O
mércores 8 de xuño, ás 20:00 horas, no Pazo de Vila Melania (Vilaboa, Culleredo), terá lugar a lectura do libro Animal abismo, de Diana Varela Puñal, coa presentación de Miguel Anxo Fernán-Vello.
Arquivo da categoría: Lectura
A Coruña: charla de Xabier P. DoCampo no ciclo Unha película, unha canción, un libro
O xoves
26 de maio, a partir das 20:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, Xabier P. DoCampo participará nunha charla no ciclo Unha película, unha canción, un libro, organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, no que falará sobre as súas vivencias nestes campos.
Madrid: Festa das letras galegas por Galicia en Madrid
“O
Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Lavapiés é o escenario elixido para celebrar a Festa das Letras Galegas na capital de España. Será o próximo 21 de maio, no marco dun evento de sete horas e media co que botará a andar o proxecto cultural Galiciaenmadrid.com.
Era unha cita obrigada. Lois Pereiro regresa a Madrid, escenario fundamental na súa vida e obra. Madrid foi a cidade do desencanto universitario, a dos paseos polo Rastro, a das sesións de cinema na Filmoteca, a da aprendizaxe de idiomas, a dos fulgores da Transición e a movida, pero tamén a da fatalidade polo envelenamento do aceite de colza. Pero sobre todo, Madrid foi a cidade dos primeiros poemas, onde Lois Pereiro se fixo público con aqueles versos na revista experimental Loia, promovida por un grupo de galegos instalados na cidade, entre os que estaban o seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas, Menchu Lamas e Antón Patiño. Precisamente o fillo destes dous últimos, Lois Patiño, é un dos participantes neste ambicioso proxecto de Galiciaenmadrid.com que puxeron en marcha Silvia Bardelás e Beatriz González Goce, coa colaboración doutros galegos residentes en Madrid, para dar a coñecer a realidade da nosa cultura na capital de España.
Este proxecto cultural botará a andar o próximo 21 de maio coa celebración da Festa das Letras Galegas en La Tabacalera, sita no popular e multicultural barrio de Lavapiés, un escenario á medida de Lois Pereiro, o guía deste gran desembaque da cultura galega en Madrid.
PROGRAMA
– 16:00 h. Inicio das actividades:
NAVE CENTRAL: Dramatización de Esther Carrodeguas. Collage.
SALA 1: Proxección da película de animación De Profundis de Miguelanxo Prado.
SALA 2: Proxección de curtas de animación, mostra do cómic en Galicia (Álex Cal, Emma Ríos, David Rubín, David Braña…).
PATIO (aire libre): un equipo de grafiteros galegos realizará unha intervención conxunta nas paredes de La Tabacalera.
– 17:00 h.
NAVE CENTRAL: Performance a cargo de Natalja Dudek con poemas de Elías Portela.
SALA 1: Proxección de curtas documentais de festivais musicais de Galicia: Festival música folk de Ortigueira, Cultura Quente de Caldas, Festival FAX de Ourense, Festival Vigo Transforma e Festival de jazz de Vigo Imaxina Sons.
SALA 2: Documental de Pablo Outón sobre a actividad do graffiti en Galicia.
– 18:00 h.
NAVE CENTRAL: Dramatización dun texto de Xesús Manuel Marcos e presentación da editorial Pulp Books.
SALA 2: documental sobre a historia e actividade do Festival de Cans e sesión continua de curtas, making off de animación e cómic.
– 19:00 h. HOMENAXE A LOIS PEREIRO:
* Presentación de Lois Patiño.
* Lectura pública.
* Dramatización de Alfonso Armada.
* Lectura de Xosé Manuel Pereiro.
* Música a cargo de Manu Clavijo e O Leo.
* Proxección de imaxes.
– 21:00 h. Conexión en directo coa clausura do Festival de Cans; e proxección do making off da intervención dos grafiteiros nas paredes de La Tabacalera.
– 21:15 h. Festa gastronómica na Nave Central con música de gaitas.
– 21.45 h. Concerto do Grupo Correos e de de Jing Hang Man e os Cunha Brothers.
– 23:30 h. Despedida e peche.”
A Coruña: Festa do Libro, actividades do martes 17 de maio
Finaliza
a nova edición da FESTA DO LIBRO, nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o martes 17:
– 12:00 h.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
– De 17:30 a 19:30 h.- “Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato”. Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
– 18:00 h.- Presentación da serie de novelas “Suso Espada”, de Francisco X. Fernández Naval (Ed. Everest). Lectura de fragmentos da última entrega “Suso Espada. Nota Roja“. Participan Irene Penas, directora de Everest Galicia e o propio autor. No Kiosco Alfonso.
– 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
– 19:00 h.- Actuación de Nova Galega de Danza: “Tradicción“. Diante do Kiosco Alfonso.
– 20:00 h.- “Declaración audiovisual: Lois Pereiro“, por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
– 20:30 h.- “Moita poesía, pouca diversión”. Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.
Vigo: lectura pública da obra de Lois Pereiro, e recital poético-visual con poemas seus
O
luns 16 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca Xosé Neira Vilas (Rúa Martínez Garrido, 21) de Vigo, terá lugar unha lectura pública da biografía de Lois Pereiro, en véspera da celebración do Día das Letras Galegas, na que participarán tanto autoridades, como o concelleiro de cultura, Xesús López Carreira, como todas aquelas persoas que queiran acercarse á biblioteca. Tras este achegamento á vida do autor a poeta Olga Patiño levará a cabo un recital poético-visual no que presentará algúns dos poemas máis relevantes de Lois Pereiro, acompañada polo escritor Francisco Fernández Naval e a fotógrafa Maribel Longueira.
