Vila Nova de Gaia: conferencia O crânio de Castelao e outras incursões galegas de Miguel Miranda, por Carlos Quiroga

O Carlos Quirogasábado 21 de maio, ás 15:30 horas, na Casa-Museu Teixeira Lopes (Rúa Teixeira Lopes, 32), de Vila Nova de Gaia (Portugal), Carlos Quiroga pronunciará a conferencia O crânio de Castelão e outras incursões galegas de Miguel Miranda. Posteriormente haberá outra conferencia de Pierre-Michel Pranville, co título Um dos mais expressivos representantes do romance policial português – Miguel Miranda, participando como moderadora Isabel Rio Novo.

Lisboa: (Des)encontros galego/portugueses, conferencia de Mercedes Queixas sobre Manuel María: Voltar a Portugal, dourada luz que ilumina

desencontros_grandeDEF“O Centro de Estudos Galegos da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova Lisboa (FCSH/NOVA) organiza o ciclo de eventos (Des)Encontros Galego-Portugueses, que ten lugar en Lisboa durante os meses de marzo, abril e maio no local da Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. Estruturado en seis sesións monográficas, abordará temas como a lingua, a historia e a cultura da fronteira, a emigración, as loitas pola democracia ou a relación de Manuel María con Portugal e a súa cultura.
Pechará o ciclo, o 20 de maio, unha conferencia de Mercedes Queixas Zas sobre a relación de Manuel María con Portugal e a súa cultura, nunha ponencia que leva por título Voltar a Portugal, dourada luz que ilumina.
O Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses é organizado en parcería co Centro Galego de Lisboa e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega. Fai parte do programa de actividades culturais do Centro de Estudos Galegos da FCSH/NOVA, que integra a rede de Centros de Estudos Galegos no exterior da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.”

A Coruña: conferencia “Unha outra mirada sobre a poesía de Manuel María, por Manuel López Foxo

OManuel María xoves 19 de maio, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña, Manuel López Foxo, especialista na obra de Manuel María, impartirá a conferencia Unha outra mirada sobre a poesía de Manuel María. A entrada será libre para o público interesado.

O Couto (Ponteceso): actos destacados no Festiletras o xoves 19

OFestiletras 2016 Festiletras 2016, que terá lugar na aldea do Couto (Concello de Ponteceso), terá os seguintes actos destacados no xoves 19 de maio:
12:00 h., na Fundación Eduardo Pondal. Homenaxe a Manuel María. Con Miguel Mato. Recital poético da mocidade, co alumnado do IES de Ponteceso.
17:00 h., na Casa dos Veciños. Os vellos non deben de namorarse, de Fantoches Baj.

Roma: conferencia de María do Cebreiro

OMaría do Cebreiro mércores 18 de maio, ás 18:00 horas, na Sala Dalí do Instituto Cervantes de Roma (Piazza Navona, 91), María do Cebreiro falará sobra a súa obra, do panorama poético galego hoxe e lerá algúns dos seus poemas. O recital está organizado polo profesor Attilio Castellucci, responsable do Centro di Studi Galeghi della Sapienza Università di Roma, en colaboración co Instituto Cervantes.