Do martes 16
ao xoves 18 de novembro, na sede da Fundación Caixa Galicia de Santiago, e no marco de Cineuropa, desenvólvese a oitava edición do Foro Academia Aberta 2010, que baixo o título Creatividade na crise. Adaptarse ou desaparecer, afondará no problema da crise económica estructural e en como potenciar as dificultades para convertelas en oportunidades de éxito apoiándose, sobre todo, na creatividade e na innovación. Coordinado por Manolo González, o Foro contará con tres mesas redondas. O martes 16, baixo o título O Financiamento afondará nas novas formas de financiamento que posibiliten producir proxectos viables. Nesta mesa participarán contando a súa experiencia Luis Miñarro, produtor de cine independente; Rubén Zarauza, produtor; e Toni Carrizosa, director de produción. O mércores 17, será o momento de falar dos procesos intermedios que posibilitan o contacto do publico coa obra audiovisual, a Explotación e difusión de obras. Para afondar no tema os convidados serán Jaume Ripoll, director de proxecto de Filmin; Jorge Carrasco, especialista en Cine Dixital; e María Yáñez, produtora de contidos de A Navalla Suíza. Xa para finalizar, o xoves 18 porá o seu peche cun coloquio adicado aos Creadores. A pesares da crise xeral na que está sumido o sector, existen creadores que seguen sacando adiante os seus filmes baixo a etiqueta “de baixo orzamento” e acadando importantes éxitos dentro e fóra das nosas fronteiras. Albert Serra, director; Ángel Santos Touza, director; Mario Iglesias, director; e Olaia Sendón, documentalista; serán os encargados de afondar neste tema. Todas as mesas redondas serán ás 18 horas. Máis información na páxina web da Academia Galega do Audiovisual, ou descargando o programa en formato .pdf: Foro Academia Aberta 2010.
Arquivo da categoría: Audiovisual
Booktrailer de Todo é silencio, de Manuel Rivas
(Xerais)
Antonio Reigosa, entrevistado no Expreso de Medianoite pola súa obra Guía ilustrada da Galicia invisible
(Xerais)
Entrevista de David Cantero en TVE a Manuel Rivas
(Xerais)
Vigo: V Ciclo de mesas redondas Escritores/as na Universidade: Novas artes literarias? O vídeo poema, con Lara Bacelo e María Lado
O V
Ciclo
de mesas redondas Escritores/as na Universidade, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Facultade de Tradución de Vigo, continúa o xoves 4 de novembro a partir das 12:00 h. no Salón de Actos da Facultade Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, coa participación de Lara Bacelo e María Lado na mesa redonda Novas artes literarias? O vídeo poema, onde se realizarán proxeccións comentadas de vídeopoemas realizados polas autoras para tratar as posibilidades expresivas fornecidas polas novas tecnoloxías e o seu rendemento práctico en relación coa difusión da poesía. A presentación do acto corre a cargo de Manuel Forcadela.
A Coruña: XXVII edición de Galeusca, do 29 de outubro ao 1 de novembro
Organizados
pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, os encontros Galeusca chegan á súa XXVII edición, congregando na cidade da Coruña, entre os días 29, 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro, a escritores e escritoras da AELG, da Euskal Idazleen Elkartea e da Associació d´Escriptors en Llengua Catalana.
As sesións da XXVII Congreso Galeusca celebraranse na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga s/n.) da Coruña, baixo o epígrafe Literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe con futuro.
O XXVII Congreso Galeusca promoverá neste 2010 o debate ao redor da importancia das nosas literaturas en lingua propia como subministradoras de contidos para unha fértil industria cultural que a todos e todas sen excepción preocupa e interesa, pois na lingua e na literatura susténtase a identidade senlleira dun pobo, unha historia pensada e debuxada tamén polos seus escritores e escritoras, voces reveladoras dunha viaxe colectiva cara un país con futuro propio. Para falar destes aspectos e doutros puntos de vista que o tema suxira, distribúese o programa:
Venres, 29 de outubro:
Chegada das delegacións
22:00 Cea (Restaurante A Penela –Praza de María Pita, 12–).
Sábado 30 de outubro
10:00-11:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura e o audiovisual, coordinada por Raúl Veiga:
• Héctor Carré
• Harkaitz Cano (elaboración do relatorio) | Ander Iturriotz (relator)
• Manel Bonany
11:30-12:00 Pausa café
12:00-13:30 Mesa redonda: As viaxes na literatura, coordinada por Xulio L. Valcárcel:
• Anxo Angueira
• Urtzi Urrutikoetxea
• Ignasi Riera
14:15 Xantar (Restaurante A Penela –Praza de María Pita, 12–).
17.00: Percorrido Rosaliano pola Coruña, por Diego Pardo Amado (con saída na Rúa do Príncipe,3 –Cidade Vella–).
18.30: Recepción na Casa do Concello da Coruña (Praza de María Pita, 1).
22.00 Cea (Restaurante A Penela –Praza de María Pita, 12–).
Domingo 31 de outubro
10:00-11:30 Asemblea da Federación Galeusca.
11:30-12:00 Pausa café.
12:00-13:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura como modelo de convivencia de vellos e novos soportes, coordinada por Tati Mancebo:
• Marcos S. Calveiro
• Nikolas Zimarro
• Guillem-Jordi Graells
14.15 Xantar (Restaurante Ruído en la cocina –Praza de María Pita, 1B–).
19:00-20:00 Recitado/Lectura de textos + Música:
• Olalla Cociña e Dores Tembrás
• Nikolas Zimarro
• Miquel Bezares
• Xabier Díaz (música).
22.00 Cea (Restaurante Ruído en la cocina –Praza de María Pita, 1B–).
O luns 1 de novembro regresarán as delegacións invitadas.
Nova colección de antoloxías poéticas coa súa propia voz en Edicións do Cumio
A AS-PG convoca o II Certame de Curtas para Rosalía
A
Asociación Pedagóxica Galega (AS-PG) convoca o II Certame de Curtas para Rosalía. Se a primeira edición deste certame tivo como motivo central a figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento, resulta evidente que, pasada esta efeméride, as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo descubertas xa que o mundo rosaliano é aínda un mundo revelador e con propostas clarificadoras para hoxe. A este certame poderán participar os traballos realizados ou producidos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 e rodados en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros), cuxa temática sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno; ou aquelas curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto, de calquera época, da Literatura Galega. A preinscrición deberá realizarse antes do 15 de decembro e a definitiva, co envío dos traballos, o 24 de febreiro. Haberá un primeiro premio de 2.000 € e outro premio de 1.000 € para menores de 30 anos. As bases pódense descargar aquí.
Vídeo do Roteiro Literario de Lóuzara 2010
Este é o vídeo do Roteiro Literario de Fiz Vergara Vilariño en Lóuzara deste ano: .
Grazas á Agrupación Cultural Ergueitos.
Roteiro literario de Pensa nao, de Anxo Angueira
Roteiro literario de Anxo Angueira pola xeografía de Pensa nao:
A través do blog de Xerais.