Arquivo da categoría: Premios narrativa: convocatorias
Mañá, 10 de xuño, finaliza o prazo para presentar orixinais á 16ª edición Premio Novela por entregas de La Voz de Galicia
“1.- La Voz de Galicia, S.A. convoca un concurso para elixir a novela por entregas que se publicará durante o mes de agosto do 2016 na edición impresa de La Voz de Galicia e na súa páxina web.
2.- Poderán participar todas as persoas que presenten unha novela inédita e que non opte a outros concursos, escrita en idioma galego e que responda ás seguintes características:
· Deberá constar de 31 capítulos destinados á súa publicación diaria ao longo de todo o mes de agosto do 2016.
· Cada capítulo terá exactamente a mesma extensión, que se fixa en 3.500 caracteres, con espazos incluídos.
3.- As obras presentaranse en catro copias, impresas a dobre espazo e por unha soa cara.
Ademais, requírese o envío dunha copia do escrito en versión PDF gravado nun CD ou lapis dixital. Os orixinais faranse chegar a 16.º Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Avenida da Prensa, parcelas 84 e 85. Polígono Industrial de Sabón (15143) Arteixo (A Coruña), polo sistema de plica cerrada, introducindo nela os datos do autor que permitan poñerse en contacto con el no caso de resultar finalista ou gañador. Os orixinais que non sexan reclamados no prazo dun mes a contar desde o momento do fallo serán destruídos.
4.- O prazo de presentación de orixinais permanecerá aberto ata o 10 de xuño do 2016, incluído.
5.- O xurado, designado pola organización do premio, darase a coñecer conxuntamente co seu fallo, que será inapelable e que se fará público antes do 25 de xullo do 2016 no xornal e na páxina web.
6.- Establécese un único premio, que estará dotado con 9.000 euros, cantidade que estará suxeita á normativa do IRPF e, en particular, á retención que legalmente corresponda a conta do devandito imposto. O premio levará aparellada a publicación da novela nas páxinas de La Voz de Galicia ao longo dos 31 días do mes de agosto do 2016 e, simultaneamente, a súa aparición na páxina web. Establécese tamén como pago dos dereitos de autor da primeira edición da obra gañadora para o caso de que sexa La Voz de Galicia quen a publique en formato libro dentro do ano 2016. Noutro caso, o autor quedará facultado para negociar a edición libremente.
7.- Os participantes responsabilízanse da autoría real e orixinalidade da novela, así coma dos seus contidos, que non poderán ser ilícitos, ofensivos ou discriminatorios, nin lesionar bens ou dereitos de terceiros. O feito de participar no premio implica a cesión non exclusiva polo autor premiado a La Voz de Galicia, S.A. dos dereitos de explotación sobre a novela, incluíndo os dereitos de reprodución, recompilación en libro, transformación, distribución e comunicación pública, para todo o mundo, polo máximo prazo de tempo que recoñece a lei aos titulares dos dereitos e por calquera medio ou soporte. Así mesmo, o autor premiado cede en exclusiva a La Voz de Galicia, S.A. os dereitos de edición da obra durante o ano 2016, nos termos indicados no apartado 6º.
8.- Os datos remitidos polos autores conservaranse nas plicas cerradas ata o fallo do premio e, unha vez fallado, incorporaranse ás bases de datos de La Voz de Galicia, S.A. Ao participar, os autores consenten expresamente que La Voz de Galicia, S.A. trate os seus datos para xestionar o premio e ofrecerlles periodicamente información sobre os seus produtos, actividades, servizos e accións, aínda logo de finalizada a actuación. Igualmente, o consentimento outorgado considérase prestado para ceder os seus datos a outras empresas do Grupo ao que pertence La Voz de Galicia, S.A. relacionadas cos sectores editorial, de producción audiovisual, de medios de comunicación e investigación de mercados, mercadotecnia e opinión, que pode atopar referenciadas na web www.lavozdegalicia.es, co fin de informar dos seus produtos ou servizos e facer ofertas comerciais. Os autores poderán en calquera momento oporse, acceder, cancelar e rectificar os seus datos ou oporse ao seu tratamento con fins promocionais a través do e-mail lopd@lavoz.es ou dirixíndose ao enderezo indicado no apartado 3, acreditando debidamente a súa personalidade.
O nome e imaxe do gañador e dos finalistas poderá ser obxecto de comunicación pública nas actuacións que poida levar a cabo La Voz de Galicia, S.A., sempre que a comunicación pública estea relacionada coa súa participación no concurso.
9.- A participación nesta convocatoria implica a total aceptación das súas bases. La Voz de Galicia, S.A. resérvase o dereito de interpretalas ante calquera dúbida que puidese xurdir.”
