O
martes 29 de maio, ás 20:30 horas, na Aula Multimedia (baixo da Confraría) de Ribeira, a Asociación Altofalante e Barbantia presentan o libro Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez, publicado pola AS-PG. No acto, xunto ao autor, participa Xesús Laiño.
Arquivo da categoría: Ensaio
A Coruña: presentación de Outramente…, de Pilar García Negro
O
martes 22 de maio, ás 20:00 horas, na Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia (Cantóns da Coruña), preséntase o libro Outramente…, de Pilar García Negro, publicado en Laiovento. No acto, xunto á autora, participan Francisco Pillado, José Luis Gómez e María M. Val.
Viveiro: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
venres 18 de maio, ás 20:30 horas, no Salón de Usos Múltiples da Casa do Concello de Viveiro, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá o autor.
A Coruña: presentación de Queer-emos un mundo novo, de Teresa Moure
O
martes 15 de maio, ás 19:30 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Queer-emos un mundo novo, de Teresa Moure.
Malpica: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
luns 14 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Cívico de Malpica, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirán, xunto ao autor, Francisco Souto e Xosé Cotelo.
Ferrol: presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago
Barcelona: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
mércores 9 de maio, ás 20:30 horas, en Sargadelos (Carrer de Provença, 276) de Barcelona, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá o autor xunto a Ana Escourido.
As silenciadas, de Pablo Ces, baseado nun traballo de Aurora Marco, gaña o Mestre Mateo 2011 ao mellor documental
O
documentario As silenciadas, de Pablo Ces, baseado na investigación Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, recibiu o premio ao mellor documental nos Premios Mestre Mateo 2011.
Santiago: actividades destacadas do xoves 3 e venres 4 na Feira do Libro
Continúa
a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do xoves 3 e venres 4 de maio son as seguintes:
* Xoves 3:
– 19:00 h. Presentación dos libros Ruído de fondo, de Daniel Salgado e Os fillos do mar, de Pedro Feijóo, publicados por Xerais. Acompañará aos autores Manuel Bragado. Ao remate do acto, os escritores asinarán exemplares dos seus libros.
* Venres 4:
– 19:00 h. Presentación do libro Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, publicado por 2.0 Editora. Xunto cos autores, participa no acto Antón Lado.
– 20:00 h. Presentación do libro Un pozo moi fondo, do doutor José Luís Iglesias Díaz, publicado por Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Nieves Herrero e Francisco Castro.
Santiago: actividades destacadas do 1 e 2 de maio na Feira do Libro
Continúa
a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do martes 1 e mércores 2 de maio son as seguintes:
* Martes 1:
– 20:00 h. Mesa redonda: Segredos da novela histórica, coa participación de Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta. Ao final do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros.
* Mércores 2:
– 18:30 h. Presentación do libro Por un común denominador. A esquerda da nación, de Martiño Noriega, publicado por 2.0 Editora. Participan no acto Martiño Noriega e Manuel M. Barreiro.
– 19:00 h. Presentación do libro O silencio, de Mario Regueira, publicado por Xerais. Xunto co autor, participarán no acto Arturo Casas e Manuel Bragado.
– 20:00 h. Presentación de Dark butterfly de Rexina Vega. Intervirán: Armando Requeixo, Rosa Enríquez, Manuel Bragado e a autora
