Carballo: actividades destacadas do 13 e 14 de xullo na Praza dos Libros 2019

Finaliza a edición de 2019 da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 11 ao 14 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para este fin de semana, destacamos os seguintes:

Sábado 13
11:00 h. Un paseo entre viñetas, obradoiro de iniciación á banda deseñada a cargo de Manel Cráneo. Prazas limitadas.
11:30 h. Presentación de Diario sen datas dunha aborixe galega, de Diana Varela Puñal, publicado por Laiovento. Presentada por Fernando Cabezas Quiles.
12:30 h. Concerto-presentación do libro-disco Cores, contos e Rock’N’Roll, de Pakolas, publicado por Kalandraka. Coa colaboración de Laura Romero.
19:30 h. Sinatura de libros a cargo de Alberto Varela Ferreiro (Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, Xerais); Xan Fraga (Carballo na memoria, Phottic/Galaxia); e Isabel Villanueva (O galego mola, Hércules).
20:00 h. Sinatura de libros a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz e Laura Tova (Música no faiado, Xerais); Fernando Calvo Trincado (O vello dos chupetes, Círculo Rojo); e Xabier Maceiras (Antoloxía das Confidencias de Picadillo).

Domingo 14
11:00 h. Presentación de Nas cortinas do tempo, de José Antonio Andrade, publicado por Embora. Acompañado por Santiago Pazos e Xosé Manuel Varela.
12:00 h. Manuel Rivas presenta Contra todo isto e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, publicados por Xerais. Participa, xunto ao autor, Xosé Ameixeiras.
13:00 h. Sesión vermú con Aldaolado (Lucía Aldao e María Lado): Cría fama e bótate a correr.
18:30 h. Concerto-presentación do libro-disco As viaxes de Paio e Aurelio, de Oviravai, publicado por Galaxia.
20:00 h. Presentación de As ramonas, de Ana Cabaleiro, publicado por Galaxia. Participa xunto á autora Mercedes Queixas.
21:00 h. Presentación de Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira, publicado por Xerais. Participa Xurxo Chapela.

Carballo: actividades destacadas do sábado 23 e domingo 24 na Praza dos Libros

Finalizafeira-do-libro-carballo-2016 o domingo 24 esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 21 ao 24 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para estes dous días, destacamos os seguintes:

Sábado 23
12:30 h. Vermú científico. Conversa con Jorge Mira e presentación do seu libro ¿A que altura está o ceo?, publicado en Alvarellos.
18:30 h. Presentación de A música das árbores. Concerto e animación infantil con Servando Barreiro, a partir do libro-disco A música das árbores, publicado por Xerais.
19:30 h. Sinatura do poemario oso, mamá, si?, de María Lado, publicado en Xerais.
20:00 h. Presentación do libro álbum de recordos Lémbrome, de Xurxo Chapela, publicado por Positivas.
21:00 h. Aldaolado. Espectáculo musical, poético e humorístico de Lucía Aldao e María Lado.

Domingo 24
12:00 h. Benigno Campos presenta o seu último libro, Peixes e mariscos. As novas receitas de Benigno Campos, publicado por Galaxia.
18:30 h. Concerto infantil a partir do libro-disco Pitusa Semifusa, de Olga Brañas e a súa banda, publicado por Galaxia.
20:00 h. Presentación dos libros da colección Costa da Morte, de Edicións Embora, formado polo momento por: Reválida de sexto, de José Antonio Andrade Figueiras; Coristanco. As súas parroquias, de Evaristo Domínguez Rial; e Lembranzas de Malpica, de Xosé González Reyes.
21:00 h. O ciclo dos elementos. Conversa arredor dos libros A música dos seres vivos, Dende o conflito e En vías de extinción, de María Reimóndez, publicado por Xerais, con concerto de Canalé Cafuné.

Mariña Pérez Rei, Premio a artigos xornalísticos normalizadores de Carballo

Desde Sermos Galiza:
“O xurado do premio valorou, entre outras cousas, que O sotaque de Aurelia, de Mariña Pérez Rei ten capacidade de incidencia en públicos amplos e variados ademais da calidade da súa escrita e o abordar un tema de actualidade como foi o despoxo de Aurelia Rei.
Narradora e poeta, Mariña Pérez Rei gañou con anterioridade premios como o Eusebio Lorenzo Baleirón, o Lueiro Rei ou o Avilés de Taramancos. Entre as súas obras atópanse os poemarios Fanerógama, Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante ou Paquidermo, mentres en narrativa escribiu Canícula, Costa Necrópole ou Contrapicados.
O premio será entregado o mércores día 15 de maio nun acto púbico no Pazo da Cultura de Carballo que contará coa actuación de Carlos Blanco. Presentáronse 46 textos que foron escollidos por un xurado composto por Belén Puñal, Carlos Callón, Xurxo Chapela e Nel Vidal.

Xurxo Chapela: “Non escribín un libro de poemas, empreguei a poesía para contar un amor podre”

Entrevista a Xurxo Chapela en Letra en Obras:
“En 1999 Xurxo Chapela estreábase literariamente cunha novela da que renega: Con Aroa, o último verán (Ed. Sotelo Blanco). Logo veu un silencio creativo que durou nada menos que trece anos. A finais do pasado mes de agosto, coa sixilosidade e modestia do propio autor, chegaba ás librarías o poemario Primavera de navallas. Un fascinante tratado sobre o amor que corta, enferma e podrece canda a vida mesma. A saída á luz destes versos foi posible grazas á teima dun atípico empresario carballés, Xabier Graña, que non dubidou en practicar o mecenado creando un pequenísimo selo editorial (Quequeres Edicións). A obra comparte espazo no mesmo libro cunha peza teatral: Solpor en Waterloo, de Xosé Manuel García. (…)”.

Carballo: actividades do sábado 25 e domingo 26 na Praza dos Libros

Finaliza a Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o sábado 25 e domingo 26:

Sábado 25
20:30 h. Presentación dos libros Primavera de navallas, de Xurxo Chapela, e Solpor en Waterloo, de Xosé Manuel García, publicados conxuntamente na nova editora Que Queres, coa participación dos autores.

Domingo 26
12:00 h. Sinatura de exemplares do libro Follas de Carballo, publicado pola A. C. Lumieira, por parte dos seguintes autores e autora: Xurxo Borrazás, Fernando Cabeza Quiles, Rosalía Fernández Rial, Farruco Graña, Henrique Mariño, Ignacio Silva e Xurxo Chapela.
12:30 h. Presentación de Esperando o leiteiro, de Xosé Neira Vilas, publicado en Galaxia. No acto, O’Mighelo tocará varias pezas de acordeón acompañando ao autor.
19:30 h. Presentación da película e álbum de banda deseñada Engurras, publicado por El Patito Editorial, coa participación de María Arochena, Gemma Sesar e Suso Villar.
20:30 h. Concerto-presentación de Rapoemas, de Aid, publicado en Galaxia. Xunto á autora, participa Francisco Castro.