Concurso de relatos científicos Inspiraciencia 2016. Aberto o prazo de votación popular
Aberto
o prazo de votación popular para o Concurso de relatos científicos Inspiraciencia 2016, que conta coa colaboración da AELG
INSTRUCIÓNS PARA VOTAR
Participa na votación para decidir os mellores relatos do público!
ATENCIÓN: Para poder votar antes debes rexistrarte na web. Se xa o fixeches con anterioridade, abonda con que introduzas usuario/a e chave e vaias ao formulario da páxina de votación.
As votacións permanecerán abertas ata o 12 de xuño.
Cada participante poderá dar un único voto por relato, sen restrición do número de relatos votados. O premio do público premiará os relatos máis votados das dúas categorías con independencia da lingua na que se escribiron.
Lémbrase que o concurso dispón dun equipo de moderación para que os relatos sexan publicados de maneira áxil no sitio web. Este equipo encargouse tamén de facer a preselección dos relatos que pasaron á presente fase: as votacións de público e xurado. Se o teu relato non aparece na selección de relatos a votar é que non foi seleccionado. De todos os xeitos, animámoste a axudarnos a decidir o premio do público.
Podes comunicar calquera incidencia sobre leste tema ou calquera outro relativo ao concurso en info@inspiraciencia.es
Moitas grazas por participar en INSPIRACIENCIA!
Qué é Inspiraciencia?
Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica.
É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dunha maneira lúdica e participativa. Pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia, desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar o labor creativo e o espírito científico como unha forma de pensar realidades antes non imaxinadas.
Bases do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica
Bases do XXVIII Premio de Narrativa Torrente Ballester 2016
Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2016
“A
Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.
Se queres participar, aquí podes revisar as bases do certame. Corrección de erros publicada no DOG do 25 de abril de 2016.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de xuño de 2016.
A quen vai dirixido?
Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
Máis información:
981 541 689 / 981 545 702
roteiros.ctb@xunta.es”
Convocada a XXXV edición do Premio Blanco Amor de novela longa
De
conformidade co que aprobou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na sesión do día da data [15 de abril de 2016], convócase a XXXV edición do Premio Blanco-Amor de novela longa, unha vez vista a proposta de bases elaborada polos servizos provinciais, con suxeición ás seguintes bases:
Primeira.- Poderán participar nel todos os autores e autoras que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial.
Segunda.- As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman, tamaño de fonte 12) a unha soa cara e a dous espazos, ou de 75 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman, tamaño de fonte 12) a dúas caras e a dous espazos. Achegaranse tamén en soporte informático.
Terceira.- As obras presentadas terán que ser inéditas.
Cuarta.- De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Deputación de Ourense, rúa Progreso n.º 32, 32003 Ourense, facendo constar no exterior Para o XXXV Premio Blanco-Amor. Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor ou autora e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico.
Quinta.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o mércores 14 de setembro de 2016, cento dezanove aniversario do nacemento en Ourense de Eduardo Blanco-Amor.
Sexta.- O xurado do premio será nomeado pola Deputación de Ourense. Estará composto por cinco membros de recoñecido prestixio no ámbito da cultura galega. Facúltase ao xurado para a interpretación e integración das posibles lagoas nas presentes bases en todo o relativo á concesión do premio.
Sétima.- O premio estará dotado con 12.000 € e unha obra escultórica.
Oitava.- O premio poderase declarar deserto, de non existiren obras de calidade adecuada a xuízo do xurado.
Novena.- O xurado reunirase con tempo suficiente antes da entrega do premio e fará pública a súa decisión, perante os medios de comunicación.
Décima.- A concesión do premio implicará a cesión ao autor dos dereitos da primeira edición en lingua galega da obra. A dita edición deberá realizarse nun prazo máximo dun ano dende a data da entrega do premio, quedando sen efecto a cesión no caso de que no dito prazo non se leve a cabo.
O gañador deste premio comprométese a participar en cantas presentacións do libro lle requira a Deputación de Ourense, ata un máximo de dez.
As obras non premiadas devolveránselles aos/ás autores/as que o soliciten nun prazo dun mes contado dende o día do veredicto. En caso de non recollerse dentro deste prazo os orixinais serán destruídos.
Décimo primeira.- A entrega do premio terá lugar nun acto literario organizado pola Deputación de Ourense, o xoves 1 de decembro de 2016, trinta e sete cabodano do autor de A Esmorga.
Décimo segunda.- O feito de concorreren a este premio presupón que os/as autores/as aceptan as presentes bases.
Ourense, 15 de abril de 2016. O presidente.
Asdo. José Manuel Baltar Blanco.”













