Desde Nós Diario (foto do Parlamento):
“O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, encabezou a homenaxe da institución á Rosalía de Castro polo aniversario do seu nacemento, na que se levou a lectura dunha parte da obra da escritora, a cargo de alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Padrón.
Santalices afirmou que “Rosalía pode e debe estar sempre presente no Parlamento de Galiza”, e enmarcou a importancia da súa figura no contexto do corenta aniversario do Parlamento.
“A Galiza das últimas décadas é protagonista dun rexurdimento intenso que se manifesta en todos os ámbitos: no cultural, no lingüístico, no económico ou no político”, engadiu o presidente da cámara democrática galega.
Para Santalices, ese rexurdimento non tería sucedido “sen a sementeira principiada por Rosalía de Castro, e por tantas e tantos outros, pero singularmente por Rosalía, que coa súa obra, e mesmo co seu exemplo, activou os resortes que sustentan o noso amor propio; o orgullo de ser galegos, a conciencia de ser donos do noso futuro, saber que temos unha lingua propia, agarimosa e nobre”.
O presidente do Parlamento galego asegurou que “somos herdeiros de Rosalía e estamos en débeda con ela”.
Tamén chamou a asumir como propia unha reflexión de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nesta edición do Día das Letras Galegas, dirixiu ás súas amizades en 1977. “A Galiza é o primeiro, debe estar por enriba de todo no noso corazón, no noso pensamento e nas nosas accións. Este sentimento, sempre vixente, cada vez máis vixente, non se opón, máis ben os reforza, aos vosos ideais sociais e políticos”.
No acto, ademais de Santalices, participaron o presidente da Fundación Rosalía de Castro, integrantes da Mesa da Cámara e dos grupos parlamentarios, o conselleiro de Cultura, a presidenta do Consello da Cultura Galega, a valedora do pobo e o presidente da Real Academia Galega, entre outros.”
Arquivo da categoría: Literatura e ensino
Outes: actos do Día de Rosalía 2022
Carnota: actos no Día de Rosalía 2022
A Coruña: presentación de Mercedes Tella Comas (1868-1934). Mestra e directora da Escola Normal de Mestras da Coruña, de Ana Romero Masiá
Compostela: Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia VIII. Poesía cargada de futuro para futuras xeracións
Vilalba: Xornadas rosalianas 2022
A Coruña: Xornadas Bibliodiversidade na Facultade de Ciencias da Educación
“O galego: practicamente desaparecido na música que se escoita na adolescencia”
Bases do Concurso de Recitado Poético Rosalía sempre viva
A Coruña: Encontros no ensino 2021
Os Encontros no ensino 2021 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
Con esta iniciativa, preténdese achegar aos centros de ensino aquelas autoras e autores con obras que están a ser lidas nas aulas.
Está dirixida a alumnado deses centros, na cidade da Coruña.
15 de novembro
Encontro con Antón Riveiro Coello arredor de O paraíso dos inocentes.
IES Urbano Lugrís.
3 de decembro
Encontro con Iria Misa arredor de Xa non estou aquí.
IES Agra do Orzán.
14 de decembro
Encontro con Eva Mejuto arredor de Memoria do silencio.
IES Ramón Menéndez Pidal, Zalaeta.
14 de decembro
Encontro con Ledicia Costas arredor de Un animal chamado néboa.
IES Durmideiras.