexornal)
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“(…) Vía blogue de Carlos Callón, este imaxinativo e útil vídeo sobre Valentín Paz Andrade: unha verdadeira alfaia feita no CPI dos Dices en Rois. Parabéns a quen o levaron a cabo con tanto bo facer.
Santiago: Encontro Festlatino 2012. As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional
O
Consello da Cultura Galega ten como encomenda estatutaria a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Nos últimos anos véñense desenvolvendo encontros e convenios con distintas institucións públicas e entidades culturais con vistas a contribuír ao diálogo da cultura galega con outras culturas e á súa proxección no exterior. Nesta liña de traballo o Consello da Cultura Galega organiza en colaboración co Movimento Festlatino o seminario As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional que terá lugar o martes, 3 de abril de 2012, na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Nel participarán representantes de institucións das distintas culturas da península ibérica vinculadas á súa proxección exterior e á promoción do diálogo intercultural (Institut Ramón Llull, Instituto Camões, Instituto Cervantes, o propio Festlatino), xunto a persoas de recoñecido prestixio no ámbito cultural e universitario galego. O encontro está coordinado por Henrique Monteagudo (Consello da Cultura Galega) e Humberto França (Movimento Festlatino).
O Festlatino é nun movemento cultural, literario e educacional que ten como obxectivo fomentar o diálogo cultural entre os países e zonas de linguas e culturas neolatinas de Europa, África, Américas e Asia. Anualmente celebra un congreso no Recife e seminarios preparatorios en varios países de linguas neolatinas que reúnen persoas relevantes do ámbito da escrita, filoloxía, profesorado, arte, estudantado, diplomacia, xornalismo, xestión e liderado cultural e político e promoción cultural. O Movimento Festlatino ten como presidente de honra ao Dr. Mário Soares, ex-Presidente da República Portuguesa, e está dirixido por un consello formado por vinte e seis personalidades do mundo da cultura e linguas de doce países. O seu coordinador xeral é Humberto França.
Para asistir é preciso confirmar asistencia previamente no correo electrónico difusion@consellodacultura.org. O programa do Encontro é o seguinte:
– 09:30 h. Inauguración.
– 10:00 h. O Instituto Camões e a proxección internacional da cultura e a língua portuguesa, por Ana Paula Laborinho, Instituto Camões.
– 11:00 h. El Instituto Cervantes y su proyección americana, por Francisco Moreno, Instituto Cervantes.
– 12:00 h. Pausa.
– 12:30 h. Mesa redonda: A literatura e o audiovisual galegos e a súa proxección internacional. Con Suso de Toro, Manuel Bragado e Margarita Ledo, moderados por Humberto França.
– 16:00 h. O movemento Festlatino e a súa proxección internacional, por Isabel Pires de Lima, Festlatino.
– 17:00 h. Promocionando la literatura catalana, por esos mundos de Dios, por Àlex Susanna, do Institut Ramon Llull.
– 18:00 h. Pausa.
– 18:30 h. Mesa redonda: As institucións galegas e a proxección internacional da cultura galega. Con Enrique Sáez Ponte, Francisco Fernández Rei e Valentín García, moderados por Henrique Monteagudo.”
San Paio de Narla, Friol: Castronela. Revista oral nº 1
O
sábado 31 de marzo de 2012, a partir das 19:00 horas, no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol, Lugo), terá lugar a presentación da revista oral de periodicidade anual Castronela. Nº 1, cunha duración aproximada de 1 hora e media, baixo a coordinación de Antonio Reigosa. Este é o sumario de contidos:
– Portada musical: Alén do teu recordo (letra: Marica Campo e Mero Iglesias), por Mini e Mero (3’).
– Coleccións do Museo Fortaleza San Paio de Narla: Ao trope e ao paso (útiles de montar), por Mª Rosario Fernández González (10’).
– Música: A Rosiña do Estanqueiro (Parrafeo tradicional), por Mini e Mero (3’).
– Algo de literatura (I): Tres edificios (fragmento), do libro Finísimo pó nas ás, por Xerardo Quintiá (5’).
– Música: Penélope (Letra: Xosé Mª Díaz Castro. Música: Mero Iglesias), por Mini e Mero (3’).
– Algo de historia: O farmacéutico Julio Castro Ves en Friol, por Higinio Martínez Fernández de la Vega (10’).
– Música: Aradiño (letra: Manuel María / Música: Antón Campelo), por Mini e Mero (3’).
– Algo de literatura (II): Tres edificios (fragmento), do libro Finísimo pó nas ás, por Xerardo Quintiá (5’).
– Algo de tradición musical: Xota de Caroi, Muiñeira de Calvos e Mazurca de Lampai, polas Pandereiteiras do CPI Dr. López Suárez de Friol (10’).
– Friol na internet: O blog Friol. Algo máis que pan e queixo, por José Mª Carricoba Armesto e Blanca Castro Gerpe (10’).
– Música: Aquí (letra e música: X. L. Rivas Cruz), por Mini e Mero (3’).
– Algo de literatura (e III): Son de nácara, Volver sobre as cousas, Ir polo camiño e sentir e Mazinguer Z coroado de chorimas, poemas do libro Fornelos & Fornelos. Primeira Fundación, por Xerardo Quintiá (5’).
– Algo de memoria: Tiempo de ilusión. Tiempo de recuerdo, programa da serie Vivir cada día de TVE dirixida por J. Luis Rodríguez Puértolas, emitido o 28 de marzo de 1979. Protagonizado por varios nenos e nenas, a mestra e outras persoas de Friol (12’).
– Música: Canto de berce (tradicional), por Mini e Mero (3’).
– Opinión: Intervención do público (5’).
– Epílogo: por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’).
– Contraportada musical: Crime da Xestosa (tradicional, letra de Prado Lameiro), por Mini e Mero (3’).

