Adela Figueroa: “As lutas partilhadas com companheiras e colegas levantaram em mim a sensibilidade e necessidade de comunicar os meus sentimentos, assim nasceu o meu primeiro livro de poesia”

DesdeAdela Figueroa o Portal Galego da Língua:
“A escritora e ativista ambientalista galega Adela Figueroa respondeu as perguntas dos alunos do CEIP 121 Professor Joadélio Codeço de Marambaia (São Gonçalo do Rio de Janeiro). As respostas foram publicadas para o blogue da Revista Literária Pós-Moderna Plenitude.
Adela Figueroa explica que começou a escrever poesia pela necessidade de comunicar as suas emoções. Coloca como exemplo o seu primeiro livro de poemas, Vento de Amor ao Mar, que nasceu do grande impacto que lhe produziu o desastre ambiental do Prestige e a guerra do Iraque. Acrescenta que descobriu muito tarde que tinha essa capacidade e que agora faz poesia “por qualquer coisa”, porque “a vida é mesmo poesia e o Universo canta com a sua música particular das estrelas até o vibrar das moléculas”.
A autora também fala da sua obra poética mais íntima, dos poemas que escreveu para seus pais e seus filhos e do livro de contos que dedicou ao seu neto e que contém muitas poesias que após foram musicadas e reunidas no CD O Rei da Floresta. Neste grupo de poesias mais pessoais, salienta “Quen fose vela!”, escrita ante a perda de um grande amigo, e o primeiro poema de Atlântida, Mulher d’água, um livro que ainda está para ser publicado. (…)”

A teatralización de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso

Desde Fran Alonsoo blog de Fran Alonso, Cabrafanada:
“Por fin, con máis vagar, teño un momento para agradecer publicamente o traballo da profesora e escritora Chus Pereiro, que levou a cabo un excelente e minucioso traballo de teatralización a partir do meu libro de poesía infantil O meu gato é un poeta para representalo nas V Xornadas Municipais de Teatro Escolar de 1º ciclo de Primaria (…)” O vídeo pode verse aquí.

Rianxo: actividades destacadas do xoves 24 na Feira do Libro

OIMAXE FEIRA LIBRO RIANXO WEB xoves 24 de xullo comeza a Feira do Libro de Rianxo (na Praza de Castelao), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 19:00 a 23:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:

13:00 h. Inauguración oficial da feira do libro. Actuación musical. Intervencións institucionais. Pregón inaugural a cargo do escritor Xesús Rábade Paredes.
19:30 h. Presentación, na Biblioteca Infantil, do álbum ilustrado 3, 2, 1…, de Pepablo Patiño, publicado por Edicións Embora.
20:30 h. Presentación da publicación Creador@s de Rianxo, realizada polos equipos de normalización lingüística do IES Félix Muriel, CEP Brea Segade e CRA de Rianxo, e editado polo concello de Rianxo. Na Casa do Concello.

Celanova: No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Curros 2014

No Claustro barroco do Mosteiro de San Salvador, en Celanova.

Compostela: presentación da triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros

O mércores 4 de xuño, ás 17:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da triloxía Ámote Leo A. de Rosa Aneiros, publicado por Xerais. A autora manterá unha conversa coas persoas integrantes do Club de lectura “IES Caldas Letras” do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis. Ámote Leo A. Terminal de… chegadas? é o terceiro volume da triloxía Ámote Leo A.

Entrevista a Ledicia Costas sobre Recinto gris no Clube de Lectura CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco

Entrevista do blogue do Club de Lectura do CPI ‘Alcalde Xosé Pichel’ de Coristanco a Ledicia Costas:
“(…) – Clube de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel (CLAXP): De onde naceu a idea de traballar a temática que desenvolves en Recinto Gris?
– Ledicia Costas (LC): A idea naceu nunha época na que eu estaba a documentarme para a escrita dun libro de relatos arredor da Segunda Guerra Mundial. Afondei no tema dos totalitarismos e, máis en concreto, do ascenso do nacionalsocialismo en Alemaña e nas súas repercusións. Decateime entón de que nos plans de estudos non se abordaba practicamente este tema. Fun máis alá e percibín que existía un enorme baleiro académico no que se refire aos holocaustos. Entón díxenme: se nos centros de ensino non se estudan os xenocidios, temos un problema. E decidín abordar o tema nunha obra, para que puidese ser tratado nas aulas, aínda que sexa de xeito transversal.
– CLAXP: Entendemos que a protagonista Nube representa o perfil dunha nena autista. É así? Por que esta escolla?
– LC: O que padece Nube exactamente é Síndrome de Asperger. Escollín este trastorno porque na sociedade existen moitas persoas que conviven con este problema, tanto nenos e nenas coma persoas adultas. Quixen poñer de manifesto algunhas das dificultades coas que se atopan os Asperger na súa vida diaria (dificultade á hora de interaccionar socialmente, problemas de comunicación…), así como a súa excelencia intelectual. Quixen desmitificar a imaxe que se ten das persoas que padecen este tipo de trastornos incidindo nas problemáticas do día a día. (…)
– CLAXP: Como te sentiches unha vez rematada a escrita desta novela?
– LC: Sentín que escribira exactamente o que quería: unha distopía que integra elementos do realismo máxico, na que se achega ao lectorado un tema para min imprescindible, como é o holocausto e o funcionamento dos sistemas totalitaristas. E máis aínda, nestes momentos en que a ultradereita ascendeu en Europa de xeito tan preocupante. A única posibilidade de non cometer os mesmos erros no futuro, é coñecer os erros que se cometeron no pasado. Necesitamos rapazas e rapaces con capacidade crítica e con vontade de cambio.”