Taboleiro do libro galego XLII (marzo de 2016), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Unha nova entrega do Taboleiro do libro galego. Grazas, nesta ocasión, ás trece librarías colaboradoras: Andel, Casa do Libro, Libros para Soñar, Cartabón e Librouro de Vigo; Miranda de Bueu; Biblos de Betanzos; Trama de Lugo; Suévia e Moito Conto da Coruña; Pedreira e Lila de Lilith de Compostela e, finalmente, Cronopios (Santiago e Pontevedra).

NARRATIVA
1º-. Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, Galaxia.
2º-. Manuel Rivas, O último día de Terranova, Xerais.
3º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais.
4º-. Antón Riveiro Coello, Os elefantes de Sokúrov, Galaxia.
5º-. Manuel Portas, Lourenço, Xograr, Galaxia.
6º-. Alberto Fortes, O dobrón de a oito, Xerais.
7º-. Marcos Calveiro, Fontán, Galaxia.
8º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais.
9º-. Pedro Feijoo, Morena, perigosa e románica, Xerais.
10º-. Manuel Iglesias Turnes, Que non te aten, Xerais.

POESÍA
1º-. María do Cebreiro, O deserto, Apiario.
2º-. Rosalía de Castro, Follas novas, Xerais (edición de Anxo Angueira).
3º-. Ismael Ramos, Os fillos da fame, Xerais.
4º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.
5º-. Manuel María, Terra Chá, Fundación Manuel María.
6º-. VV.AA., Dez anos na Porta, A porta verde do sétimo andar.
7º-. Manuel María, Antoloxía poética, Galaxia.
8º-. Paco Souto, e Caín, Laiovento.

ENSAIO-TEATRO
1º-. Mercedes Queixas, Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, Galaxia.
2º-. Jorge Mira, María Canosa, Dani Padrón, ¿A que altura está o ceo?, Alvarellos.
3º-. Manuel Veiga, Manuel María buscando un país, Xerais.
4º-. Mercedes Queixas, De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal, Xerais.
5º-. Carlos L. Bernárdez, Un pintor que sabía o que facía, Laiovento.

XUVENIL
1º-. Andrea Maceiras, Europa Express, Xerais.
2º-. Carlos Meixide, Ons, autoedición.
3º-. Antonio Manuel Fraga, Tártarus, Xerais.
4º-. Agustín Fernández Paz, A neve interminable, Xerais.
5º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.

INFANTIL
1º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.
2º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. Estíbaliz Espinosa, Caer de cu polo universo, Apiario.
4º-. Érica Esmorís, Nena e o mar, Xerais.
5º-. Mariana Ruiz, A viaxe de mamá, Kalandraka.

LIBROS CD-DVD
1º-. Uxía, Uxía canta a Manuel María, Casa-Museo Manuel María.
2º-. Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.
3º-. Margarita LedoManuel María: eu son fala e terra desta miña terra,  Nós Produtora Cinematográfica Galega.
4º-. Pirilampo, Teatro de Guiñol, Galaxia.
5º-. As Maimiñas, Unha viaxe polo mundo, Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, (trad. de Xavier Senín e Isabel Soto), O papiro do César, Xerais.
2º-. Luís Davila, O bichero V, Edición do autor.
3º-. Jacobo Fernández Serrano, Marcopola 3, Xerais.”

“Queremos sacar o divulgador que todo investigador leva dentro”

Desde559b971d168e8-ciencia_2 Praza:
“A ciencia tamén é cultura. Iso é algo que sempre tiveron moi claro os responsables de Cultura Galega, o portal informativo do Consello da Cultura Galega. Aínda que os contidos científicos sempre estiveron moi presentes (por exemplo a través dos artigos de Xurxo Mariño, convertidos posteriormente en dous libros), o portal quere agora dedicarlle á divulgación científica un espazo propio e destacado, que levará o nome de Setestrelo.
A sección foi presentada este luns, coa presenza de Francisco Díaz-Fierros (vicepresidente do CCG), Marilar Aleixandre (catedrática da USC e membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG), a xornalista Iolanda Casal e Manuel Gago (director de culturagalega.gal). O obxectivo, destacaron, é afondar nos contidos relacionados coa ciencia, e “explicala a un público xeral, de maneira lixeira, divulgadora”. Setestrelo publicará monográficos, artigos de expertos, reportaxes e libros electrónicos e comeza a súa andaina cun especial dedicado á investigación en física de partículas e ao CERN, a organización científica con sede en Suíza e que acolle o LHC ou Gran colisor de Hadróns.
Iolanda Casal destaca o interese crecente existente na sociedade sobre a ciencia, como se pode ver nalgunhas enquisas recentes, coma a publicada hai uns meses pola FECYT. “Creo que é cada vez máis obvio para todo o mundo a importancia da ciencia na nosa vida. De forma moi evidente os contidos relacionados coa saúde, e tamén pola irrupción das tecnoloxías nas nosas vidas, cada vez máis próximas, por exemplo nos smartphones que levamos na man ou nos ordenadores que manexamos todos o días”, destaca. Sinala que o uso de Internet permitiu multiplicar as fontes de información sobre a ciencia, e non só para as persoas relacionadas con estes campos, senón para todo o mundo, “contribuíndo a alimentar esa curiosidade”.
Casal sinala que a divulgación científica é hoxe en día fundamental “para visibilizar a achega da ciencia, evitando que os investigadores e o seu traballo sexan un ente abstracto”. “Queremos amosar quen son, onde están, que fan”, engade. Isto, ademais, será importante para situar a ciencia e a investigación no lugar que merecen na sociedade, nun momento de recortes para os centros de I+D e para os seus traballadores e traballadoras. “Vivimos unha crise moi profunda, e afortunadamente vai callando o discurso de que a aposta pola sociedade do coñecemento pode ser a solución”, di.
Ademais das reportaxes e contidos xornalísticos, en cada monográfico Setestrelo contará coa colaboración de expertos específicos. “Queremos chamar ao divulgador que cada investigador leva dentro”, destaca Iolanda Casal, que sinala que “ata hai pouco non era tan común que un investigador fose tamén un divulgador, e mesmo creo que non estaba ben visto”. “Hoxe non, hoxe hai un esforzo importante por achegar a ciencia ao público xeral”, engade. (…)”

