“A obra baixo o título e lema A Miseria de Xerardo Quintiá, resultou gañadora da XX edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega e recibirá unha dotación de 15.000 euros alén da publicación do libro pola Editorial Galaxia. Así o comunicou esta mañá o voceiro do Xurado, Armando Requeixo.
O acto do ditame deste 20º aniversario foi na Fundación Luís Seoane e contou coa presenza de representantes das entidades impulsoras do premio: o secretario xeral de Lingua, Valentín García, a directora da Refinería de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro; o concelleiro de Cultura e Turismo coruñés Gonzalo Castro; o director xeral da Editorial Galaxia, Marcos Calveiro; Cesáreo Sánchez, Presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG); Dolores Sánchez Palomino, académica da Real Academia Galega e Armando Requeixo como voceiro do Xurado.
Este ano a convocatoria do XX aniversario superou o número de obras presentadas con máis de 60 obras orixinais e inéditas.
O Xurado da XX edición do Premio Narrativa Breve Repsol estivo composto este ano por cinco recoñecidas voces das letras galegas: o director Xeral da Editorial Galaxia, Marcos Calveiro; a escritora e gañadora da XIX edición do Premio Narrativa Breve Repsol, Carmen V. Valiña; a arquiveira e membro da Comisión Executiva da Real Academia Galega, Dolores Sánchez Palomino; o tamén crítico literario, Armando Requeixo, e a poeta e escritora nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Alicia Fernández.
Armando Requeixo, voceiro do Xurado desta edición, destacou da novela de Xerardo Quintiá ” a capacidade para artellar un relato de fonda sensibilidade social, que plasma a traxedia dun desafiuzamento e as dramáticas consecuencias que provoca na familia que o padece.
Tamén si, salientou especialmente o talento do autor para espellar a transformación na identidade do protagonista, que ve como unha vida acomodada acaba virando nunha traxedia que remata por anulalo”.
Segundo os membros do Xurado a obra “está escrita cunha prosa de moi fino burilado, chea de imaxes poéticas, esta historia conmoverá ao lectorado, convidándoo a repensar o inclemente e feroz mundo no que vive unha parte da sociedade actual. (…)”
Arquivos da etiqueta: Carmen V. Valiña
Escola de Escritoræs. Obradoiro de creación literaria Escribindo dende o psiquiátrico: mulleres e loucura, con Carmen V. Valiña
O Obradoiro de creación literaria Escribindo dende o psiquiátrico: mulleres e loucura é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración das librarías Lila de Lilith e Pedreira, de Santiago de Compostela. Será impartida por Carmen V. Valiña, cunha sesión especial coa presenza de Montse Fajardo.
“A loucura construíuse durante séculos en feminino. Non se nos dixo sempre que as mulleres, polo simple feito de selo, xa temos algo de tolas? Este obradoiro propón mirar ao outro lado do espello facendo un percorrido por cinco escritoras que narraron as súas experiencias psiquiátricas.
Ao longo de seis sesións penetraremos nalgunhas das obras desas “tolas” para analizar en profundidade o seu contido e, tamén, as vidas e experiencias psiquiátricas das súas autoras. Comezaremos cunha sesión inicial que nos permitirá comprender como escritura serviu, no caso de moitas mulleres cualificadas como “tolas”, para contrarrestar a narrativa médica construída sobre elas, contar as súas vidas coas súas propias palabras e dar a coñecer, tamén, a súa existencia cotiá dentro do propio manicomio no que foran encerradas.
A continuación, analizaremos a escrita de cinco mulleres, de contextos xeográficos dispares, para comprobar como, ao longo de distintos momentos do século XX, a escritura foi para elas un arma literaria, de refuxio e mesmo de activismo. As escollidas serán Christine Lavant, Leonora Carrington, Janet Frame, Alda Merini e Kate Millet. Con estilos moi dispares, as cinco crearon obras de enorme potencia literaria e humana, reivindicando e explorando a súa individualidade e os a miúdo borrosos límites entre a tolemia e a cordura, así como abordando de maneira crítica as violencias da psiquiatría como ferramenta de control.”
Hai 16 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, realizarase, indicando nome e apelidos, xunto ao nome do obradoiro, no correo electrónico oficina@aelg.org. As solicitudes atenderanse por orde cronolóxica de chegada. A inscrición de cada persoa participante entenderase feita para o conxunto da actividade. Actualmente están xa todas as prazas cubertas, polo que as solicitudes que se envíen entrarían nunha listaxe de reserva.
Horarios, calendario e emprazamentos:
– De 10:30 a 13:30 h. os seguintes días:
Sábado 3 de outubro na Libraría Lila de Lilith.
Sábado 17 de outubro na Libraría Pedreira.
Sábado 24 de outubro na Libraría Lila de Lilith.
Sábado 31 de outubro na Libraría Lila de Lilith.
Sábado 7 de novembro na Libraría Pedreira.
Sábado 14 de novembro na Libraría Lila de Lilith.
Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7, baixo).
Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55, baixo).
Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
A Coruña: actividades do 7 de agosto na Feira do Libro 2026
Feira do Libro da Coruña 2026
O programa pode consultarse aquí.
Pontevedra: actividades do 4 de xullo na Festa dos Libros 2026
Festa dos Libros 2026, en Pontevedra
Ourense: presentación de Illa de sangue, de Carmen V. Valiña
Presentación de Illa de sangue, de Carmen V. Valiña, en Ourense
Compostela: actos destacados do 8 de maio na Feira do Libro 2026
Cynthia Menéndez e Carmen V. Valiña gañan o Premio Antón Losada Diéguez con dúas obras de forte compromiso social
Desde Galaxia:
“O concello ourensán de Boborás acolleu o fallo da 41.ª edición do Premio Antón Losada Diéguez, un dos galardóns máis prestixiosos das letras galegas, que nesta ocasión recoñece o traballo de Cynthia Menéndez e Carmen V. Valiña por dúas obras publicadas por Editorial Galaxia.
O xurado, composto por representantes das tres universidades galegas, a Real Academia Galega e o Museo do Pobo Galego, entre outras institucións, destacou o valor de dúas propostas que sobresaen pola súa innovación e compromiso social.
Na modalidade de creación literaria, resultou gañadora Son coma glaciares os barcos de aceiro, de Cynthia Menéndez, unha novela que, segundo recolle a acta, constitúe unha «narración de alento lírico e esteticamente innovadora». O tribunal puxo en valor tamén a elección temática da obra, centrada na mobilización sindical do naval de Vigo nos anos noventa, un escenario aínda pouco explorado na literatura galega.
Pola súa banda, na categoría de ensaio e investigación, o galardón recaeu en As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo (1885-1936), de Carmen V. Valiña. O xurado salientou a capacidade da autora para combinar o rigor histórico cun estilo próximo á narrativa de ficción, ofrecendo unha análise crítica da realidade das mulleres internadas no sanatorio compostelán e abordando cuestións como a violencia machista ou a disidencia social.
A deliberación estivo presidida pola alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, na súa condición de presidenta da Fundación Antón Losada Diéguez. O certame, impulsado polos concellos de Boborás e O Carballiño e coa colaboración da Deputación de Ourense, está dotado con 6.000 euros para cada unha das gañadoras.
A cerimonia de entrega terá lugar o vindeiro 13 de xuño no pazo de Moldes (Boborás), nun acto literario que homenaxea a figura de Antón Losada Diéguez.”















