Desde
Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
“Acompañounos hoxe, na derradeira sesión dos encontros do Club de Lectura Lendo no Galiñeiro programados para este curso, o escritor Carlos Negro, e a súa visita supuxo unha experiencia fascinante e ben suxestiva para as persoas que tivemos a sorte de asistir.
O motivo deste man a man co autor veu dado pola lectura de Penúltimas tendencias e de Makinaria e todo foi axiña un rodopío de preguntas devecentes por saber máis. Saber máis do autor, saber máis da orixe dos libros, da concepción da literatura que defende e doutros temas nun diálogo continuo de ida e volta. Falouse de “probar” a poesía, de ir coñecendo os seus diversos sabores até que algún destes nos diga algo; da poesía como a posibilidade que temos de “dar respostas inesperadas a preguntas difíciles”, tamén para expresar as cousas dunha maneira “distinta, especial e única”.
Falouse, polo medio e medio, dos poemas de Olga Novo, de Fran Alonso e de Neorrabioso; tamén da dinámica creativa que exercita Carlos Negro, amosando parte da documentación que empregou para elaborar Penúltimas tendencias, sen esquecer facer una revisión dos estereotipos contra os que se erixe este libro, do uso paródico de moitos elementos que nel aparecen e tamén das “paredes invisibles” que creamos e que se crean. Como conclusión do encontro quedo tanto cunha sentenza de Negro: “medrar é facerse preguntas, non dar todo por suposto” como do final apoteósico que veu da man dun poema de Kirmen Uribe que nos fixo valorar e degustar a poesía coma se fose un onza de chocolate, doce e amarga a un tempo. Un auténtico pracer escoitar a Carlos Negro, todo o que di e como o di. Grazas!”
Arquivo da categoría: Lectura
A Coruña: ofrenda floral con motivo das Letras Galegas
“Com
o galho das Letras Galegas, a Agrupaçom Cultural O Facho convida-o assistir à tradicional oferenda floral nos jardins de Mendes Nunes diante do monumento a Curros Henriques. O evento terá lugar o dia 20 de Maio, às 12:00 horas, nos jardins de Méndez Núñez da Crunha em lembrança de todos aqueles que fizérom que a cultura galega umha constante e permanente jeira na sua aportaçom na construçom da liberdade do povo galego.
Solicitamos aos assistentes, se o tenhem a bem, leiam um poema ou pequeno texto de qualquer autor ou autora galega da sua escolha..”
O Couto, Ponteceso: Manuel Rivas no Festiletras
Ferrol: actos destacados do sábado 25 e domingo 26 na Feira do Libro
O
domingo 26 de abril finaliza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Programa da Feira do Libro de Ferrol 2015:
Sábado 25:
– 19:00 h. Concha Blanco presenta O balcón do meu universo, publicado por Embora.
– 20:00 h. Concha Blanco asinará exemplares do seu libro A pantufla de Celia, na caseta da Libraría Pedreira.
Domingo 26:
– 12:00 h. Antón Cortizas na Feira do Libro. Lectura pública de libros do autor, que asinará exemplares da súa obra ao remate do acto. Os libros para a lectura, serán: Contos de vento e de nunca acabar (Galaxia), Vaia tropa! (Xerais), Historias e algún percance, todas ditas en romance (Galaxia), Era unha vez na quimbamba (Tambre), Sopra neste furadiño… (Embora), Vestida co arco da vella (Embora) e o libro inédito Cando as follas caen (mención de honra no último premio Arume da Fundación Neira Vilas).
– 12:30 h. O escritor Henrique Dacosta asinará exemplares dos seus libros na caseta de Espacio Lector Nobel.
Betanzos: actividades no Día do Libro
Madrid: presentación do número 17 da revista Madrygal
Vigo: especial Día Internacional do Libro no Charenton Clubcultura
Crónica fotográfica do 2015, ano Lois Pereiro, que tivo lugar o sábado 11 de abril en Monforte
Estas son algunhas das fotografías do acto 2015, ano Lois Pereiro, que tivo lugar o sábado 11 de abril en Monforte. Pódese ver a galería completa aquí.
Monforte: 2015, ano Lois Pereiro
As actividades deste sábado 11 de abril en Monforte teñen a súa orixe nunha moción do grupo de goberno que foi aprobada na sesión plenaria celebrada pola Corporación Municipal o pasado 26 de xaneiro. Nesta proposta recollíase declarar o 2015 como Ano Lois Pereiro e darlle o nome do poeta á Casa da Cultura e á Biblioteca Pública Municipal.
Os actos, abertos á participación da cidadanía, comezarán ás 11:45 horas coa recepción á familia de Lois Pereiro, e ás autoridades e invitados/as.
Ás
12:00 h. celebrarase o acto de nomeamento da Casa da Cultura de Monforte de Lemos como CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO e da Biblioteca Pública Municipal como BIBLIOTECA PÚBLICA POETA LOIS PEREIRO, dándose lectura á acta da sesión plenaria onde se recolle este acordo.
Ás 12:15 h. abrirase a Biblioteca Pública Municipal e realizarase o selado de diferentes libros de e sobre Lois Pereiro co novo selo coa súa imaxe.
A partir das 12:30 h., no salón de actos da Casa da Cultura, desenvolverase un acto aberto ó público no que participarán varios autores/as pertencentes á Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG). Este acto comezará co saúdo do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e continuará coa lectura de textos de Lois Pereiro por parte, entre outros/as, dos e das escritores/as Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Lopo, Mario Regueira, Iago Martínez, e Mercedes Queixas. Entre as diferentes lecturas, o músico monfortino Gonzalo Herrero interpretará breves pezas musicais.
O Concello encargou unhas chapas con estrofas de poemas de Lois Pereiro, chapas que se repartirán entre as persoas que asistan ao acto.
A xornada conmemorativa rematará ás 21:00 h. cun concerto na Praza de España a cargo dos grupos VERA LYNN e OS TRES TREBÓNS.
Por outra banda, as portas de acceso á Biblioteca Pública Municipal serán rotuladas coa imaxe do poeta e o nome que a partir do sábado denominará a este centro de estudo e lectura.
Ademais das actividades programadas para este sábado, ó largo do ano 2015 desenvolveranse varios actos sobre a figura de Lois Pereiro. O primeiro deles levarase a cabo este xoves día 9 de abril e terá coma escenario os tres IES da cidade.
García, integrante do grupo Dios Ke Te Crew, e o cantautor punk O Leo, ofrecerán ao estudantado de bacharelato unha charla-actuación para divulgar e motivar á mocidade na participación dos actos do sábado día 11.
García e Leo teñen musicado varios poemas de Lois Pereiro, ademais Leo (filólogo e profesor de galego) é un erudito na obra do escritor e poeta monfortino.
As charlas serán ás 10:15 h. no IES Daviña Rey, ás 12:00 h. no IES Río Cabe, e ás 13:25 h. no IES A Pinguela.
Todas estas actividades contan co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.