O xoves 14 de outubro, ás 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, Andrés Torres Queiruga presenta o seu último ensaio Repensar o mal. Da poneroloxía á teodicea, publicado en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Segundo Pérez López, profesor de Teoloxía, Xan López Facal, economista, e Luís García Soto, decano da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago.
Arquivo da categoría: Ensaio
Madrid: presentación de Inmunda escoria, de Ricardo Gurriarán
O xoves 7 de outubro, a partir das 19:30 h., preséntase no Blanquerna Centre Cultural (rúa Alcalá, 44) de Madrid o libro Inmunda escoria. A Universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968, de Ricardo Gurriarán, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de Xosé María Calviño, Ezequiel Méndez, Fermín Bouza e o propio Ricardo Gurriarán. Este evento está organizado por Xerais, pola Fundación 10 de Marzo e por Blanquerna Centre Cultural.
Domingo Rodríguez: “Castigar e readoutrinar”
Entrevista a Domingo Rodríguez en Galicia Hoxe.
Marín: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
Boiro: presentación de Un longo e tortuoso camiño, de Xosé Ramón Quintana Garrido
O venres 1 de outubro, ás 20:30 h., preséntase na Galería Sargadelos de Boiro o libro de Xosé Ramón Quintana Garrido Un longo e tortuoso camiño, nun acto organizado pola Asociación Cultural Barbantia, no que participarán, xunto co autor, Xan Hermida, Dores Torrado, Jesús Lojo Alcalde, director da Galería Sargadelos no Barbanza e Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia.
Santiago: presentación de Represalia e desagravio dun médico lucense republicano, de José Luis Díaz
O xoves 30 de setembro, ás 19:00 h., preséntase no Represalia e desagravio dun médico lucense republicano, de José Luis Díaz, publicado en Edicións do Castro, nun evento organizado polo Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces. O acto, presentado e moderado polo Catedrático de Historia Lourenzo Fernández Prieto, Investigador Principal do Proxecto, contará coa presenza do autor, que estará acompañado pola profesora María Jesús Souto Blanco, coordinadora do Proxecto Nomes e Voces, xunto a Isaac Díaz
Pardo e Xosé Ramón Fandiño.
Pontevedra: presentación de Repensar o mal, de Andrés Torres Queiruga
O xoves 30 de setembro, ás 20:00 h., no Café Moderno (Fundación Caixa Galicia, Praza de San Xosé, 3) de Pontevedra, Andrés Torres Queiruga presenta o seu último ensaio Repensar o mal. Da poneroloxía á teodicea, publicado en Galaxia.
Andrés Torres Queiruga: “A gran tarefa é unha Galicia soberana na nova configuración mundial”
Entrevista a Andrés Torres Queiruga en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): Lingua e relixión; nación e independencia, soños, utopías… Cal é a túa actitude…?
Andrés Torres Queiruga (ATQ): Buscar en cada un deses ámbitos unha comprensión da fe, coherente cos seus principios, sabendo que só resulta lexítima cando, en diálogo coa cultura, saca as consecuencias do seu fundamento no Evanxeo: a Boa Noticia dun “Deus humanísimo”, cuxo único e exclusivo interese ao nos crear consiste no ben e na felicidade posible de todo home e de toda muller. Todo o que non sexa iso é irremediablemente falso e perturbador, por moi “venerable” que se presente. (…)
GH: Como ves a literatura, en xeral, da nación galega?
Andrés Torres Queiruga (ATQ): Pensando no pequeno número dos que a habitamos, ten algo de milagre. Abonda con ir de Rosalía a Cunqueiro, para nos limitarmos aos xa non vivos. Os seus libros deberían figurar en calquera antoloxía universal. Hai pouco Gamoneda dicía cousas moi altas da nosa poesía actual.
Ourense: presentación de Represalia e desagravio dun médico lucense republicano, de José Luis Díaz
O venres 24 de setembro, ás 20:15, preséntase na Liceo de Ourense o libro Represalia e desagravio dun médico lucense republicano, de José Luis Díaz Gómez, publicado en Edicións do Castro. Participan no acto, ademais do propio autor, Pedro Trillo (presidente do Colexio de Médicos de Ourense) e David Simón (médico e investigador da historia social da medicina ourensá).
Presentacións de Parecia não pisar o chão, de Carlos Taibo
O libro de ensaios de Carlos Taibo sobre a figura de Fernando Pessoa, Parecia não pisar o chão, publicado en Através Editora preséntase esta semana en catro cidades galegas:
A terza-feira 21 de setembro ás 20:00 h. no Local Social A Gentalha do Pichel, en Santiago, presentado por Carlos Quiroga.
A quarta-feira 22, ás 20:30 h., no Centro Social Gomes Gaioso da Coruña (rúa Marconi, 9, Monte Alto), presentado por Valentim R. Fagim.
A quinta-feira 23, ás 20:00, na Escola Oficial de Idiomas de Vigo, presentado por Salvador Mourelo.
E, por último, a sexta-feira 24, ás 19:30 h., na Escola Oficial de Idiomas de Lugo, presentado por Joseph Ghanime e Valentim R. Fagim.