O
mércores 11 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas (Avenida Martínez Garrido, 21), de Vigo, Xosé Neira Vilas presenta a súa nova novela, Esperando o leiteiro, publicada por Galaxia. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes e Isaura Abelairas. No acto a actriz Uxía Blanco realizará a lectura dalgúns fragmentos da obra.
Crónica posterior en Galaxia.
Arquivo da categoría: Lectura
Gondomar: Anabel Alonso participa no Clube de lectura Sete Vidas
O
martes 10 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar unha nova edición do Clube de Lectura Sete vidas, que xirará arredor da novela Café só, publicada en Morgante, contando coa presenza da súa autora, Anabel Alonso.
Betanzos: acto de homenaxe a Rosalía polo seu 175 aniversario
A
sexta feira, 23 de marzo, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura do Edificio do Arquivo (Liceo) de Betanzos, terá lugar un novo acto de homenaxe a Rosalía polo 175 aniversario do seu nacemento. O acto, coorganizado pola plataforma Queremos Galego das Mariñas e as asociacións culturais Eira Vella e Roxín Roxal, contará coa colaboración do CEIP Francisco Vales Villamarín da Cidade dos Cabaleiros, e consistirá na lectura de textos e proxección dunha curtametraxe, contando co acompañamento da música do cantor Fucoxabier.
Leipzig, Alemaña: éxito da lectura de María Reimóndez na Feira do Libro
“Un
nutrido número de persoas astiron onte á lectura e debate ao redor da novela Pirata de María Reimóndez na Haus des Buches organizada polo Departamento de Tradución e Lingüística Aplicada e o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig. A autora foi presentada pola lectora de galego, Diana García Couso, e o catedrático de Lingüística Iberorrománica, o Prof. Dr. Carsten Sinner. Tras a lectura de varios fragmentos da obra en galego e alemán houbo un animado debate entre a autora e o público. María Reimóndez ficará en Leipzig ata o sábado e o venres impartirá unha conferencia como actividade final do curso intensivo de galego inicial que se está a realizar nestas datas, ao que asisten máis de corenta participantes. O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig e o seu correspondente lectorado naceron en outubro de 2010. Dende entón organizan actividades culturais de difusión relacionadas con Galicia e a lingua galega, ademais de encargarse da docencia de materias de lingua e cultura galegas, e tamén de tradución entre o galego e o alemán. Leipzig é o único lugar fóra de Galicia onde se pode estudar galego dentro da carreira de Tradución.
A autora atópase na cidade no marco da Feira do Libro de Leipzig, que é o evento literario máis importante de Alemaña despois da de Frankfurt. Esta feira conta cun programa que inclúe miles de actividades, tanto para o sector profesional como para a cidadanía ao redor do libro e da lectura. Este ano María Reimóndez é a única escritora galega presente na feira.” Vía Xerais.
Gondomar: Xavier Queipo participa no Clube de Lectura Sete Vidas
O
martes 13 de marzo, a partir das 20:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar unha nova sesión mensual do Clube de Lectura Sete Vidas, coa participación de Xavier Queipo, quen conversará arredor da súa novela Extramunde, publicada en Xerais, cos lectores e lectoras asistentes.
Ofrenda floral a Cunqueiro en Mondoñedo
“Como
cada 28 de febreiro dende hai trinta anos, o pasado martes o Concello de Mondoñedo levou a cabo unha ofrenda floral ao escritor Álvaro Cunqueiro coincidindo co seu trixésimo primeiro cabodano. Con tal motivo, ás 11:30 h. desprazouse ata o cemiterio vello desta localidade unha comitiva da que formaban parte o rexedor e diversos edís mindonienses, amais dunha nutrida representación da corporación ferrolá, cidade coa que Mondoñedo está irmandada.
Presidindo a comitiva figuraba o profesor e crítico, tamén mindoniense, Armando Requeixo, quen foi o encargado este ano de oficiar de mantedor da ofrenda, na que se depositou unha rosa vermella na tumba do poeta Manuel Leiras Pulpeiro —de quen se cumpre este ano xustamente un século do seu pasamento— para logo pronunciar unhas breves palabras de recordo e homenaxe diante da tumba de Álvaro Cunqueiro ao tempo que se dispuñan ao pé desta diversos centros florais. A seguir, a comitiva trasladouse ao Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, onde o mantedor do acto pronunciou ás 12:15 h. unha breve alocución baixo o título de Álvaro Cunqueiro: mindoniense irrefutable, que foi seguida dunha lectura pública do poemario Herba aquí ou acolá á que o propio orador deu comezo e na que interviñeron autoridades e numeroso público asistente.” Desde Galicia Confidencial.
Ferrol: conferencia de Darío Xohán Cabana
O
xoves 1 de marzo, ás 19:30 horas, no salón de actos da Aula UNED de Ferrol (Rúa María, 52-54), e dentro do ciclo de conferencias As miñas lecturas favoritas, Darío Xohán Cabana falará sobre Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, Queixumes dos pinos, de Eduardo Pondal e Se o vello Sinbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro.
A Coruña: homenaxe a Rosalía de Castro na A. C. Alexandre Bóveda
O
venres 24 de febreiro, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar unha homenaxe a Rosalía de Castro, en conmemoración do 175º aniversario do seu nacemento. A partir das 20:00 horas, Pilar García Negro dará unha charla sobre a súa figura e César Morán rematará o acto lendo poemas da autora.
Ferrol: conferencia de Xulio López Valcárcel
O
xoves 16 de febreiro, ás 19:30 horas, no salón de actos da Aula UNED de Ferrol (Rúa María, 52-54), e dentro do ciclo de conferencias As miñas lecturas favoritas, Xulio López Valcárcel falará sobre Poesía, de Celso Emilio Ferreiro, O deserto dos tártaros, de Dino Buzzati (versión galega de Xavier Rodríguez Baixeras) e Herba aquí e acolá, de Álvaro Cunqueiro.
Gondomar: Marica Campo no Clube de Lectura Sete Vidas
O
martes 7 de febreiro na Biblioteca Municipal de Gondomar ten lugar a cita mensual co Clube de lectura Sete Vidas. Nesta ocasión, os lectores e lectoras que queiran achegarse á biblioteca poderán falar arredor do libro de relatos Confusión e morte de María Balteira, de Marica Campo, publicado en Baía Edicións, ás 20:00 horas. A partir das 21:00 horas, a propia escritora achegarase á Biblioteca para conversar sobre a súa obra coas persoas que acudan ao club.