Lois Diéguez falará na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña informa da celebración dunha charla do escritor Lois Diéguez, intitulada “Dunha nación e dun tempo: autobiografía literaria”. Será o vindeiro xoves 10 de xaneiro, ás 20:30 horas, no salón de actos da asociación (R/ Olmos 16-18, 1º), con entrada libre. (Asociación Cultural Alexandre Bóveda)

A AELG entrega documentación sobre os escritores á Real Academia Galega

«A Real Academia Galega (RAG) recibe hoxe unha serie de documentos proporcionados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Estes documentos consisten en fotos, biografías, mostras de obras, traducións, entrevistas e artigos publicados por ou sobre os escritores, entre outros; e pasarán a formar parte do Centro de Documentación de Escritores Galegos.» (Galicia-Hoxe.com)

Presentación n’A Coruña de “Ramón Martínez López”, de X. Amancio Liñares Giraut

A obra biográfica Ramón Martínez López, de X. Amancio Liñares Giraut, será presentada na Libraría Couceiro d’A Coruña (Praza do libro) o mércores 13 de xuño ás 20:30 horas. No acto intervirán Arsenio Ferraces (profesor de Filoloxía Latina na Universidade da Coruña), Carlos Velasco (profesor de Historia Contemporánea na Universidade da Coruña) e o propio autor.

Santiago: presentación de “Outro mundo é posíbel: o reino da necesidade de Vandana Shiva”, de Anna Cervera i Iglesias

A presentación do libro Outro mundo é posíbel: o reino da necesidade de Vandana Shiva, de Anna Cervera i Iglesias (Baía Edicións – Servizo Galego de Igualdade), terá lugar en Santiago o próximo martes día 5 de xuño, ás 19:00 horas, na Sala de Conferencias da Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural). Intervirán, ademais da autora, Ana Luísa Bouza Santiago (Directora Xeral do SGI) e María Xosé Agra Romero (Profesora da USC).

Actos da A. C. O Facho da Coruña

“A Agrupaçom Cultural O Facho organiza os seguintes actos para o dia 15:
-Às 12:00 horas do 15 de Maio de 07, O Facho fará umha oferenda floral diante do Monumento ao poeta Curros Enríquez nos Cantões, em lembrança e reconhecimento da obra poética de Maria Mariño.
-Às 20:00 horas a professora Dores Valcárcel Guitiám mostrará um esboço da vida e obra de Maria Mariño, fazendo umha exposiçom sobre os aspectos e próprios da poética da homenageada. Local: Paideia (Praça de Maria Pita, A Corunha).”

Presentación en Compostela de “Ramón Martínez López”, de X. Amancio Liñares Giraut

A obra biográfica Ramón Martínez López, de X. Amancio Liñares Giraut, será presentada na Feira do libro de Compostela (Alameda) o mércores 2 de maio ás 19:00 horas. No acto intervirán o presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, os escritores Xoán Xosé Fernández Abella e David Otero e o propio autor.