Monforte: Maratón de poesía en homenaxe a Lois Pereiro
Lalín: actividades do fin de semana na Feira do Libro
Remata
a Feira do Libro de Lalín (na Praza da Igrexa) neste fin de semana, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
Das actividades do sábado 14 destacamos as seguintes:
– 12:00 h. Charla e coloquio coa escritora Fina Casalderrey, Premio Nacional de Literatura Infantil co tema: O tempo libre e os libros. Ao remate, a escritora asinará exemplares dos seus libros.
– 13:00 h. A escritora Gracia Santorum fará a presentación de Abelcebú, do escritor de Lalín Carlos Negro, publicado por Edicións Positivas. No acto, xunto co autor do libro, estará presente o director da editorial, Paco Macías.
– 13:45 h. Charla coloquio: A literatura galega dende o Deza, coa participación dos escritores da comarca Gonzalo Navaza, Xosé Vázquez Pintor, Ignacio Vilariño e Alba Payo Froid. O moderador será Carlos Negro. Ao remate do acto os escritores asinarán exemplares dos seus libros.
E do domingo 15, último día da Feira, destacamos:
– 12:00 h. Presentación do libro A cociña de Larpeiros 2, de Benigno Campos, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participará no acto o xornalista gastronómico Miguel Vila e o representante da editorial, Xulio Amigo.
– 13:00 h. Cunqueiradas. Monólogo humorístico do actor e autor teatral Cándido Pazó, sobre textos de Álvaro Cunqueiro.
A Coruña: Voces nas letras, lectura pública aberta na Universidade o 23 de maio
“A
Universidade da Coruña quere convidarvos a participar de modo activo nunha lectura pública aberta ao conxunto da cidadanía, Voces nas Letras, que se desenvolverá o luns, 23 de maio, entre as 10:00 e as 14:00 horas no Paraninfo da Reitoría (Maestranza, s/n, A Coruña). Por cuestións organizativas solicitamos que nos fagades chegar ao enderezo electrónico vocesnasletras@udc.es as vosas propostas de textos, que deben cumprir as seguintes condicións:
– 1) Os textos para ler estarán escritos en lingua galega, con independencia de seren traducidos doutra lingua.
– 2) Non existen limitacións temáticas nin estilísticas ou de autoría.
– 3) A duración da lectura non poderá exceder os cinco minutos.
– 4) A propia persoa propoñente será quen o lea.
– 5) Acéptanse, xustificadamente, como alternativa aos textos outras intervencións, como execucións musicais, mimo, danza etc., sempre que estas non superaren tamén os cinco minutos.
As propostas poden enviarse ao enderezo arriba mencionado até o mércores, 18 de maio.”
A Coruña: maratón de lectura e charla de Xosé Neira Vilas
O venres
6 de maio, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar un Maratón de lectura en conmemoración do 50 aniversario da publicación do libro Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, entre as 17:00 e as 20:00 h. Posteriormente, o autor dará unha charla sobre a súa actividade literaria.
Santiago, 30 de abril: Acto nacional pola lingua convocado pola Plataforma Queremos Galego
“Todo
está xa en marcha para o vindeiro sábado 30 de abril vivirmos, a partir das 19:30 h. na compostelá Sala Capitol, unha gran festa colectiva en favor da nosa lingua e da nosa cultura. Un ACTO NACIONAL POLA LINGUA co que desde a Plataforma Queremos Galego desexamos amosar que a nosa é unha lingua viva, con forza e con futuro, malia os ataques recibidos polo actual goberno da Xunta de Galiza, do cal se fan estes días precisamente o seu segundo aniversario.
Desde Queremos Galego convidámosvos desde xa a que, se outros compromisos non volo impediren, nos acompañedes o día 30, a partir das sete e media, na Sala Capitol, nun acto onde palabras e sons na nosa lingua propia unirán toda a súa potencia para reclamarmos unha vez máis os nosos dereitos lingüísticos. Presentado e conducido polo polifacético creador e humorista Xosé Lois González “O Carrabouxo”, combinarase a música de Ugia Pedreira, Roi Casal e a súa banda, Miro Casabella e Roberto Sobrado coa palabra de Ernesto Chao, actual presidente de Escena Galega; Manuel Rivas; Teresa Moure; Pilar García Negro; Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG); e Carlos Callón.
As entradas ao acto teñen un prezo simbólico de 5 euros, que se destinará integramente a axudar economicamente á Plataforma Queremos Galego para que poida continuar coas súas actividades. Na páxina web da plataforma está xa operativo un sistema de reserva de entradas, que podedes retirar na propia billeteira da Sala Capitol o propio día 30 a partir das 19:00 h. No mesmo sitio, na sección de materiais, podedes descargar baners publicitarios da iniciativa en diferentes tamaños para pórdes en páxinas, blogues, etc.
Esta gran festa da nosa lingua será ademais o punto de partida para a gran mobilización expansiva que desde Queremos Galego estamos a impulsar para o vindeiro 17 de maio, para a cal desde xa vos emprazamos e da que axiña daremos máis detalles.
Agardándomos desde xa a vosa presenza, recibide unha moi forte aperta pola lingua.”
