Nova edición de Poemas Pendurados de Farolas adicada ao COVID-19

“A NPG Nova Poesia Guitirica retoma a IV edición dos Poemas pendurados de farolas que fora adicado nas tres edicións anteriores á violencia machista, os lumes e as liberdades básicas. Nesta edición será a pandemia do coronavirus a temática que debe inspirar os poemas que convertirán as rúas de Guitiriz nun poemário e as súas farolas en páxinas de poemas para a súa lectura na rúa e que como xa é tradicional serán colocadas a comenzos do ano 2021. Poesía con temática social e actual, comprometida coa realidade e creativa que cada ano sae á rúa para a súa lectura.

POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS. BASES

A temática deste ano será o COVID-19. Cada poeta, de calquera idade ou nacionalidade poderá participar con un poema de estilo libre e en idioma galego ou portugués en calquera das súas normativas. Os poemas, de extensión máxima de un folio e en formato word, poderán ser enviados entre o 1 de novembro e o 15 de decembro aos correos npggazeta@gmail.com e dosvilares@gmail.com

Cada poema será publicado nas nosas redes sociais e editados conxuntamente nunha publicación dixital na nosa web www.npggazeta.gal para a súa descarga gratuita. Na segunda fin de semana de 2021, os poemas recebidos serán colocados nas farolas do concello de Guitiriz convertindo cada unha delas na páxina dun poemario aberto monográfico arredor da pandémia que estamos a padecer para a lectura da cidadanía a pé de rúa.”

Convocatoria do Manifesto polo 25 N. 25 Voces pola Eliminación da Violencia contra a Muller



Con motivo da conmemoración anual do 25 de Novembro coma Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller, a Asociación Cultural CALDALOBA e o portal web Culturalia GZ deciden convocar o MANIFESTO POLO 25 N. 25 Voces pola Eliminación da Violencia contra a Muller, unha antoloxía que amosará desde a vertente poética (textual, imaxinativa, gráfica) a visión particular de 25 artistas da palabra e/ou da imaxe arredor do 25 N.
Cada persoa só poderá achegar UNHA única obra ao seguinte enderezo electrónico info@culturaliagz.com.
A data límite para a recepción de obras será o 8 de novembro. A continuación realizarase unha selección de 25 obras de todas as achegadas, e que, segundo o criterio da organización, mellor reflictan o sentido da convocatoria.