Presentación do libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón

Presentación do libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón. O acto, que contará coa participación de Plácido Betanzos, Xesús Laíño, Xosé Antonio Vázquez Covas, Manuel Bragado e Carlos Callón, terá lugar o xoves, 13 de maio, ás 20:30 horas na Aula da Rede de Dinamización. Baixo da Confraría de Ribeira no Malecón. Organizan QUEREMOS GALEGO-BARBANZA, ASOCIACIÓN CULTURAL ALTOFALANTE e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA.

Maruja Mallo, de Ramón Gómez de la Serna, en galego

«Editorial Trifolium, dentro da súa colección Contextos, ven de sacar do prelo a tradución ao galego do texto Maruja Mallo, do que é autor Ramón Gómez de la Serna.

“Meiguiña nova”, chamaba Ramón Gómez de la Serna a Maruja Mallo (Viveiro, Lugo 1902; Madrid, 1995), porque, e así o escribe, “tiña algo de feiticeiro no que facía e era como unha meiga recente que baixaba do Norte despois de compor as cores nas olas de barro da súa misteriosa cociña da aldea…” Artista revolucionaria, ousada e xenial, Maruja Mallo formou parte dos movementos de vangarda, xunto aos grandes nomes do momento, como Federico García Lorca, Rafael Alberti, Luis Buñuel ou Salvador Dalí, á vez que mantivo fortes lazos con Ortega y Gasset, María Zambrano e Pablo Neruda. Cercana ao surrealismo, transgresora da Xeración do 27, foi Maruja Mallo inxustamente valorada, ensombrecida polo seu doloroso exilio e seguramente, tamén, por ser unha muller adiantada ao seu tempo.»

Lugo: presentación de Almoina, un exiliado gallego contra la dictadura trujillista, do historiador cubano-mexicano Salvador Pérez

Organizada pola Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados, o martes 27 de abril ás 20:00 será a presentación na Galería Sargadelos de Lugo do libro Almoina, un exiliado gallego contra la dictadura trujillista, do historiador cubano-mexicano Salvador Pérez; coa presencia de Xurxo Martínez Crespo, autor da outra biografía de José Almoina na que inclúe a súa muller Pilar Fidalgo.

Inmunda escoria, de Ricardo Gurriarán

Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968, de Ricardo Gurriarán será presentado mañá, mércores 7 de abril, ás 19:30 horas no Salón Nobre de Fonseca en Santiago. O acto contará coa participación dos prologuistas da obra, Vicente Álvarez Areces (Presidente do Principado de Asturias) e Senén Barro (Reitor Magnífico da USC), ademais de Víctor Santidrián (Director da Área de Historia da Fundación 10 de marzo), Manuel Bragado (Director de Xerais) e do propio autor.

A Coruña: presentación dun libro de Victorino Pérez Prieto

Prisciliano

O libro de Victorino Pérez Prieto Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario preséntase mañá mércores 17 de marzo na Biblioteca de Estudos Locais ás 20 horas, con entrada libre. No acto participarán a Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo; o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; a catedrática da Universidade da Coruña e autora do prólogo, Pilar García Negro, e o propio autor do libro, Victorino Pérez Prieto.

Vigo: presentación do libro Feministas galegas

O vindeiro mércores 17 de marzo presentarase en Vigo o libro Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha de Mónica Bar Cendón. O acto contará coa participación de María Xosé Queizán, Camino Noia, Manuel Bragado e Mónica Bar, e comezará ás 20,00 horas na Libraría Librouro (rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo).

A Coruña: presentación de Moncho Reboiras e o nacionalismo dos anos 70

Mañá mércores 3 de marzo preséntase o libro Moncho Reboiras e o nacionalismo dos anos 70, editado pola Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. O acto terá lugar ás 8 da tarde na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras 12), e contará coa presenza de Lois Diéguez Vázquez, director de Programación de Cursos e Publicacións da Fundación Bautista Álvarez; e Francisco Rodríguez Sánchez, doutor en Filoloxía Románica e autor dunha ampla obra investigadora e de ensaio en temas culturais e políticos.