Arquivo da categoría: Conferencias
O Corgo: inauguración da exposición A Bretaña que hai en Nós
A Coruña: Conversas arredor da Candeloria e o Imbolc gaélico, céltico, con Felipe Senén
A Coruña: “Murguía. Un século despois”, con Henrique Rabuñal
Gres, Vila de Cruces: “Importancia literaria e informativa dos epistolarios de Neira Vilas” Encontro con Xesús Alonso Montero
A evolución política do Reino Medieval Galego séc X- XV. Conversa con Francisco Rodríguez
Vigo: “Aproximación literaria á fotografía de grupo”, a cargo de Xavier Queipo
Compostela: Xornada técnica “O patrimonio cultural dixital en Galicia”
Vigo: presentación de Etceteramente, de Xelís de Toro
A Coruña: conferencia “Luz Pozo Garza: fusión de poesía e vida”, por Olivia Rodríguez González
O 30 de novembro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Olivia Rodríguez González, profesora de Filoloxía da UDC e comisaria da exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza, poesía, arte e vida (1922-2022) exhibida de xuño a novembro de 2022 na Biblioteca de Galicia para conmemorar o centenario da poeta, falará sobre “Luz Pozo Garza: fusión de poesía e vida”.
Destaca en Luz Pozo Garza a capacidade artística de converter a experiencia vital en poesía. Pódese así reconstruír, na lectura dos seus textos, momentos biográficos que deveñen símbolos diante do misterio da vida. A poeta deixou escrito que quería contribuír ao poema total axudando a desentrañar ese misterio, cunha obra ofrecida como a forma persoal de prender unha chama, de acender unha lámpada.
As persoas interesadas deben enviar os seus datos a través deste formulario.