Estas son algunhas das fotografías da lectura pública polo Día das Letras Galegas que tivo lugar na Coruña o 14 de maio, en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí.
Arquivo da categoría: Lectura
A Coruña. Cidade da literatura 2023. “A literatura nos xardíns”
Compostela: micro aberto no Día das Letras Galegas
Vigo: micro aberto no Día das Letras Galegas
A Coruña: micro aberto no Día das Letras Galegas
Compostela: maratón de lectura na Fundación Granell: María Casares e o seu pai, Santiago Casares Quiroga, o 31 de maio
A Coruña: Lectura pública polo Día das Letras Galegas 2023
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda festexan as Letras Galegas cunha lectura pública o domingo 14 de maio, ás 12:00 horas, no palco de música dos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña.
As persoas interesadas en participaren poden escoller como lectura o texto que desexen. En todo caso, apúntanse aquí tres suxestións:
– Un texto de Francisco Fernández del Riego, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
– Un texto sobre a lingua galega, actual ou clásico.
– Un poema de Luísa Villalta.
Para asistir como público á lectura non é necesario inscribirse. Se se vai ler algún texto, pedimos que se indique enviando un correo electrónico previamente a acab@mundo-r.com