Montse Fajardo: “Co coñecemento de máis casos galegos, fomentarase a unión así como a xustiza dende a lexislación para as supervivintes á represión”

Entrevista de Ánxela J. Vidal a Montse Fajardo en Historia de Galicia:
“(…) – Historia de Galicia (HG): Cal é o exemplo máis claro da dobre moralidade da Ditadura?
– Montse Fajardo (MF): A prostitución. Encerraban ás nenas para evitar que caesen no entramado mais a Ditadura elimina a súa abolición vixenete na República ata o 1956, cando a adapan para integrar España na ONU. No 1952, o Estado agravou a lexislación para as padroadas con máis anos de internamento ou facéndose coa súa tutela, no caso de que as familias se opuxesen ao seu ingreso.
– HG: Como era o “día a día” das padroadas?
– MF: Rezar, limpar e traballar. De aprender, aprendían as diferentes labores domésticas, como son coser ou pasar o ferro, para pasar a traballar nunha casa franquista. O que gañaban ía para o Padroado. Se unha precisaba roupa interior, a Superiora dáballe dous pesos dos 24 que gañaba, por exemplo. Non as formaban en lingua ou literatura, formábanas para producir e servir.
– HG: Ata onde chegaba o control e represión do Padroado?
– MF: Toda a poboación era vixiada, tamén os homes. A través das Visitadoras, e outras articulacións da institución, o Estado vixiaba en cines, bailes e praias se se levaba o albornoz, se a saia era moi curta ou se unha parella se arrimaba de máis. (…)”

Compostela: Coñecemento e visibilización da historia de Compostela e do Reino de Galiza. O Panteón Real de Compostela. Visita guiada por Francisco Rodríguez, o 4 de decembro

As persoas interesadas deberán inscribirse enviando un correo electrónico a comunicacion@ogalo.gal antes do martes 3 de decembro ás 19:00 h. Nel constarán o nome, apelidos, número do DI e o email de todas e cada unha das persoas para as que demandas praza.

Pontevedra: Culturgal 2024, actividades do 30 de novembro

Este é o programa do Culturgal 2024. As actividades previstas para o 30 de novembro son: