Arquivo da categoría: Coloquios
Vigo: presentación de Os largos e longos campos de liño azul, de Isaac Xubín
A Coruña: Proxección de Vértice de Versos e coloquio posterior
O 15 de febreiro, no Centro Ágora da Coruña, terá lugar a proxección de Vértice de Versos e coloquio posterior na Coruña, unha iniciativa de Carlos Lorenzo, coa colaboración da AELG.
O 15 de febreiro, no Centro Ágora da Coruña, terá lugar a proxección de Vértice de Versos, documental realizado por Carlos Lorenzo.
Posteriormente, terá lugar un coloquio coa participación do seu autor, Carlos Lorenzo, xunto a Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán-Vello e Emma Pedreira, que será moderado por Mercedes Queixas Zas.
Esta actividade está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e o Centro Ágora, coa colaboración da AELG.
Pontevedra: Vermú entre libros con María Xosé Queizán
A Coruña: conversa-recital con Susana Sánchez Arins e Celso Fernández Sanmartín
Pontevedra: Teñamos a poesía en Paz con Berta Dávila, Antonio García Teijeiro e Marcos Viso
Vigo: conversa sobre Iso que chamamos amor… que vén sendo?
Compostela: presentación de Vixencia do pensamento de Marx, traducido por Rafa Vilar
O
7 de febreiro, ás 19:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), en Santiago de Compostela, a A. C. O Galo organizado o coloquio con motivo da presentación de Vixencia do pensamento de Marx, editado por FESGA. Este libro recolle “Karl Marx. Estudio biográfico cunha exposición do marxismo” da autoría de V. I. Lenin, xunto cun estudo sobre o marxismo realizado por Claudio Katz, con tradución de Rafa Vilar. No acto intervirán Suso Seixo e Luís Gonçales Blasco-Foz.

















