A Coruña: presentación de Luís Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga

O sábado 4 de decembro, a partir das 19:00 h., no Kiosko Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez) da Coruña, preséntase a biografía Luís Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga, publicado en Baía. No acto participarán, alén do autor e Luís Suárez, Arsenio Iglesias, prologuista da obra, e o concelleiro de Deporte, Xan Martínez Caxigal.

Presentación de Ideoloxía e autonomía no campo literario galego, de Antón Figueroa

O mércores 1 de decembro, a partir das 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Ideoloxía e autonomía no campo literario galego, de Antón Figueroa, publicado en Laiovento. No acto participan, co autor, Francisco Pillado e Arturo Casas.

Santiago: presentación de O clamor da rebeldía, de Pilar García Negro

O martes 30 de novembro, a partir das 20:00 h., na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova organiza un acto público de presentación do libro O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro, publicado en Sotelo Blanco. No acto participan a autora, Chus Costoia e Iria Aboi.

Ourense: presentación do libro Educación e ideoloxía en Ourense na IIª República, de Xosé Manuel Cid Fernández

O xoves 25 de novembro, a partir das 20:00 h., na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12, baixo) de Ourense, preséntase o libro Educación e ideoloxía en Ourense na IIª República, de Xosé Manuel Cid Fernández, publicado en Andavira. No acto interveñen, xunto ao autor do libro, Paco Maxide, Manuel Peña Rey, Américo Peres e Lucila Ventoso, editora da publicación.

Vigo: presentación de Ángel Llanos, fotógrafo, de Xerardo González Martín

O mércores 24 de novembro, a partir das 20:00 h., na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo, preséntase o libro Ángel Llanos, fotógrafo, de Xerardo González Martín, publicado por Galaxia. No acto participan Víctor Freixanes, director xeral da editorial, Mercedes Llanos, filla de Ángel Llanos, Fernando Ramos, xornalista, e o propio autor.