A
revista Encrucillada homenaxea ao escritor Andrés Torres Queiruga, un dos teólogos galegos con máis peso no mundo católico celebrando nos vindeiros 28, 29 e 30 de outubro o seu tradicional Foro de Relixión e Cultura (que celebra a súa XXV edición) en Santiago de Compostela. Nesta edición, Encrucillada quere render, tamén, unha homenaxe ao seu antigo director, Torres Queiruga, quen se xubila este mesmo ano, pasando a ser profesor emérito da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago. Participarán nesta homenaxe compañeiros e escritores como Victorino Pérez Prieto, Xesús Ferro Ruibal ou Xosé Luís Barreiro Barreiro. O programa e emprazamentos pódense descargar neste enlace.
Arquivo da categoría: Encontros e Xornadas
A Coruña reflexiona sobre o libro electrónico
(Xornal)
Universidade da Coruña: VII Xornadas sobre Lingua e Usos
O
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as VII Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano versarán sobre as relacións entre lingua e sanidade, nomeadamente sobre a presenza da lingua galega no ámbito sanitario. As Xornadas terán lugar os días 1, 2 e 3 de decembro no salón de actos do Edificio Universitario do campus de Oza. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o día 24 de novembro. O programa pódese descargar aquí. Máis información neste enlace.
Simposio O libro e a lectura, organizado pola Asociación Galega de Editores
Como cada ano, a Asociación Galega de Editores organiza unha actividade formativa imprescindible que este curso chega á súa sétima edición e que conta co patrocinio de CEDRO. Trátase do Simposio O libro e a lectura, que abordará nesta ocasión o tema do Fomento da Lectura: Unha fronteira para o libro. Deste xeito, os días 18 e 19 de novembro, o Centro Social Caixanova (Praza de Cervantes 17) de Santiago de Compostela, acollerá as intervencións de varios expertos do panorama nacional e internacional que presentarán as súas propostas sobre promoción da lectura. Máis información e descargas do programa e da inscrición aquí.
Ourense: VII Encontro de Escritores/as de Ourense
O
próximo venres 22 e o sábado 23 de outubro terán lugar, no Liceo Recreo Ourensán, o VII Encontro de Escritores/as de Ourense, continuación dos Encontros iniciados polo Clube Alexandre Bóveda e que continuaron da man de Marcos Valcárcel e da Sección de Literatura do Liceo, nunha nova xeira na que Liceo, Gremio LiterAuria de Escritores, Libreiros e Editores, e a AELG, dan continuidade e reformulación aos Encontros neste ano 2010, coa colaboración, nesta ocasión, do Círculo Poético Ourensán. Todos os escritores ourensáns de residencia, adopción ou afección están especialmente convidados a participar nas actividades previstas, que inclúen un coloquio inaugural, unha sesión musical, a librería do encontro (cunha ampla selección de temáticas e autores ourensáns), a serie de “presentacións express” de libros editados en Ourense ou de temática ourensá editados no 2010, un mercado de manuscritos, a escritura, edición e posta á venda dun libro en 24 horas (Relato Express) en complicidade co público, e un recital poético onde o protagonista será Víctor Campio. Todo o programa pode ser consultado neste arquivo: Programa do VII Encontro de escritores-as de Ourense 2010.
Alonso Montero: “Luis Seoane era un galeguista españolista”
(Xornal)
O Clúster do Libro comeza a súa andaina cunhas xornadas de formación para o sector
Ponteceso: presentación do Outono Pondaliano
A
Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso presentou o proxecto lingüístico e cultural Outono Pondaliano, proposta dirixida a toda a poboación da comarca, tanto escolar como adulta, e desenvolverase todos os martes do vindeiro mes de novembro en horario de mañá e tarde. Na presentación deste proxecto, que se desenvolverá na Fundación Eduardo Pondal, participaron o presidente desta entidade e alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo; o xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Manuel Varela; o subdirector xeral de Política Lingüística, Xoán Rivas; o director de AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero; a directora do Centro Coreográfico de Galicia, Mercedes Fernández Suárez; o patrón da Fundación Eduardo Pondal José María Varela; e mais os directores e directoras dos centros educativos de Ponteceso. Outono Pondaliano artéllase en seis ciclos de actividades: Creatividade pondaliana, Aula viaxeira pondaliana, Encontros pondalianos, XIV Simposio Pondaliano, Libros pondalianos e Cestería viva, e nel participan, entre outros, Xesús Ferro Ruibal, Anxo Angueira e Darío Xohán Cabana.
Últimas prazas para o Foro Mugardos
O Culturgal celebrarase na Coruña entre o 10 e o 12 de decembro
A feira das industrias culturais galegas ten previsto celebrarse do 10 ao 12 de decembro na Coruña. O presidente da recentemente creada Asociación Culturgal, Xulio Amigo, reuniuse onte coa concelleira de Cultura coruñesa, María Xosé Bravo, acompañado polos tres membros da executiva de Culturgal: o vicepresidente da asociación, Ernesto Chao, o secretario, Cándido Meixide e a tesoureira, Beatriz Sieira, para comezar a andaina da que ten que ser a gran cita referencial da cultura galega. Polo de agora, o Concello da Coruña e Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) son os únicos apoios económicos garantidos para patrocinar o Culturgal, un encontro da industria da cultura que, en palabras do presidente da Asociación Culturgal, Xulio Amigo, “debe de estar sempre por enriba de circunstancias políticas” de tal xeito que o apoio se manteña independentemente de quen detente o poder no país.