Donostia: charla sobre A través do espello: a literatura mira para as científicas, por Marta Macho Stadler

O1425387949038bannerfaladoiros2015 martes 28 de abril, ás 19:30 horas, no Museo de San Telmo (Praza de Zuloaga, 1) de Donostia, terá lugar a conferencia A través do espello: a literatura mira para as científicas, con Marta Macho Stadler, do Departamento de Matemáticas da Facultade de Ciencia e Tecnoloxía da Universidade do País Vasco, dentro do Ciclo de conferencias Científicas, escritoras, lectoras. Nas fronteiras da ciencia e a literatura, como parte do certame literario Inspiraciencia, que contan coa colaboración da AELG.

Tenerife: charla sobre A voz das mulleres en ciencia, con José Antonio Bustelo

O1425387949038bannerfaladoiros2015 venres 10 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca pública de Santa Cruz de Tenerife (C/ Comodoro Rolín, 1), terá lugar o faladoiro A voz das mulleres en ciencia, con José Antonio Bustelo, director da Escola de Literatura Científica Creativa de Tenerife, dentro do Ciclo de conferencias Científicas, escritoras, lectoras. Nas fronteiras da ciencia e a literatura, como parte do certame literario Inspiraciencia, que contan coa colaboración da AELG.

Pontevedra: faladoiro Isabel Zendala: cando a literatura rescata a ciencia, con María Solar

O1425387949038bannerfaladoiros2015 venres 27 de marzo, ás 18:00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar o faladoiro Isabel Zendala: cando a literatura rescata a ciencia, coa participación de María Solar, dentro do Ciclo de conferencias Científicas, escritoras, lectoras. Nas fronteiras da ciencia e a literatura, como parte do certame literario Inspiraciencia, que conta coa colaboración da AELG.
A historia está repleta de científicos esquecidos e de grandes xestas da ciencia cubertas pola capa da invisibilidade que tantos escritores soñaron para os seus personaxes de ficción. Os problemas da divulgación científica e a fenda entre ciencias e letras colaboran nese esquecemento. Mais, a literatura pode xurdir como un elemento rescatador da ciencia e dos científicos. Desde a Literatura infantil e xuvenil á de adultos. Asi sucede coa esquecida Isabel Zendala, a coruñesa reitora da casa de expósitos que en 1803 acompañou ao doutor Balmis na Real Expedición Filantrópica da varíola que axudou a que hoxe sexa a única enfermidade erradicada do mundo grazas a unha vacina.

Compostela: conferencia Expedicións científicas reais e imaxinarias, por Marilar Aleixandre

O mércores 23 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n) de Santiago de Compostela, Marilar Aleixandre, pronunciará a conferencia Expedicións científicas reais e imaxinarias, dentro do programa de charlas de Inspiraciencia.
“A curiosidade pola exploración de lugares descoñecidos guiou sempre os naturalistas. Dende Plinio que morreu no século I por achegarse ao volcán Vesuvio, as viaxes a selvas, illas, mares, o Ártico, os desertos ou a Lúa ampliaron o coñecemento sobre a natureza, aínda que serviron tamén a outros intereses. Falaremos dalgunhas expedicións reais, doutras imaxinarias (como a dos personaxes de Verne ao centro da Terra) e das que están a medio camiño entre o real e o inventado.”

Vigo: comeza a Feira do Libro 2013

O venres 28 de xuño bota a andar a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), cos seguintes actos literarios destacados neste día:

Venres 28
18:00 h. O escritor Xurxo Mariño asinará na caseta de Martin Códax Libraría Universitaria.
19:00 h. Inauguración. Pregón a cargo de Manuel F. Vieites, director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
20:30 h. Escribir en galego para que nos lean en todo o mundo. Coloquio cos escritores Francisco Castro, Xabier López López e Álex Oviedo, escritor e editor de Libros de Pizarra). Presenta o acto Ramón Nicolás.