O
venres 27 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa Oliva, 24), o Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos, de Rafael Quintía Pereira, publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega e a A. C. Os Chichisos. No acto, acompañando ao autor, participan Rosalía Rodríguez e Paz Castro.
Arquivo da categoría: Ensaio
A Coruña: presentación de Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano
O
xoves 26 de xaneiro, ás 20:30 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, no que participaron os seguintes autores: María Pilar García Negro, Xosé Antón Pena Beiroa, Victorino Pérez Prieto, Justo Beramendi, Engracia Vidal Estévez, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e David Otero. A obra foi publicada pola propia Asociación. O acto será presentado polo editor do libro, Xosé Manuel Sánchez Rei.
Santiago: presentación de Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González
O
mércores 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González, publicado en Xerais. No acto, xunto autor, participan Víctor Santidrián e Manuel Bragado.
Teresa Moure: Liberar a palabra
Entrevista
a Teresa Moure en El País (Galicia):
“(…) O ensaio co que acaba de gañar o premio Ramón Piñeiro, Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións, recolle o testemuño daquel outro título. Repensa a linguaxe, desta volta, da man da teoría queer para propoñer estratexias transformadoras non só dos xeitos de dicir, senón da sociedade. Porque non abonda, advirte, con repetir acriticamente o xesto ritual do “todos e todas”. Trátase de adestrar a nosa razón contra o sexismo lingüístico a todos os niveis. “Observaba certa complacencia, na política ou nos medios de comunicación por exemplo. Parece que con utilizar -os e -as xa está todo feito, sen que exista máis vontade transformadora de xénero”, explica. “O feminismo pensou xa moito sobre isto. Se as mulleres non se senten denominadas polo masculino xenérico, por que temos que cumprir as normas que nos ditan as institucións académicas?”. (…)
Moure percorre no seu libro, a historia da literatura galega desde unha óptica queer. “Non importa como é o corpo da persoa que escribe, nin cal é a súa orientación sexual. O que importa é se a obra cuestiona a heteronormatividade, se vai máis alá dela”, sostén. Así, no sentido do cuestionamento da sexualidade canónica, cita non só obras da literatura dos 80 ou dos 90. Nin só A esmorga, ou Rosalía de Castro segundo a interpretación de Francisco Rodríguez. Lembra, por exemplo, O maroutallo de Otero Pedrayo, para ela unha “reivindicación do desexo feminino alén das convencións”. (…)”
O Barco: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
A
segunda feira 23 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, no Barco, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística participa o propio autor.
Lires: presentación de Rosalía de Castro: a persoa e a obra, de onte a hoxe, de Francisco Rodríguez
A Coruña: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
O
xoves 19 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande) da Coruña, preséntase o libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, publicado en Laiovento. No acto, no que intervirán xunto á autora Francisco Pillado e María Teresa Martínez, proxectarase un capítulo do documental As silenciadas, da autoría de Pablo Ces.
A Coruña: presentación de Guerra de grafias, conflito de elites, de Mário Herrero
O
xoves 19 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Guerra de grafias, conflito de elites, de Mário Herrero Valeiro, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto ao autor, Celso Álvarez Cáccamo.
Santiago: presentación de Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza. Diarios inéditos e outros textos
O
mércores 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza. Diarios inéditos e outros textos, de Victorino Pérez Prieto, publicado en Trifolium.
Ferrol: presentación de Xaime Quintanilla Martínez, de Carlos Pereira e Ana Romero
O
venres 13 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, nº 30-32) de Ferrol, preséntase o libro Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez, Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica 2011. No acto participan Cesáreo Fraga García, Xesús Mosquera Sueiro e os autores.
