O
xoves 27 de febreiro, ás 20:00 horas, na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12) de Ourense, terá lugar un faladoiro ao redor do libro A xanela insólita, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Urco Editora.
Arquivo da categoría: Coloquios
Ferrol: presentación de Xalundes, coloquio e recital do Grupo Surrealista Galego
O
xoves 27 de febreiro, ás 19:30 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204) en Ferrol, preséntase o poema visual Xalundes do Grupo Surrealista Galego. Posteriormente haberá un coloquio sobre as súas actividades e un recital poético de varios dos seus membros.
Pontevedra: II Xornadas sobre o Entroido de Galiza
Gondomar: Manuel Rivas participa en Espazo Lectura para falar da súa obra O raposo e a mestra
O
sábado 1 de febreiro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, vaise celebrar unha nova sesión do club de lectura compartida en familia Lendo contigo, actividade que organiza a asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión contarase coa presenza de Manuel Rivas, que falará do seu último libro infantil: O raposo e a mestra (Xerais, 2013). Ao remate da sesión, haberá unha interpretación das cancións do libro a cargo da Banda dos Cueiros no que se poderán aprender e cantar pezas tan coñecidas como Frère Jacques, Des kleine krokodil ou I can sing a rainbow. Aqueles nenos e nenas que queiran participar de maneira activa na actividade, formando parte do coro da Banda, teñen que estar a partir das 11:00 horas na Biblioteca de Gondomar para un divertido ensaio xeral.
Santa Cristina de Cobres, Vilaboa: charla-coloquio de Francisco Castro
Compostela: xornada 30 anos de novela negra galega, o 6 de febreiro
Máis información e inscrición aquí.
Madrid: conferencia-coloquio de Montserrat Pena Presas: Soñar para nenas e mozos en galego
Lugo: conferencia-coloquio sobre O rexurdir do nacionalismo galego
Gondomar: Nada se esquece, de Puri Ameixide, en Espazo Lectura
O
martes 14 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, terá lugar a primeira sesión do ano do club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, na que se falará sobre a novela proposta para este mes: Nada se esquece, da autora Puri Ameixide, publicado por Redelibros, nun acto en que a autora se achegará á biblioteca para falar cos lectores e lectoras que desexen participar.
Santiago: presentación de Ámote Leo A. Destino Xalundes, de Rosa Aneiros
O
mércores 18 de decembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela (Avenida Xoán XXIII, s/n), preséntase Ámote Leo A. Destino Xalundes, de Rosa Aneiros, publicado en Xerais. Previamente, a partir das 18:00 horas, a autora manterá un encontro coas lectoras e lectores do Clube de Lectura Xuvenil da Biblioteca e o Clube de Lectura CleCa de Santiago de Compostela.







