A Coruña: conferencia sobre Israel-Palestina, a cargo de Lois Diéguez

O venres 12 de novembro, a partir das 20:00 h., en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, terá lugar unha conferencia, ilustrada de imaxes, sobre Israel-Palestina: o pasado, a situación hoxe, visión persoal do escritor Lois Dieguez, a raíz da última viaxe realizada por un grupo do colectivo de Amigos dos Museos de Galicia.

Londres: Yolanda Castaño participa no International Poetry

O domingo 7 de novembro escoitarase poesía en galego en Londres na voz de Yolanda Castaño, quen recitará na capital británica no marco do Poetry International 2010. Será en St. Paul’s Pavilion – Royal Festival Hall, Southbank Center, e estará acompañada por Antonella Anedda, Emmanuel Moses e Haris Vlavianos.

Frankfurt: presentación da Antoloxía da literatura galega, 1196-1981, de Jonathan Dunne, na Feira do Libro

O venres 8 de outubro, ás 13:00 h., no stand da AGE (Pavillón 5.1. Stand C945) dentro da Feira do Libro de Frankfurt, preséntase a Antoloxía da literatura galega, 1196-1981, de Jonathan Dunne, publicado por Galaxia.