Pontevedra: II Xornadas sobre o Entroido de Galiza

Santiago: presentación de Novos pasos por Bretaña, de Pemón Bouzas

O mércores 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Novos pasos por Bretaña, de Pemón Bouzas, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Eva Millán, Xurxo Fernández e Manuel Bragado.

Guitiriz: o centenario de Díaz Castro inaugura os actos do ano dedicado ao poeta

Desde Sermos Galiza:
“O ano no que a Academia decidiu adicar o Día das Letras Galegas a Díaz Castro é tamén o do seu centenario. Será o próximo 19 de febreiro a data na que con distintos actos en Guitiriz se conmemore os cen anos do seu nacemento, saída tamén para un ano de festexos arredor do autor de Nimbos, levados adiante pola A. C. Xermolos.
Unha ofrenda poético-floral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega no cemiterio de Guitiriz ás 17.00 horas iniciará unha sesión de tarde na que se darán cita no concello natal de Díaz Castro algunhas das máis madrugadoras iniciativas do ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Será ocasión tamén para inaugurar a exposición Nimbos de luz da Xunta, que quedará aberta na Casa Habanera e que conta con Alfonso Blanco -amigo e estudoso do autor- como comisario nun acto que contará tamén coa intervención do escritor Luís González Tosar e o investigador e crítico Armando Requeixo, autor a súa vez da primeira biografía do ano arredor do autor titulada Xosé María Díaz Castro. Vida e obra que se presentará a seguir.
A estrea do documental O instante eterno. de Xosé A. Cascudo, porá fin á xornada de homenaxe aberta ao público en Guitiriz, concello no que, desde primeiras horas da mañá, a lembranza será continua, de parte do alumnado da comarca, en especial, do centro que leva o seu nome.
O programa escolar comezará ás 10:30 coa visita á exposición por parte dos CEIP de Parga e Guitiriz. O espectáculo musical Zapatiños para Díaz Castro, de 2naFronteira inclúese tamén nunha xornada e mañá na que desde as 12:30 están convidados os colexios de Friol e o IES Urbano Lugrís da Coruña á festa da aniversario de Díaz Castro.”

Arteixo: presentación de De Liverpool ás Sisargas, de Xabier Maceiras e Fernando Patricio

O venres 14 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3, baixo) de Arteixo, preséntase o libro De Liverpool ás Sisargas. A derradeira travesía do Priam, de Xabier Maceiras Rodriguez e Fernando Patricio Cortizo, publicado por Edicións Embora.

Radiocrítica do 03-02-2014, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 3 de febreiro en Ames Radio (107.2 FM). Nesta ocasión, falei con Nazaret López sobre a novela O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila (I, 00:48); o volume de artigos Coa lingua na Terra de Héitor Picallo Fuentes (I, 6:58); o relato infantoxuvenil O castañeiro de abril de Antonio Manuel Fraga (II, 00:00) e mais o poemario As lavandas adáptanse a todo erro de navegación de Ramón Neto (II, 4:59).”