“Primeira.- Poderán participar nel todos os autores e as autoras que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial.
Segunda.- As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman, tamaño de fonte 12) a unha soa cara e a dous espazos, ou de 75 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman, tamaño de fonte 12) a dúas caras e a dous espazos.
Terceira.- As obras presentadas terán que ser inéditas.
Cuarta.- De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Deputación de Ourense, rúa Progreso n.º 32, 32003 Ourense, facendo constar no exterior Para o XXXVII Premio Blanco-Amor. Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e o enderezo do autor ou autora e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico.
Quinta.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o venres 14 de setembro de 2018, cento vinte e un aniversario do nacemento, en Ourense, de Eduardo Blanco-Amor.
Sexta.- O xurado do premio será nomeado pola Deputación de Ourense e a Fundación Eduardo Blanco-Amor, e estará composto por cinco membros de recoñecido prestixio no ámbito da cultura galega. Facúltase ao xurado para a interpretación e integración das posibles dúbidas nestas bases en todo o relativo á concesión do premio.
Sétima.- O premio estará dotado con 15.000 € e unha obra escultórica.
Oitava.- O premio poderase declarar deserto, de non existiren obras de calidade adecuada a xuízo do xurado.
Novena.- O xurado reunirase con tempo suficiente antes da entrega do premio e fará pública a súa decisión, perante os medios de comunicación.
Décima.- A concesión do premio implicará a cesión ao autor dos dereitos da primeira edición en lingua galega da obra. A dita edición deberá realizarse nun prazo máximo dun ano dende a data da entrega do premio, quedando sen efecto a cesión no caso de que no dito prazo non se leve a cabo.
O gañador deste premio comprométese a participar en cantas presentacións do libro lle requira a Deputación de Ourense ou a Fundación Eduardo Blanco-Amor, ata un máximo de dez.
As obras non premiadas devolveránselles aos/ás autores/as que o soliciten nun prazo dun mes contado dende o día do veredicto. En caso de non recollerse dentro deste prazo os orixinais serán destruídos.
Décimo primeira.- A entrega do premio terá lugar nun acto literario organizado pola Deputación de Ourense e a Fundación Eduardo Blanco-Amor, o sábado 1 de decembro de 2018, trinta e nove cabodano do autor de A Esmorga.
Décimo segunda.- O feito de concorreren a este premio presupón que os/as autores/as aceptan estas bases.”
Arquivo da categoría: Premios narrativa: convocatorias
Convocatoria do Concurso de Relatos de Muller Matilde Bares 2018
Desde o Concello de Bueu:
“Primeiro. Beneficiarios
Esta convocatoria está dirixida a persoas físicas maiores de idade.
Segundo. Obxecto
O CIM de Bueu pretende fomentar a través da creación literaria a difusión do valor da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a corresponsabilidade nas obrigacións familiares e sociais e o tratamento da Violencia de xénero. Non optarán a premio aqueles relatos que inclúan contidos sexistas ou que incidan na intolerancia en calquera dos seus aspectos.
Terceiro. Bases reguladoras
Bases e convocatoria que rexerán os premios con motivo do Día Internacional da Muller para a difusión do valor de igualdade e oportunidades entre mulleres e homes, corresponsabilidade en materia de obrigas familiares e tratamento de violencia de xénero.
Cuarto. Importe
Premio único de 1.500,00 € (aplicarase sobre a base do premio a correspondente retención do IRPF).
Quinto. Prazo de solicitudes
Co fin de garantir o anonimato, os traballos presentaranse segundo o procedemento seguinte:
• No Rexistro Xeral do Concello de Bueu, situado na rúa Eduardo Vincenti número 8. Código Postal 36930, Bueu. Pontevedra. Farase constar no sobre IX Concurso de Relatos de Muller Matilde Bares.
• Por correo postal dirixido ao Rexistro Xeral do Concello de Bueu nun sobre co título IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares. O selo que certifique a data de envío haberá de ser visible.
• As solicitudes podrán ser presentadas a partir da publicación do extracto das bases no BOP. También serán publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica e naáp gina web do Concello para a súa consulta polas persoas interesadas.
• O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de decembro de 2018.
• Se a documentación estivese incompleta farase un requerimento dentro do prazo de dez días hábiles para a súa subsanación. Transcorrido o prazo e non realizada, a solicitude será desestimada.
Sexto. Outros datos
Os relatos só se poderán presentar en lingua galega. As persoas concursantes presentarán unha declaración xurada na que se manifeste que o seu relato é orixinal, inédito e non premiado con anterioridade en calquera outro concurso ou certame. Esta declaración presentarase nun sobre pechado titulado “Declaración xurada”. Os traballos presentaranse, debidamente paxinados, en soporte papel e en formato electrónico (CD/DVD), este último asinado pola persoa participante. Terán unha extensión non inferior a 20 folios nin superior a 40, escritos por unha soa cara, letra Times New Roman, tamaño 12 e interliñado 1,5. O incumprimento da letra ou do espírito deste apartado implicará a non aceptación do premio. Os relatos en papel entregaranse por duplicado, co título da obra, lema e sen firma.
Ademais, entregarabse nun sobre pechado co nome e apelidos, enderezo, número de teléfono, correo electrónico e fotocopia do DNI do autor/a. No exterior do sobre indicarase o título da obra e a lema do autor/a. O CD/DVD tendrá que presentarse asinado e incluír o relato en PDF. De apreciarse discrepancias entre a documentación presentada en papel e en formato electrónico, prevalecerá esta última. Cada autor/a poderá presentar o número de relatos que estime oportuno.
Bueu, a 8/05/2018.”
Obras finalistas dos Premios Xerais 2018
Os Premios Xerais fallaranse o sábado 2 de xuño
I Concurso Literario de Microrrelatos Aliteraclara
Bases da convocatoria do XXX Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega
Bases do XXV Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey
Bases do XXV Certame Literario de Poesía, Narración Breve e Microteatro de Cambre, 2018
XXX Premio de Novela Manuel García Barros
Bases do XV Certame Literario Concello de Ames
Aquí está a Ficha de Participación.