Aquí está a Ficha de Participación.
Arquivo da categoría: Premios narrativa: convocatorias
Bases do XXIII Certame Literario de Piñor, 2018
“A Asociación Música e Cultura de Galicia convoca o XXIII Certame Literario de Piñor na especialidade de narracións breves.
1.- Establécense dúas categorías, premiándose os dous mellores relatos en cada unha delas:
-Categoría A para participantes maiores de idade.
-Categoría B para participantes menores de idade.
2.- Na categoría A premiaranse os dous mellores relatos, con 150 euros para o primeiro clasificado e 125 para o segundo. Entregaráselle ademais a cada un deles un diploma acreditativo do seu galardón e un obsequio conmemorativo.
Na categoría B premiaranse os dous mellores relatos, con 75 euros para o primeiro clasificado e 60 para o segundo. Entregaráselle ademais a cada un deles un diploma acreditativo do seu galardón e un obsequio conmemorativo.
Ningún concursante poderá obter dous premios na presente edición deste certame, polo que no caso de ter puntuación suficiente para dous, outorgaráselle soamente o mais importante.
Un premio poderá ser declarado deserto cando o xurado así o determine e sempre por causa fundamentada.
Para recibiren os seus galardóns os gañadores deberán comparecer obrigatoriamente no acto de entrega de premios, perdendo ese dereito no caso contrario.
3.- Os relatos, de temática libre, deberán ser orixinais, inéditos, en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames. A súa extensión non excederá de 10 folios, por unha soa cara e con interliñado de duplo espazo. Ademais deberán presentarse mecanografados e encabezados por un lema ou pseudónimo.
4.- Os relatos enviaranse por correo ordinario á sede social da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia (Rúa do Pito, 1. CP 32930. San Lourenzo de Piñor. Ourense), indicando no sobre: PARA O XXIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR. Xunto coas narracións, os participantes deberán envia-los seus datos nun sobre no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que participan. Dentro del, figurará o nome e apelidos do autor, idade, enderezo, correo electrónico e número de teléfono.
Os relatos tamén poderán ser enviados mediante un correo electrónico a justocalvio@yahoo.es con dous arquivos Word, contendo o primeiro deles, denominado “relato”, a obra a concurso, o lema ou pseudónimo, e a categoría na que participa; e o segundo, denominado “plica”, o lema ou pseudónimo e os datos persoais que se esixen do autor.
5.- O prazo de admisión pecharase o martes, 15 de maio de 2018.
6.- O fallo do xurado será inapelable e a entrega dos premios terá lugar o sábado, 26 de maio do 2018, pola tarde, no Teatro Principal da cidade de Ourense.
7.- Os relatos premiados serán editados na web da asociación Música e Cultura de Galicia, reservándose tamén os organizadores o dereito de publicalos en libros e outros medios de difusión. Os gañadores deberán enviar por correo electrónico os seus traballos á organización do certame, antes da entrega de premios. Destruiranse tódalas narracións presentadas ao certame, polo que non serán devoltas aos seus autores.
8.- A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ao xurado e o feito de presentaren as súas obras supón a conformidade dos participantes coas presentes bases.
Ourense, 1 de marzo de 2018″
Bases do XV Concurso de Relatos Liceo de Noia
Bases do VI Concurso de Micro-relatos OZOCOgz 2018
Podes ler as BASES AQUÍ.
Bases do VI Concurso de microrrelatos Ribeira Sacra Concello de Parada de Sil
“O Concello de Parada de Sil, grazas á doazón do catedrático Don Eugenio Prieto Pérez, natural de este municipio, convoca un concurso de microrrelatos.
BASES
1. Os
autores han de ter en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión no contar e no emprego da linguaxe, ademais dunha trama paradoxal e sorprendente.
2. Os microrrelatos son de tema e estilo libre e poderán estar escritos en galego ou castelán. Serán orixinais e inéditos. Cada autor so poderá participar cun microrrelato.
3. A extensión do texto non excederá as 200 palabras en formato DIN A-4 a dobre espazo, e tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.
4. O prazo de entrega finaliza o 3 de marzo de 2018. Para os enviados por correo postal contarase como data de entrega a da presentación na oficina de envío.
5. A presentación dos traballos pode facerse a través dos seguintes medios:
I. Correo electrónico dirixido a concursorelatos@paradadesil.es. No asunto porase o título completo da obra. No devandito correo, achegaranse dous arquivos en formato Word:
– O primeiro conterá a obra e como nome levará o mesmo que o título do traballo.
– O segundo titularase “PLICA” (nome do traballo). Conterá os datos do participante: nome e apelidos, ano de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.
Todas as plicas gardaranse nunha carpeta protexida e as obras serán lidas polo xurado de forma anónima.
Esta conta de correo é única e exclusiva para o envío dos microrrelatos e non se abrirá ata a data de finalización do prazo de entrega de microrrelatos ao concurso. Para calquera dúbida pódese enviar un correo a concello@paradadesil.es.
II. Correo Postal: Os traballos remitiranse por triplicado ao seguinte enderezo:
Concurso de Microrrelatos. Concello de Parada de Sil. Praza Campo da Feira, nº 1. 32740 Parada de Sil. Ourense.
Os textos enviaranse só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) pechado, incluirase unha ficha co título do relato, autor, data de nacemento, enderezo postal, email e teléfono, así como unha declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.
6. O concello, como organizador, designará o xurado competente que estará presidido polo catedrático e hispanista don Antonio Carreño.
7. O fallo do xurado farase público o 30 de abril de 2018 e será inapelable.
8. Dotación e fallo do premio:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
9. A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas, que se celebrará no Concello de Parada de Sil o día 17 de maio de 2018.
10. A inscrición neste certame supón a total aceptación das bases.
11. Todas as persoas participantes autorizan ao Concello de Parada de Sil á utilización do relato citando o autor ou autora do mesmo.
Parada de Sil, 11 de xaneiro de 2018
A Alcaldesa
Yolanda Jácome”
Bases do XVII Certame de Relatos de Aventuras Antón Avilés de Taramancos
Convocado o XV Premio de Narración Curta Concello de Marín
Concurso Balbino de relatos 2018
Bases da 35ª edición do Premio Xerais de Novela 2018
Bases do VIII Premio Narrativas Quentes
“1.
Poderá concorrer a este premio calquera obra narrativa inédita, sexa novela ou relatos, cunha extensión mínima de 60 folios mecanografados a dobre espazo e máxima de 150, que estea escrita en lingua galega, e que a temática teña relación co sexo, co erotismo.
2. Os traballos deberán enviarse por triplicado. Adxuntarase sempre o enderezo, teléfono e correo electrónico, e unha fotocopia do DNI en sobre á parte.
3. Prazo límite de presentación: 15 de xuño de 2018.
4. Haberá un único premio que consistirá na publicación do texto premiado. Dito premio pode quedar deserto.
5. O fallo do xurado farase público o seis de setembro de 2018, e acto seguido presentarase a edición da obra premiada.
6. Os orixinais non premiados non serán devoltos.
A obra a concurso e a documentación relativa remetirase ao seguinte enderezo:
EDICIÓNS POSiTiVAS
VII PREMIO NARRATIVAS QUENTES
Rúa das Carretas, 18, baixo
15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA”








