“Estas xornadas teñen como obxectivo ofrecer novas propostas para o ensino-aprendizaxe da lingua e da literatura galegas no ámbito do ensino secundario que permitan dar unha viraxe a aqueles aspectos do traballo nas aulas que convén revisarmos. Trátase, en suma, de reflexionarmos en conxunto sobre como potenciar, reorientar ou modificar certos contidos, actividades, ferramentas e metodoloxías aproveitando o contexto creado pola nova lei educativa.
Conforman as xornadas seis seminarios cun marcado carácter práctico, ao longo dos cales haberá espazo para o intercambio de ideas e suxestións entre os/as relatores/as e o público.
Inscricións en clourenzo@udc.gal, indicando nome, apelidos e DNI até ao 12 de abril de 2023.”
Arquivo da categoría: Lingua
Redondela: presentación de O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón
Caldas de Reis: presentación de O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón
Corcubión: presentación de O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón
Compostela: palestra de Leticia Eirín, “Lírica galego-portuguesa, a poesía dun Reino”
2ª Palestra dentro das Xornadas/Jornadas ‘A lingua e o reino, entre Compostela e Braga’, con Francisco Rodríguez
Palestra de Francisco Rodríguez nas Xornadas “A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga”
Allariz: Medrar en galego, o 25 de febreiro
A Coruña: presentación da Monografía 13 da Revista Galega de Filoloxía
O 1 de febreiro, ás 19:30 h., preséntase na nova sede da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36-1º), na Coruña, a Monografía 13 da Revista Galega de Filoloxía, dedicada a profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato. Estarán nesta mesa Xosé Manuel Sánchez Rei e Teresa López. As persoas interesadas en asistir poden anotarse neste formulario.