Traballo
de Xesús González Gómez, en que “Propón un borrador de historia das traducións de libros galegos ao castelán despois da Guerra do 36 até o asentamento definitivo da democracia. Editoriais que quixeron dar a coñecer o escrito na nosa lingua nun tempo no que se consideraba bárbaro incluso falala.”, publicado en A Nosa Terra.
Arquivo da categoría: Historia
A Coruña: conferencia de Xoán Bernárdez Vilar sobre Hermerico, o primeiro rei da Galiza
O martes
11 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, o escritor e historiador Xoán Bernárdez Vilar falará dentro do ciclo “Economía, Historia e Ciencias Sociais” da A. C. O Facho, sobre “Hermerico, o primeiro rei da Galiza”.
A Coruña: conferencia de Francisco Carballo sobre Galiza na Idade Moderna: rebelións e revolucións no 1640
O martes
14 de decembro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, s/n.) da Coruña, e con entrada libre para o público, terá lugar unha conferencia de Francisco Carballo, dentro do Ciclo “Economía, Historia e Realidade Social”, da A. C. O Facho, sobre Galiza na Idade Moderna: rebelións e revolucións no 1640, na que departirá cos asistentes sobre os acontecimentos históricos a mediados do século XVII no noso País.
Ramón Villares: “Brañas non está morto”
A Galicia heterodoxa, de Carlos Pereira
Albino Mallo retrata nun libro o Vigo do Café Derby
(Xornal)
Vigo: presentación de Algo máis que un café. O Derby de Vigo, de Albino Mallo
O
venres 12 de novembro, ás 20:00 h, no salón de actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, s/n. Vigo), preséntase Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968, de Albino Mallo, publicado en Galaxia, onde se percorre a historia deste emblemático café da cidade olívica.
A Coruña: conferencia sobre Israel-Palestina, a cargo de Lois Diéguez
O
venres 12 de novembro, a partir das 20:00 h., en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, terá lugar unha conferencia, ilustrada de imaxes, sobre Israel-Palestina: o pasado, a situación hoxe, visión persoal do escritor Lois Dieguez, a raíz da última viaxe realizada por un grupo do colectivo de Amigos dos Museos de Galicia.
Xosé Luís Díaz Castroverde gaña o Certame de Investigación Condado de Pallares
O profesor coruñés Xosé Luís Díaz Castroverde Lodeiro gañou o Certame de Investigación Condado de Pallares, convocado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares por un traballo que leva por título Morgados e xurisdicións na terra de Taboada. O galardoado, que na actualidade exerce a docencia na Coruña, abordou no estudo premiado a historia familiar, entre os séculos XV e XVIII, da Casa de Taboada, vinculada nas súas orixes ao Pazo de Bembibre. Ademais de recibir un diploma e un premio de 3.000 euros, o autor tamén verá editado o seu traballo pola área de cultura da Deputación.
Bertamiráns: presentación de As manifestacións relixiosas ao longo da Historia, de Manuel Lamas
O martes 19 de outubro ás 20:00 h., no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, preséntase o libro As manifestacións relixiosas ao longo da Historia, de Manuel Lamas, publicado por 3C3. No acto participarán, co autor, Xesús Ferro Ruibal e X. Amancio Liñares Giraut.